Técnicos e ciclistas ofreceron charlas formativas aos rapaces
Mércores 28 de novembro do 2007
O equipo ciclista Karpin Galicia prosegue a súa preparación de pretempada na comarca de Bergantiños, que se prolongará ata o vindeiro día 4 de decembro. Pero ademais de poñerse en forma, os profesionais do deporte das dúas rodas ofreceron onte varias charlas formativas en centros de educación primaria e secundaria de Carballo organizadas en colaboración co grupo de Goberno que lidera o nacionalista Evencio Ferrero.
ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Mércores 28 de novembro do 2007
A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana un convenio de colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para o desenvolvemento de actuacións do proxexto 'Rede de dinamización da sociedade da información de Galicia', que lle foi encomendado pola Consellería de Innovación e Industria a esta fundación.
A CONCENTRACIÓN INVERNAL EN TERRAS DE BERGANTIÑOS DURARA ATA O PROXIMO 4 DE DECEMRO
Martes 27 de novembro do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a delegada provincial de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, Milagres Lantes, o edil de Deportes, Marcos Trigo, e varios concellais dos diferentes grupos políticos carballeses recibiron onte a visita dunha delegación do equipo ciclista Karpin Galicia, que prepara estes días en Bergatiños a súa próxima tempada deportiva.
O EQUIPO VISITARÁ MAÑÁ OS CENTROS DE ENSINO DA LOCALIDADE
Luns 26 de novembro do 2007
O club ciclista Karpin Galicia chega hoxe a Carballo para comezar a concentración preparatoria da nova campaña. O equipo completo permanecerá na localidade ata o 4 de decembro e durante a súa estadía alternará sesións de ximnasio e piscina coa circulación en bicicleta de montaña polas rúas do concello.
XA REMATADA A PROPOSTA DE MERCASA
Luns 26 de novembro do 2007
Mañá martes, 27 de novembro, terá lugar a presentación pública do proxecto do novo mercado municipal que a empresa Mercasa elaborou nestes últimos meses. O acto, que comezará ás 19.30 e terá lugar no salón de plenos do Concello, permanecerá aberto a todas as persoas interesadas no proxecto.
FESTIVAL DÚAS VEIRAS, CORAIS E "A VOZ MAQUILLADA"
Venres 23 de novembro do 2007
A oferta de 'Novembro con Música' para esta fin de semana componse de tres propostas moi distintas, pensadas para que todos os públicos dispoñan dunha alternativa interesante. Os concertos que albergará o Pazo da Cultura entre hoxe e o domingo ofrecerán unha equilibrada mestura de música tradicional, coral e contemporánea.
PARA RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE 10 E 13 ANOS
Xoves 22 de novembro do 2007
O Concello de Carballo oferta 15 prazas para aqueles rapaces e rapazas da localidade que teñan entre 10 e 13 anos e queiran participar na Campaña de esquí 2008 da Deputación da Coruña. O prazo de inscrición comeza hoxe, 22 de novembro, e remata o 18 de febreiro do ano entrante. Nesta nova edición, a estadía terá lugar na estación de Sierra Nevada (Granada).
XORNADA INFORMATIVA MAÑÁ ÁS 17.30H NO PAZO DA CULTURA
Mércores 21 de novembro do 2007
O Concello de Carballo ofrecerá mañá, xoves 22, unha sesión para informar sobre a natureza do programa "Reto da autonomía" que levará a cabo en colaboración coa Obra Social La Caixa de Pensións. O acto comezará ás 17.30h no salón de actos do Pazo da Cultura.
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LACRA
Mércores 21 de novembro do 2007
O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade levarán a cabo este domingo, 25 de novembro, unha Feira das Asociacións na que participarán diversas asociacións e entidades relacionadas coa loita contra a violencia de xénero. A carpa estará instalada na Praza do Concello dende as 10.30h ata as 15.00h.
BAILE, CONCERTOS E UNHA SESIÓN DJ PARA A NOITE DO VENRES
Martes 20 de novembro do 2007
Este venres, 23 de novembro, regresa ao Pazo da Cultura o Festival Dúas Veiras, Músicas de Galiza e Uruguai, que organizan a Asociación Casa del Uruguay El Ceibo e mais o Concello de Carballo. Esta segunda edición do festival volverá alternar actuacións musicais propias das tradicións galega e uruguaia, esta vez mesturadas con achegas máis modernas.
ALUMNOS/AS DE NOVE COLEXIOS ASISTIRÁN Á ACTUACIÓN NO PAZO DA CULTURA
Luns 19 de novembro do 2007
Os alumnos de entre 3º e 6º cursos de primaria gozarán durante esta mañá do martes no Pazo da Cultura do espectáculo da banda Un cuarteto divertido, que dará un concerto didáctico pensado para incentivar os cativos na aprendizaxe da linguaxe musical. Para este novo evento de 'Novembro con Música' realizaranse dúas funcións: unha ás 10.00 e outra ás 12.00 horas.
NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA DE VICEPRESIDENCIA
Venres 16 de novembro do 2007
Como vén sucedendo nos últimos anos, a campaña 'Xuntos polo Nadal' quere facer que todos os nosos maiores estean acompañados durante as festas. Esta iniciativa da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Acción Social, está dirixida a aquelas persoas que, podendo valerse por si mesmas, teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas da Seguridade Social maiores de 60.