Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello fai un chamamento ao civismo para que se recollan as defecacións de cans da vía pública

EXISTE UNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE PENALIZA ESTE TIPO DE COMPORTAMENTOS CON SANCIÓNS ECONÓMICAS DE 250 EUROS

O Concello fai un chamamento ao civismo para que se recollan as defecacións de cans da vía pública

Mércores 12 de decembro do 2007

O Concello de Carballo fai un chamamento ao civismo da cidadanía para que os propietarios de mascotas recollan da vía pública as defecacións dos seus animais domésticos. Varios veciños acudiron nos últimos días á Alcaldía para denunciar este problema e para esixir medidas que corrixan esta situación e, deste xeito, as rúas e parques carballeses poidan estar o máis limpos posible.

Carballo consolida a tendencia á baixa da delincuencia cun 23% menos de delitos que no 2006

"OS DATOS DEMOSTRAN QUE AS MEDIDAS QUE ESTAMOS A APLICAR SON EFICACES", ASEGURA BENEDITO COSTA, CONCELLEIRO DE RÉXIME INTERIOR

Carballo consolida a tendencia á baixa da delincuencia cun 23% menos de delitos que no 2006

Mércores 12 de decembro do 2007

O delitos descenderon en Carballo case un 23% nos once primeiros meses de 2007 con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo constataron fontes da Garda Civil no transcurso da Xunta Local de Seguridade celebrada o mércores 12 de decembro no Concello carballés. Por outra banda, os delitos contra o patrimonio baixaron máis dun 30%. Estas boas cifras confirman un incremento da seguridade cidadá observada xa desde o ano pasado en comparación co 2005. Esta tendencia positiva compleméntase con outras boas novas aportadas pola Garda Civil no referente ás infraccións de tráfico e aos sinistros mortais nas estradas. Äínda que non puideron aportar datos concretos sobre estes dous últimos aspectos porque non están pechados, responsables do Instituto Armado confirmaron a boa evolución neste sentido. O alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, calificou este balance como "moi satisfactorio".

Un colector soluciona os problemas de exceso de lixo na Milagrosa cando hai feira

A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA AGRADECE A COLABORACIÓN DOS COMERCIANTES E DA CIDADANÍA PARA MELLORAR A SITUACIÓN

Un colector soluciona os problemas de exceso de lixo na Milagrosa cando hai feira

Martes 11 de decembro do 2007

Carballo ten hoxe outro aspecto os días despois das feiras. As medidas adoptadas nos últimos meses desde diferetentes áreas do Goberno local posibilitaron que as moreas de lixo que habitualmente se amontoaban na praza do Concello e no barrio da Milagrosa despois da celebración do mercado pertenzan xa ao recordo. A instalación de dous colectores de obra -un na rúa Cervantes hai xa meses e outro no barrio da Milagrosa máis recentemente- vencellado á colaboración dos comerciantes está a dar os resultados desexados, segundo apuntan fontes do Goberno municipal.

Máis de 900 de rapaces e rapazas participarán o venres na carreira de campo a través do Concello

"É UN GRAN ÉXITO REUNIR A TANTOS PARTICIPANTES PARA A PROBA", ASEGURA O CONCELLEIRO DE DEPORTES, MARCOS TRIGO

Máis de 900 de rapaces e rapazas participarán o venres na carreira de campo a través do Concello

Martes 11 de decembro do 2007

Algo máis de 900 rapaces e rapazas -con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos- participarán o venres día 14 de decembro na proba de campo a través do Concello de Carballo 2007, que foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes. Marcos Trigo destacou o "gran éxito" que supón reunir a tantos escolares arredor dun evento deportivo e desexou que en vindeiras edicións a afluencia de participantes "continúe subindo". Tamén subliñou que estes resultados derivan da "promoción do deporte escolar que se ven promovendo desde o Concello".

O Concello estrea alumeado e presenta un Nadal Cultural repleto de actividades

A PROGRAMACIÓN CULTURAL COMENZA O DÍA 12 COA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA 'HAI VIDA NA COSTA DA MORTE'

O Concello estrea alumeado e presenta un Nadal Cultural repleto de actividades

Venres 7 de decembro do 2007

O Concello de Carballo presentou na tarde do venres, 7 de decembro, o programa de actos do Nadal Cultural 2007 e inaugurou a primeira fase do novo alumeado municipal de festas, que se estrea con motivo das celebracións navideñas. Belén Lendoiro, a concelleira de Cultura, definiu a oferta deste ano como "rica e variada" e explicou que os actos incluidos no programa -que van do 11 de decembro ao 7 de xaneiro- están organizados polo Concello e polas asociacións culturais de Carballo. Aclarou, asemade, que nalgúns casos os actos serán posibles gracias ao traballo conxunto de ambas as dúas partes. O alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, destacou "o esforzo realizado polo Goberno local" para acometer a renovación do alumeado e recalcou os beneficios que este cambio de imaxe lle pode acarrear á vila, tanto desde o punto de vista comercial coma turístico.

luz verde para as obras de ampliación do Parque Empresarial de Carballo

VIVENDA E SOLO ANUNCIA UNHA INVERSIÓN DE 10 MILLÓNS PARA ESTA ACTUACIÓN

luz verde para as obras de ampliación do Parque Empresarial de Carballo

Mércores 5 de decembro do 2007

A Consellería de Vivenda e Solo anunciou onte que as obras de urbanización da primeira ampliación do Parque Empresarial de Carballo "iniciaranse de xeito inmediato". O departamento que dirixe a nacionalista Teresa Táboas engade que as actuacións acometeranse nos 460.000 metros cadrados "xa dispoñibles". Segundo informou Vivenda e Solo, 120.000 m2 "xa foron adquiridos por compravenda", mentras que o resto proceden de 19 empresas que tiñan terreos nese ámbito e que quedan excluídas da expropiación "porque teñen un proxecto económico para desenvolver".

A Comisión das Festas de San Xoán 2008 constitúese o martes día 4

A XUNTANZA SERÁ NO PAZO DA CULTURA A PARTIR DAS 20.00 HORAS

A Comisión das Festas de San Xoán 2008 constitúese o martes día 4

Luns 3 de decembro do 2007

A titular de Cultura do Concello de Carballo, Belén Lendoiro Esmorís, convocou para o martes día 4 de decembro a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura unha xuntanza na que se constituirá a Comisión das Festas de San Xoán 2008. O equipo de traballo que se elixa será o encargado de confeccionar e organizar o programa dos festexos con máis proxeción da vila de Carballo e un dos máis importantes de toda a comarca.

O Concello de Carballo conciencia contra a SIDA

REPARTIRÁ PEGATINAS E DÍPTICOS POLOS LOCAIS NOCTURNOS

O Concello de Carballo conciencia contra a SIDA

Venres 30 de novembro do 2007

O Concello de Carballo realizará mañán, día 1 de decembro, varias actuacións para previr o contaxio da SIDA coincidindo co Día Mundial da loita contra este virus. Estas accións enmárcanse na Campaña de Previsión da Dirección Xeral de Saúde Pública.

Campaña de erradicación de plantas invasoras

COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E O GRUPO NATURALISTA HÁBITAT

Campaña de erradicación de plantas invasoras

Venres 30 de novembro do 2007

O Concello de Carballo e o grupo naturalista Hábitat unirán os seus esforzos novamente o domingo día 2 para proseguir coa campaña de erradicación de plantas invasoras que ameazan a biodiversidade do municipio. A especie contra a que se actuará será a carpobrotus e o lugar elexido, a praia da Pedra do Sal, ao igual que ocorrera na primeira fase desta fructífera actuación conxunta

O Concello de Carballo conciencia á cidadanía sobre a lacra social da violencia de xénero

A Feira das Asociacións foi o punto de encontro para a recollida de información

O Concello de Carballo conciencia á cidadanía sobre a lacra social da violencia de xénero

Xoves 29 de novembro do 2007

O Concello de Carballo celebrou o pasado día 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cun acto informativo que coincidíu coa Feira das Asociacións. Fontes do Goberno municipal calificaron a xornada, na que se congregaron na praza do Concello centos persoas, de exitosa.

Remata o curso de 'Especialista en Almacén e Manexo de Carretillas'

ENTREGARANSE OS DIPLOMAS ÁS 10:00 HORAS NA AULA DE INFORMÁTICA

Remata o curso de 'Especialista en Almacén e Manexo de Carretillas'

Xoves 29 de novembro do 2007

As 12 mulleres que asistiron ao curso de 'Especialista en Almacén e Manexo de Carretillas' rematan mañá venres a súa formación cun acto de peche no que se lles entregarán os diplomas e carnets acreditativos correspondentes.

Compartir: