Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Aprobado o convenio para a dotación dunha área recreativa infantil en Arnados

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o convenio para a dotación dunha área recreativa infantil en Arnados

Luns 2 de abril do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou na sesión celebrada este luns, 2 de abril, o convenio de cooperación entre o Concello de Carballo e a Consellería de Innovación e Industria para a dotación dunha área recreativa infantil en Arnados-Razo. O departamento autonómico achegará a cantidade de 59.923,56 euros para a realización do proxecto. Ademáis, aprobaronse os expedientes de contratación das obras Afirmado do camiño de Canelas ós Loureiros, Afirmado de camiño de Altivoa a Barbalde, Afirmado do camiño de Fontecaldeira e Regadeo, Pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre e Reforzo de firme en camiño a Aldemunde. Todas estas actuacións están incluidas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e Rede Viaria Local 2007.

O barrio da Milagrosa será pioneiro en enerxías renovables

INDUSTRIA

O barrio da Milagrosa será pioneiro en enerxías renovables

Venres 30 de marzo do 2007

Carballo será o primeiro concello galego en incorporar as enerxías renovables en todos os seus ámbitos, logo da presentación que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello do proxecto TEMUNDE. Os barrios da Milagrosa, Igrexario e A Casilla convertiranse nun parque temático sobre enerxías renovables e aforro enerxético, experiencia pioneira en toda Galicia.

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 30 de marzo do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo obordará o vindeiro luns, 2 de abril, a partir das 13,30 horas, unha nova sesión ordinaria na que se contempla a aprobación do convenio de cooperación entre o Concello de Carballo e a Consellería de Innovación e Industria para a dotación dunha área recreativa infantil en Arnados-Razo. Ademáis, abordarase a aprobación dos expecientes de contratación das obras Afirmado do camiño de Canelas ós Loureiros, Afirmado de camiño de Altivoa a Barbalde, Afirmado do camiño de Fontecaldeira e Regadeo, Pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre e Reforzo de firme en camiño a Aldemunde. Todas estas actuacións están incluidas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e Rede Viaria Local 2007.

Fernando Blanco inaugurou as III Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

INDUSTRIA

Fernando Blanco inaugurou as III Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Venres 30 de marzo do 2007

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, foi o encargado de inaugurar as III Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético, que desde o pasado xoves se celebran no Pazo da Cultura de Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, Ramón Antelo, tamén tomaron parte no acto inaugural. A formación e a divulgación da aplicación das enerxías renovables no eido da construcción son os alicerces desta terceira edición das Xornadas, nas que 18 expertos de recoñecido prestixio encárganse de impartir un total de 19 ponencias nas que os asistentes terán a oportunidade de formular calquera tipo de pregunta ou resolver dúbedas.

Convocada unha reunión para informar sobre a situación urbanística do concello

URBANISMO

Convocada unha reunión para informar sobre a situación urbanística do concello

Xoves 29 de marzo do 2007

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ven de convocar unha xuntanza con técnicos, constructores, promotores e demáis axentes inmobiliarios que traballan en Carballo para informar sobre a situación urbanística do municipio, logo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal. A reunión, na que participarán representantes municipais, está programada para o vindeiro sábado, 31 de marzo, ás 11,00 horas no Pazo da Cultura.

O Concello presenta ‘Panxea 2007’, a festa do pan en Carballo

SOLIDARIEDADE

O Concello presenta ‘Panxea 2007’, a festa do pan en Carballo

Xoves 29 de marzo do 2007

A Cervexaría Dublín de Carballo acolle este venres 30 de marzo, ás 19,30 horas, a presentación de Panxea 2007, un festival que se celebrará en Carballo os días 6 e 7 de abril e no que o pan será o protagonista. Baixo o lema de Pan e solidariedade, nesta primeira edición da Feira solidaria o obxectivo de colaboración está situado nos campamentos de refuxiados saharauis. Os fondos recadados no evento serán destinados a fariña para pan e material musical educativo para as escolas de nenos e nenas con necesidades educativas especiais da Uilaia de Smara.

O Concello organiza unha xornada sobre o presente e futuro dos mercados e o comercio

COMERCIO

O Concello organiza unha xornada sobre o presente e futuro dos mercados e o comercio

Xoves 29 de marzo do 2007

O Pazo da Cultura acolle, o vindeiro luns 2 de abril, a celebración dunha xornada sobre Os mercados e o comercio. Presente e futuro. A directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, Ana Rúa, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, serán os encargados de inaugurar a xornada ás 19,00 horas. Ana Rúa, precisamente, visitara recentemente o mercado de abastos de Carballo para coñecer a súa situación. A xornada prolongarase até ás 22,00 horas, hora prevista para o acto de clausura, coa celebración de cinco ponencias.

Francisco Castro continúa o ciclo ‘Literactúa’ na Taberna Café O’ Patacón

CULTURA

Francisco Castro continúa o ciclo ‘Literactúa’ na Taberna Café O’ Patacón

Mércores 28 de marzo do 2007

A novela Spam, de Francisco Castro, terceira das propostas do programa Literactúa do Concello de Carballo, será a protagonista da charla que o seu autor manterá este mércores 28 de marzo ás 20.30 h na Taberna Café O’ Patacón de Carballo, cos seus lectores e lectoras. No acto actuará Álvaro Muras, acompañado na percusión de Víctor Charly. Música funk-fusion intrumental con baixo e percusión.

Carballo acolle un curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios

DEPORTE

Carballo acolle un curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios

Mércores 28 de marzo do 2007

A Federación Galega de Salvamento e Socorrismo organiza, en colaboración co Padroado Deportivo Municipal de Carballo e o Club de Salvamento e Socorrismo de Carballo, a celebración dun curso para a obtención das titulacións de Socorrista Acuático e Primeiros Auxilios. Éste celebrarase na piscina municipal Vila de Noia durante os fins de semana dos meses de abril e xuño. Os contidos do curso aúnan primeiros auxilios, lexislación, psicoloxía, anatomía e fisioloxía e salvamento acuático. O prezo do mesmo é de 395 euros, habendo un desconto do 10% para os empadroados en Carballo. A data límite para inscribirse é o 14 de abril e o número de prazas é de 30, sendo necesario un mínimo de 15 matrículas para que se leve a cabo o curso.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal

URBANISMO

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal

Mércores 28 de marzo do 2007

O Concello de Carballo ven de recibir a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se anula o aordo plenario do 20 de maio de 2003, no que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Carballo era aprobado por unanimidade baixo o mandato do Partido Popular. A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso presentado polo presidente da asociación de veciños de San Cristovo, considerando o fallo que existen infraccións no procedemento de elaboración e aprobación que deben comprer os plans xerais.

O pan será protagonista das actividades de Semana Santa

TURISMO

O pan será protagonista das actividades de Semana Santa

Martes 27 de marzo do 2007

O Concello de Carballo porá en valor, con motivo da festividade de Semana Santa, os productos alimenticios que máis distinguen á localidade. O pan e o chocolate serán productos estrela nesas datas, segundo se desprendeu dunha xuntanza mantida este luns polo alcalde Evencio Ferrero, o concelleiro Manuel Pan, e un grupo de empresarios da localidade, na súa maioría panadeiros. Na reunión estaban tamén presentes algúns hosteleiros e fabricantes de chocolate.

A corporación municipal aproba o Orzamento Xeral para 2007

SESIÓN PLENARIA

A corporación municipal aproba o Orzamento Xeral para 2007

Martes 27 de marzo do 2007

A corporación municipal de Carballo aprobou, co voto en contra da oposición, o Orzamento Xeral para 2007. Preto de tres horas surou a sesión plenaria ordinaria celebrada este luns, na que saíron adiante as contas orzamentarias, que rexistran 19.996.205,85 euros de ingresos e 19.844.476,81 euros de gastos e formúlase cun superávit de 151.729,04 para respectar o Plan Económico aprobado no ano 2005. O capítulo de inversións recolle unha partida de 5.633.395,19 euros.

Compartir: