CARBALLO LIMPO
Martes 15 de maio do 2007
As concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente do Concello de Carballo, a través de campaña Carballo Limpo poñerán a disposición dos comercios e locais públicos do concello colectores para a recollida de pilas usadas. Os interesados en participar desta iniciativa e contar cun colector destas características, deberán facer a súa solicitude chamando ao Concello de Carballo, ao número 981704700, ou ben a través da páxina web de Carballo Limpo.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 14 de maio do 2007
A Xunta de Goberno Local de Carballo deu o visto bo, na sesión ordinaria celebrada este luns, á adxudicación dos expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son o Afirmado de camiño de Canelas a Loureiros, que conta cun prazo de execución de 40 días, Afirmado do camiño de Altiboa a Barbalde, tamén cun prazo de execución de 40 días, Afirmado de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, cun prazo de execución de 36 días, Pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre, con 40 días de prazo de execución e Reforzo de firme en camiño a Aldemunde, cun prazo de execución de 10 días. Ademais, aprobáronse os expedientes de contratación das obras Subministro para a dotación de semáforos na Avda. de Bértoa, Elaboración dun proxecto en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables e Traballos de evaluación ambiental da revisión técnico do PXOM do Concello de Carballo.
LITORAL
Luns 14 de maio do 2007
O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, José Fernández Pérez, visitou este luns, 14 de maio, o litoral de Carballo para coñecer as actuacións realizadas neste ámbito. Concretamente, José Fernández desprazouse até o lugar de Baldaio, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Servizos, Mantemento e Turismo, Luis Lamas. O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente coñeceu in situ o plan de recuperación do espazo natural do litoral carballés e mostrou a súa satisfacción por cómo se atopaba o lugar.
NOVAS TECNOLOXÍAS
Luns 14 de maio do 2007
A Casa do Concello acolleu este luns, 14 de maio, a presentación de CarballoeSMáS, un novo servizo de comunicación do Concello, no marco do proxecto Carballo PortaAberta. Trátase dun servicio bidireccional, onde a cidadanía e a administración estarán en contacto utilizando os mensaxes curtas, elemento de comunicación habitual no día a día da sociedade actual. A cidadanía poderá facer suxerencias, queixas e reclamacións nos aspectos máis cotidiáns da sua vida e do seu entorno, ademáis doutros como reserva de entradas, votacións na semana de teatro ou solicitar información administrativa sobre un expediente.
LITORAL
Venres 11 de maio do 2007
O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, José Fernández Pérez, visitará o vindeiro luns, 14 de maio, Carballo para coñecer as actuacións realizadas no paraxe natural de Razo e Baldaio, financiadas polo seu departamento. A visita está prevista para as 10,15 horas e servirá para comprobar in situ o plan de recuperación do espazo natural do litoral carballés.
CULTURA
Venres 11 de maio do 2007
O xurado da terceira edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse onte, 10 de maio, para decidir os artigos gañadores deste certame, ao que se presentaron 33 traballos de todas as partes do país e incluso de fóra, e decidiu concederlle o primeiro premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Tempos Novos e Vieiros, a un artigo titulado Obreiras, tolos, escolares, poetas. A lingua galega nas cidades, de Miguel Mosquera Fociños (Lalín, 1982), licenciado en Filoloxía Románica e Galega, estudante de terceiro ciclo da USC, bolseiro do Departamento de Lingua do Concello de Santiago e membro do grupo de rock galego de serie B Ataque Escampe.
CONVOCATORIA
Venres 11 de maio do 2007
A Xunta de Goberno Local de Carballo obordará o vindeiro luns, 14 de maio, a partir das 13,30 horas, unha nova sesión ordinaria na que se contempla a aprobación dos expedientes de contratación das obras Subministro para a dotación de semáforos na Avda. de Bértoa, Elaboración dun proxecto en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovables e Traballos de evaluación ambiental da revisión técnico do PXOM do Concello de Carballo. Ademais, contémplase a adxudicación dos expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son o Afirmado de camiño de Canelas a Loureiros, Afirmado do camiño de Altiboa a Barbalde, Afirmado de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, Pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre e Reforzo de firme en camiño a Aldemunde.
CULTURA
Xoves 10 de maio do 2007
O Pazo da Cultura acollerá este venres, 11 de maio, a partir das 21,00 horas, a posta en escea dun recital dramatizado a cargo de Brais Fernández, en torno á figura de María Mariño. Baixo o nome de Eu son María Mariño, a actividade abrirá os actos centrais do Programa das Letras do Concello de Carballo. María Mariño é a escritora homenaxeada esta ano no Día das Letras Galegas, xusto cando se cumplen cen anos desde o seu nacemento e corenta desde a súa morte. Sen apenas relacións no mundo literario, o illamento e a marxinalidade que caracterizou en moitas ocasións o labor creativo das mulleres condicionou a recepción da súa obra.
INDUSTRIA
Xoves 10 de maio do 2007
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou este xoves, 10 de maio, na delegación provincial de Industria, a súa oposición ao proxecto para a posible construcción do parque eólico de Pedrarrubia. O rexedor local estivo acompañado por tres representantes e o avogado da plataforma de afectados polo proxecto, quenes tamén argumentaron ante o delegado provincial, José Luis Barcia, a postura de oposición á construcción do parque eólico. O delegado provincial de Innovación e Industria manifestou que están a expensas de recibir os informes correspondentes ao proxecto e, no caso de que houbera informes desfavorables, entenderíanse as oposicións reflexadas na xuntanza de hoxe.
MULLER
Mércores 9 de maio do 2007
O Centro de Información á Muller comunica que até o día 21 de maio atópase aberto o prazo para solicitar as estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas exclusivamente ao seu cargo. As solicitudes poderanas presentar todas as mulleres que estean solas (separadas, divorciadas, solteras, viudas) e que teñan fillos/as a o seu cargo con edades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
CULTURA
Mércores 9 de maio do 2007
Xa se pode visitar na sala de exposicións do Pazo da Cultura a exposición Historia dos números. A grande aventura de contar, unha das actividades que inclúe o programa A Culturaeduca e que está patrocinada pola Deputación da Coruña e a Editorial Galaxia, en colaboración co Concello de Carballo. Esta exposición propón un percorrido didáctico pola historia dos números, achegando ao público, a través dos seus paneis, as formas de contar, a invención das bases de numeración, o cálculo e as cifras.
ENSINO
Mércores 9 de maio do 2007
O Pazo da Cultura acolle este mércores, 9 de maio, a presentación das I Xornadas de Informática e Educación Física, que organiza o IES Parga Pondal e que contan, entre outros, coa colaboración do Concello de Carballo. As xornadas desenvolveranse os días 10 e 11 de maio no Pazo da Cultura, sendo o obxectivo das mesmas o de relanzar estes dous ciclos formativos, que se imparten no instituto, dando a coñecer á mocidade da súa existencia en toda a comarca de Bergantiños.