SEMINARIO GRATUÍTO NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO
Luns 29 de outubro do 2007
O vindeiro 16 de novembro desenvolverase no Pazo da Cultura de Carballo o seminario Municipios para todos organizado pola empresa Meigalicia e Predif, a Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos, e co patrocinio do Concello de Carballo. Está dirixido a administracións públicas, hostaleiros e outros profesionais e ten como obxecto contribuír ao incremento da accesibilidade nos municipios.
OS TRES GAÑADORES DO CERTAME DE MONÓLOGOS PASARÁN A FORMAR PARTE DA REDE DE PARAMOUNT COMEDY
Luns 29 de outubro do 2007
A organización do Festival Internacional Outono de Teatro fixo públicos esta fin de semana os nomes dos gañadores dos concursos de teatro lido e monólogos cómicos que forman parte da programación da XVI edición de FIOT. O centro público integrado Cabo da Area, de Laxe, e Francisco Campos acadaron, respectivamente, o primeiro premio nestas dúas disciplinas.
FORMACIÓN E INSERCIÓN LABORAL FEMININA
Venres 26 de outubro do 2007
Esta formación, que comezará o vindeiro 12 de novembro, insírese dentro das iniciativas que as concellarías de Igualdade e Promoción Económica do Concello de Carballo poñen en marcha de forma conxunta co obxecto de mellorar a inserción laboral feminina no municipio.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REMATA O 16 DE NOVEMBRO
Venres 26 de outubro do 2007
O Padroado Deportivo Municipal acaba de por en marcha a concesión de subvencións a clubs deportivos, entidades deportivas, asociacións deportivas e deportistas individuais con licenza federativa de Galicia que participen en diferentes competicións no ámbito autonómico durante a temporada anterior á do presente exercicio (2006-2007) como axuda para os desprazamentos.
SÁBADO 27 ÁS 17:30 HORAS NA PISCINA ZONA DE BERGANTIÑOS
Xoves 25 de outubro do 2007
Esta mañá presentouse na Casa do Concello de Carballo o cartel da fase territorial que puntuará para o IV Campionato de España Longa Distancia-Piscina e na que 24 nadadores/as galegos/as competirán na piscina municipal Zona de Bergantiños na proba de 3.000 metros libres masculino e feminino.
PROXIMAMENTE TAMÉN SE PERMITIRÁ O ACCESO DE TRÁFICO
Xoves 25 de outubro do 2007
Logo duns meses pechada por mor do inicio das obras de construción do polígono 29 o Concello de Carballo decidiu permitir o paso de peóns pola rúa Cuba de cara a facilitarlle o paso aos alumnos do colexio Bergantiños.
O PRÓXIMO PASO SERÁ A CONSTITUCIÓN DUNHA COMISIÓN DE TRABALLO
Mércores 24 de outubro do 2007
Representantes dos concellos de Carballo e Laracha tiveron esta mañá unha primeira toma de contacto de cara abordar a cuestión dos seus lindes territoriais. Participaron nesta reunión o rexedor, o tenente alcalde e o secretario de cada un dos dous concellos.
ESTANSE ACONDICIONANDO AS FONTES-LAVADOIRO DE RAMIL, O PICHÓN E ESTEVES
Martes 23 de outubro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo encárganse estes días da limpeza de fontes-lavadoiro e áreas recreativas nas parroquias de Rus e Ardaña, unha labor clave para a protección e a posta en valor do patrimonio natural e etnográfico do concello.
VISITAS INSTITUCIONAIS
Martes 23 de outubro do 2007
Aurora Moinelo, delegada provincial na Coruña da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estivo esta mañá na Casa do Concello de Carballo onde mantivo un encontro con algunhas autoridades locais que lle expuxeron diferentes temas de carácter local que son competencia desta consellaría.
O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PERMANECE ABERTO
Xoves 18 de outubro do 2007
O departamento de terceira idade do Concello de Carballo mantén aínda aberto o prazo para aumentar o número de cidadáns que se benefician do programa de ximnasia e mantemento para persoas maiores, ao que na actual edición se lle sumaron tres novas parroquias ás tres que participaban o pasado ano.
AS ALTAS TEMPERATURAS DA FIN DE SEMANA ENCHERON AS PRAIAS DO MUNICIPIO
Martes 16 de outubro do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo encárganse estes días de acondicionar os areais de Razo e Baldaio e o seu entorno. Aínda que este labor é máis propio dos meses de verán a notable afluencia de visitantes na fin de semana pasada obrigou a tomar medidas para manter limpas as praias carballesas.
VEÑEN DE COLOCAR UN TOTAL DE 54 PAPELEIRAS NAS RÚAS DO CENTRO URBANO
Xoves 11 de outubro do 2007
Os membros do Centro Especial de Emprego Aspaber, concesionario da xestión do servizo público de limpeza viaria, iniciaron estes días os traballos de adecentamento de tódos os bancos do centro urbano de Carballo e procederon á colocación de 54 papeleiras.