Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Festa do Bosque despediu as festas do San Xoán 2007

SAN XOÁN 2007

A Festa do Bosque despediu as festas do San Xoán 2007

Luns 2 de xullo do 2007

Un grande número de carballeses e carballesas despediron o San Xoán coa celebración da Festa do Bosque, que organizou un ano máis a Peña Gastronómica Os larpeiros. As bombas de palenque anunciaron ao medio día o inicio dunha festa que se está a converter nun punto de obrigada referencia, recuperando a forza que tiña hai tempo e da que poderon disfrutar nenos e maiores. A Festa do Bosque foi todo un éxito tanto a nivel organizativo como de participación.

A tradicional Festa do Bosque despedirá o San Xoán o vindeiro domingo

SAN XOÁN 2007

A tradicional Festa do Bosque despedirá o San Xoán o vindeiro domingo

Venres 29 de xuño do 2007

A tradicional Festa do Bosque porá o punto e final ás festas de San Xoán o vindeiro domingo. O Bosque do Añón convertirase, a partir das 12,00 horas, no punto de encontro entre a tradición e o lecer, unha mestura da que serán partícipes moitos carballeses. Baixo a organización da Peña Gastronómica Os larpeiros, desenvolverase ao longo do día un amplo programa de actividades para todas as idades, que comezará co lanzamento das bombas de palenque ás 12,00 horas. A sesión vermú, prevista para as 14,00 horas, correrá a cargo do Dúo Época.

As obras do polígono industrial de Bértoa adxudicaranse a mediados do mes de xullo

INDUSTRIA

As obras do polígono industrial de Bértoa adxudicaranse a mediados do mes de xullo

Venres 29 de xuño do 2007

O vindeiro 17 de xullo procederase á adxudicación das obras do polígono industrial de Bértoa, segundo manifestou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, logo de participar no Consello de Administración e Xunta Xeral de Xestur no día de onte. Un total de 31 empresas presentaron ofertas, até agora, para asumir uns traballos que superan os 13 millóns de euros de orzamento. Estes afectan á unha primeira fase da actuación do ámbito de 730.000 metros cadrados.

Cruz Vermella agradece a colaboración do Concello de Carballo coa entrega dun Diploma de Honra

GALARDÓN

Cruz Vermella agradece a colaboración do Concello de Carballo coa entrega dun Diploma de Honra

Venres 29 de xuño do 2007

Cruz Vermella Española fixo entrega esta mañá ao Concello de Carballo, a través da súa Asamblea Local, dun Diploma de Honra pola colaboración prestada ao longo dos últimos anos. A presidenta da Asamblea Local, Matilde Anido, fixo entrega do diploma ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, nun acto no que tamén participaron o vicepresidente da Cruz Vermella en Carballo, Juan Cancela, e a súa coordinadora, Jessica Pérez. Carballo pasa a ser así un dos poucos concellos de Galicia que conta con esta distinción.

O alcalde de Carballo recibiu ao Grupo de Teatro Nueva Vida no Concello

CULTURA

O alcalde de Carballo recibiu ao Grupo de Teatro Nueva Vida no Concello

Xoves 28 de xuño do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu na Alcaldía do Concello ao Grupo de Teatro Nueva Vida, do Centro Penitenciario de Teixeiro, que esta tarde actúa no Pazo da Cultura. O grupo está composto por quince persoas que representarán, a partir das 19,00 horas, a obra Unha comedia de vida. Na recepción tamén estivo presente a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro.

Aberto o prazo de inscrición na Escola Oficial de Idiomas de Carballo

ENSINO

Aberto o prazo de inscrición na Escola Oficial de Idiomas de Carballo

Xoves 28 de xuño do 2007

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo ven de abrir o prazo de acceso e matrícula para o curso 2007/2008 en idiomas sen preinscrición. Poderán formalizar a matrícula os aptos presenciais en xuño de 2007, a alumnado do plan de potenciación de idiomas en IES (que supere ciclo en xuño de 2007) e o alumnado de That´s English! que supero ciclo en xuño de 2007. O prazo estará aberto até o 13 de xullo. No mes de setembro abriranse outros prazos de inscrición para outros supostos.

A bandeira azul ondeará na praia de Razo este verán

LITORAL

A bandeira azul ondeará na praia de Razo este verán

Xoves 28 de xuño do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acudiu no día de onte a Santiago para participar no acto de entrega de bandeiras azuis aos concellos galegos que contarán con este distintivo na época estival. A praia de Razo contará, un ano máis, con este distintivo que recoñece o cumprimento de requisitos de calidade de augas, servizos e realización de actividades de información, educación e xestión ambiental.

Literactúa achega ao Café Valle Inclán a presentación do libro ‘O club da calceta’, de María Reimóndez

CULTURA

Literactúa achega ao Café Valle Inclán a presentación do libro ‘O club da calceta’, de María Reimóndez

Mércores 27 de xuño do 2007

O Concello de Carballo, o Café Valle Inclán e a Marcha Mundial das Mulleres de Bergantiños organizan este mércores, 27 de xuño, a conversa con María Reimóndez, autora de O club da calceta, dentro do proxecto Literactúa. O acto terá lugar no Café Valle Inclán, a partir das 20,30 horas, e a autora será presentada por Fina Bastón, da Marcha Mundial das Mulleres. O club da calceta conta a historia de seis mulleres moi diferentes entre si que acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

Mercasa presentou os bocetos do futuro edificio comercial de Carballo

COMERCIO

Mercasa presentou os bocetos do futuro edificio comercial de Carballo

Mércores 27 de xuño do 2007

Dous técnicos da empresa pública Mercasa, dependiente da Sociedad Estatal de Participaciones Industriales e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, desprazáronse onte martes a Carballo para dar a coñecer os bocetos do futuro edificio comercial de Carballo, que sustituirá á infraestructura actual do mercado de abastos. Na xuntanza, celebrada na Casa do Concello, particiaron todos os grupos políticos da corporación municipal a excepción do Partido Popular, que non puido acudir por problemas de axenda.

BNG e PSOE alcanzan un acordo para a gobernabilidade en Carballo

GOBERNO

BNG e PSOE alcanzan un acordo para a gobernabilidade en Carballo

Martes 26 de xuño do 2007

Os grupos municipais de BNG e PSDG-PSOE de Carballo alcanzaron un acordo para gobernar na localidade e garanten un número de 12 concelleiros no grupo de goberno. Logo das xuntanzas celebradas entre ambas formacións ao longo destas últimas semanas, o acordo estableceuse coas cesións ao PSOE das áreas de Urbanismo e Medio Ambiente, ademais das que xa xestionou a formación socialista durante a pasada lexislatura.

Compartir: