CAMPAÑA DE DOAZÓN 2007
Luns 3 de setembro do 2007
Esta mañá o Centro de Transfusión de Galicia trasladou persoal sanitario a Carballo para realizar unha nova campaña de doazón de sangue. A unidade móbil permanecerá na praza do Concello hoxe luns e mañá martes, en horario de 10:00 a 14:00 horas da mañá e de 16:00 a 21:00 horas da tarde.
PÓÑENSE POR PRIMEIRA VEZ Á VENTA VEHÍCULOS SEN CARNET
Venres 31 de agosto do 2007
O campo de San Martiño acolle este sábado e domingo a segunda edición de Berocasión, a feira do automóbil de ocasión de Carballo. Representantes dos talleres e concesionarios que participarán nela presentaron onte xoves, na casa do Concello de Carballo, as súas propostas para un evento que pretenden consolidar na primeira fin de semana de setembro.
BELÉN LENDOIRO DESTACA A BOA ACOLLIDA DOS SETE TÍTULOS QUE SE PRESENTARON
Luns 27 de agosto do 2007
Logo de catro días de feira literaria en Carballo as valoracións da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, responsable da súa organización, son positivas en tódolos sentidos: asistencia de público, ventas dos libreiros e participación cidadá nos numerosos os actos lúdicos, musicais e literarios que conformaban a programación de Praza dos Libros.
AS CASETAS DAS LIBRERÍAS PARTICIPANTES PERMANECERÁN ATA O DOMINGO NO XARDÍN MUNICIPAL
Venres 24 de agosto do 2007
Por segundo ano consecutivo Praza dos Libros, a feira literaria que organiza a Concellería de Cultura de Carballo, abriu onte as súas portas para converterse durante os vindeiros días nun escaparate de promoción e difusión do libro galego. Mercedes Queixas, secretaria xeral de Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi a encargada de ler o pregón inaugural.
OS ENCONTROS SERÁN, COMO DE COSTUME, O ÚLTIMO MÉRCORES DE CADA MES
Venres 24 de agosto do 2007
O programa de difusión do libro e da lectura do Concello de Carballo, Literactúa, chega ao seu terceiro trimestre con tres novas propostas literarias. O libro proposto do mes de setembro é Made in Galiza, de Sechu Sende; o de outubro é O home inédito, de Carlos G. Meixide; e, no mes de novembro, presentarase Os libros arden mal, de Manuel Rivas.
O ENCONTRO COMEZARÁ ÁS 2O:45 E A ENTRADA SERÁ DE BALDE
Martes 21 de agosto do 2007
A casa do Concello de Carballo acolleu esta mañá a presentación do partido da XXII Copa Galicia de Baloncesto que enfrontará este xoves, no pavillón Vila de Noia, ao Basquet Coruña e ao Club Ourense Baloncesto. Na organización deste evento, que corre a cargo da Concellería de Deportes e do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, colabora activamente o Basquet Xiria.
CAMPAÑA DE DOAZÓN 2007
Luns 20 de agosto do 2007
Os datos do Centro de Transfusión de Galiza sobre a participación dos carballeses e carballesas na última campaña de doazón realizada neste concello arroxaron un resultado moi positivo. En total rexistráronse 135 doazóns, das cales 16 foron de persoas que acudían por primeira vez.
CANTAUTORA GALEGO-ARXENTINA
Venres 17 de agosto do 2007
Hoxe actúa en Carballo a cantautora galego-arxentina Lorena Lores. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación do Verán Cultural 2007 do Concello e con ela teremos a oportunidade de contemplar o espectáculo de música e baile a ritmo de tango.
FEIRA LITERARIA
Venres 17 de agosto do 2007
O Xardín Municipal encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da Praza dos Libros, a feira literaria de Bergantiños. E todo isto convivirá o xoves 23 e o domingo 26 coa feira tradicional, polo que haberá moito máis que libros...
ACOLLIDA SOLIDARIA
Xoves 16 de agosto do 2007
Mañá, venres 17 de agosto, no Pazo da Cultura farase un pequeno acto de despedida a varios nenos saharauís que este verán estiveron no noso municipio a través do programa 'Vacacións en Paz', organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. A homenaxe quere ser tamén unha mostra de agradecemento ás familias carballesas que participaron nesta iniciativa.
APROVEITANDO O BO TEMPO
Luns 13 de agosto do 2007
Está previsto que nos próximos días comecen as obras de mellora no porto de Razo. As accións centraranse na ampliación da plataforma, no acondicionamento dos locais dos pescadores e noutras zonas coma a de amarre. Ademais, instalaranse unha baranda de seguridade, entre outras implementacións.
DENTRO DAS ACTIVIDADES DO VERÁN CULTURAL
Venres 10 de agosto do 2007
Este venres continúa o programa de actos do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carballo con dúas actividades. Un espectáculo de danza contemporánea de fusión entre o hip-hop ou o funky chegará da man da compañía coruñesa as Dríadas. Logo, a recoñecida artista coruñesa Mercedes Peón volverá de novo ao noso concello para presentar o seu último disco Sihá.