EMPREGO
Venres 13 de xullo do 2007
O Concello de Carballo ven de solicitar á Consellaría de Traballo unha nova Escola Obradoiro para rematar o proxecto da Casa dos Oficios, ademais de para acondicionar dúas prazas enfrente ao edificio dos xulgados e na zona do Colexio Bergantiños. A solicitude recolle unha subvención de 1.204.031 euros e seis especialidades: carpintería de aluminio, cantería, electricista de edificios, xardinería, carpintería de madeira e albanelería e prefabricados lixeiros. A Escola Obradoiro incorporaría a 64 alumnos, ademais de 11 profesrores e titores, para un total de 18 meses.
CULTURA
Venres 13 de xullo do 2007
A Casa do Concello acolleu este venres a presentación da segunda edición do Festival Sereas e Piratas, a celebrar na praia de Razo o sábado 21 de xullo. O festival nace co obxectivo de difundir a música máis independente nun espazo turístico coma é a praia de Razo, ademais de contar con actividades deportivas que animen aos visitantes a achegarse ao concello. O grupo carballés Franc3s, Os Justicieros de Buño e Delorian, unha das formacións máis importantes a nivel nacional en festivais, conforman o cartel dun festival do que se caeu a última hora o grupo portugués X-Wife. A organización do festival está a traballar contra reloxio para tentar incorporar a unha cuarta formación musical ao evento.
MEDIO AMBIENTE
Xoves 12 de xullo do 2007
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo ven de iniciar esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento da Férveda de Entrecruces e o seu entorno. Esas labouras fanse con regularidade por parte dos operarios municipais, co fin de preservar e por en valor o patrominio natural do concello. Os traballos continuarán nos vindeiros días na férveda, o entorno da Capela e a fonte de San Paio.
LECER
Xoves 12 de xullo do 2007
O parque do San Martiño acolle desde hoxe xoves, e até o vindeiro domingo, a I Xira de Karting Indoor de Galicia. Os asistentes poden vivir a emoción de subirse a un kart e experimentar as sesnsacións desta modalidade deportiva de motor. A entrada ao recinto é gratuita e a viaxe en kart costa seis euros, aínda que o Centro Comercial Bergantiños Haley repartirá 1.200 bonos cun 50% desconto. Ademais, o Concello de Carballo xa repartiu 600 entradas entre os centros de ensino da localidade, para que o seu alumnado poda disfrutar do evento.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Mércores 11 de xullo do 2007
O Concello de Carballo ven de incorporar a esta páxina web un enlace que permite ver a praia de Razo, en tempo real, a través dunha webcam. O enlace está situado na marxe superior dereita desta páxina e servirá como un novo medio de promoción turística do espazo natural de Razo e Baldaio. O Concello situará na zona carteis sobre esta medida, acorde coa Lei de Protección de Datos.
PROMOCIÓN
Mércores 11 de xullo do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, José Manuel García Guillín, compareceron este mércores ante os medios de comunicación para valorar a incorporación de Carballo ao Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Ambos acudiron no día de onte á asamblea xeral que se celebrou na localidade portuguesa de Vilanova de Gaia, na que se decidiu, ademais, a entrada das localidades galegas de Viveiro, Lalín, O Barco de Valdeorras e Verín, e das portuguesas de Barcelos, Mirandela, Matosinhos, Famaliçao e Vila do Conde. José Manuel García Guillín calificou a incorporación de Carballo ao Eixo Atlántico como "unha grande oportunidade". Na súa opinión, trátase dunha "ferramenta moi útil co fin de dinamizar as potencialidades de desenvolvemento de Carballo en ámbitos como o turismo, o desenvolvemento social, o desenvolvemento sostible, modernización da administración, deportes, planeamento e transportes".
MEDIO AMBIENTE
Martes 10 de xullo do 2007
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo está a proceder a varias actuacións para mellorar os servizos da cidadanía. A última corresponde á limpeza da fonte de Arnados, en Razo, co baldeado e limpeza manual, ademais do mantemento do entorno. A fonte de Arnados xa fora limpada a finais de 2006, xunto con outras fontes e lavadoiros do municipio.
CULTURA
Martes 10 de xullo do 2007
O Pazo da Cultura acolle desde hoxe e até o vindeiro 24 de xullo a exposición do VII Premio de creación fotográfica Luis Ksado, unha colección de fotografías seleccionadas e premiadas na última edición deste certame que organiza a Deputación da Coruña. A través das imaxes, que amosan as moitas maneiras de captar o mundo que nos rodea, mostrásenos a riqueza creativa e a capacidade de impresionar que define o feito fotográfico. A exposición forma parte da programación do Verán Cultural do Concello de Carballo, e que conta xa con varias actuacións para a vindeira fin de semana.
XUNTANZA
Martes 10 de xullo do 2007
O Concello de Carballo pasará a formar parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular logo da asamblea xeral que se está a celebrar no día de hoxe na localidade portuguesa de Vilanova de Gaia, e na que toman parte o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín. O Eixo Atlántico está formado, na actualidade, por 18 municipios de Galicia e o norte de Portugal e no día de hoxe, ademais da incorporación de Carballo, decidirase a entrada das localidades galegas de Viveiro, Lalín, O Barco de Valdeorras e Verín, e das portuguesas de Barcelos, Mirandela, Matosinhos, Famaliçao e Vila do Conde.
ENSINO
Luns 9 de xullo do 2007
Desde este luns, 9 de xullo, e até o 20 de xullo, estará aberto prazo de matrícula para o alumnado do Conservatorio de Música de Carballo ou para os interesados en acceder aos estudos neste centro nas diferentes modalidades. O prezo da matrícula ordinaria (un curso completo por especialidade) é de 180,30 €. No caso dos alumnos de nova admisión o prezo é de 198,38 €. O alumnado que realiza a preinscrición para 1° curso de Grao Elemental non deberá aboar ningunha taxa. Para a realización destes ou outros trámites deberán dirixirse á primeira planta do Pazo da Cultura ou ben chamar por teléfono ao número 981 704 300.
CONVOCATORIA
Luns 9 de xullo do 2007
A Xunta de Goberno Local de Carballo deu o visto bo, na sesión ordinaria celebrada este luns, á aprobación de seis certificacións de obra para diferentes actuacións no municipio. Son as referentes á certificación cuarta da obra Edificio Centro Socio-cultural de Sofán. Fase II, por importe de 18.732,63 euros, a terceira da obra Ordenación e urbanización de Praza Municipal en Bértoa, por importe de 40.430,81 euros, a cuarta da obra Construcción rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, por importe de 22.751,58 euros, a única da obra Modificado nº 1, urbanización e Constenla e Casadelas, por importe de 43.548,37 euros, a única da obra Dotación de capa de rodadura á Rúa Perú, por importe de 29.831,95 euros e a cuarta da obra Supresión de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, por importe de 21.558,95 euros.
LECER
Luns 9 de xullo do 2007
A Casa do Concello acolleu este luns, 9 de xullo, a presentación da I Xira de Karting Indoor de Galicia, que se desenvolverá en Carballo desde o xoves día 12 até o domingo día 15. A iniciativa desenvolverase no Parque do San Martiño e os asistentes poderán vivir a emoción de subirse a un kart e experimentar as sesnsacións desta modalidade deportiva de motor. A entrada ao recinto será gratuita e a viaxe en kart costará seis euros, aínda que o Centro Comercial Bergantiños Haley repartirá 1.200 bonos cun 50% desconto. Ademais, o Concello de Carballo xa repartiu 600 entradas entre os centros de ensino da localidade, para que o seu alumnado poda disfrutar do evento. Ademais do Centro Comercial, patrocinan esta iniciativa Rhino´s, Motor Canedo, Estación de Servizo Carvolta e Thunder Road Cicles.