OS TRABALLOS COMPLEMENTAN OS XA REALIZADOS NO SALTO DE ENTRECRUCES
Venres 27 de xullo do 2007
Os traballadores da brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo iniciaron esta semana os traballos de limpeza e acondicionamento da férveda de Rus e do seu contorno, uns labores que os operarios municipais realizan con regularidade para preservar e por en valor o patrimonio do concello.
O PROCESO DE VENDA DAS PARCELAS COMEZARA A FINAIS DE ESTE ANO
Xoves 26 de xullo do 2007
O consello de administración de Xestur resolveu esta semana a adxudicación das obras da primeira fase do novo polígono industrial de Bertoa a favor da Unión Temporal de Empresas formada por CRC Obras y Servicios SL e Lubasa, entidade que dispón de 18 meses para a execución destes traballos.
CONSTRUIRANSE DOUS EDIFIOS, TRES ZONAS DE APARCAMENTO E UN HOTEL
Martes 24 de xullo do 2007
A Xunta de Goberno aprobou onte o plan parcial que vai posibilitar a urbanización do chan urbanizable C1, coñecido como A Agra do Formigoso, na zona de A Revolta. O Concello de Carballo recibirá a cambio 30.000 metros cadrados de terreo na zona do Bosque do Añón.
XA ESTÁN REMATADOS OS TRABALLOS DE AGLOMERADO E PINTADO DA ESTRADA DE ALDEMUNDE
Venres 20 de xullo do 2007
A Concellaría de Obras do Concello de Carballo acaba de dar luz verde aos traballos de acondicionamento dos camiños que rodean a igrexa de Rus, cuxo custe ascende a 46.000 euros. Ao mesmo tempo en Aldemunde, e por unha cantidade aproximada de 37.000 euros, xa remataron os de aglomerado e pintado da estrada que comunica o núcleo principal coa igrexa.
A EMPRESA ADXUDICATARIA DISPORÁ DUN PRAZO DE EXECUCION DE 3 MESES
Venres 20 de xullo do 2007
Os contratistas que desexen presentar a súa oferta, cun orzamento base de licitación de 460.901,19 euros, teñen ata as 14:00 horas do vindeiro día 28 para entregar a documentación no rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte. O acondicionamento deste campo remata cunha vella demanda dos seus usuarios e dos clubs deportivos da localidade, que veñen reclamando dende hai tempo unhas instalación de calidade nas Eiroas.
OS TRABALLADORES DO CONCELLO COÑECERÁN O PROTOCOLO QUE FALTA A FINAIS DE XULLO
Venres 20 de xullo do 2007
Ademais de renovar o nomeamento de Evencio Ferrero como representante do municipio de Carballo en Coruña Solidaria, na última asemblea desta agrupación, encargada de promover o proxecto Equal 'En plan de igualdade', realizouse tamén un diagnóstico positivo do traballo feito ata o de hoxe polo concello carballés nesta materia. Tan só a entrega dun protocolo o separa agora de acadar o selo que certifica a súa implicación nas políticas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
CULTURA
Martes 17 de xullo do 2007
O teatro e a música serán os protagonistas da programación do Verán Cultural do Concello de Carballo para a vindeira fin de semana. O venres, 20 de xullo, o grupo arxentino Los Amados achegará o seu espectáculo teatral Rutilantes á Praza do Concello, a partir das 22,30 horas. O sábado, 21 de xullo, a praia de Razo convertirase no punto de referencia coa posta en escena da segunda edición do festival Sereas e Piratas.
OBRAS
Martes 17 de xullo do 2007
O Concello de Carballo está a proceder estes días ao asfaltado de varias pistas e camiños do municipio, co fin de mellorar as comunicacións do concello e favorecer o tránsito dos usuarios. Concretamente, as pistas onde se están a efectuar estas melloras de apertura e asfaltado son as que van de Centeás, en Lema, até Oza, a de Os Loureiros até As Canelas, en Sofán, e a de Agra Maior a Castrillón, tamén na parroquia de Lema.
CULTURA
Luns 16 de xullo do 2007
O ciclo Noites de Cine, incluído na programación do Verán Cultural do Concello de Carballo, continúa esta semana con catro novas proxeccións en distintos lugares do municipio. Este luns, 16 de xullo, o Local Social de Entrecruces acolle a sétima proxección do ciclo, coa película de acción, aventuras e ciencia-ficción Superman returns: el regreso. A proxección iniciarase, como todas as desta semana, ás 22,30 horas.
OBRAS
Luns 16 de xullo do 2007
O Concello de Carballo ven de iniciar as obras na rúa Gran Vía, referentes á ampliación de beirarrúas e dotación de equipamento urbano. Os traballos inclúen, ademais, unha mellora do alumeado da vía, co obxectivo de favorecer o tránsito de peóns e dotar de máis e mellores servizos á cidadanía.
OBRAS
Luns 16 de xullo do 2007
O Concello de Carballo iniciará durante a xornada do martes, 17 de xullo, as obras de aglomerado no vial de acceso á parroquia de Aldemunde. Esta actuación entra dentro dun dos grandes obxectivos do grupo de goberno para a presente lexislatura, consistente en mellorar a comunicación viaria dos núcleos de poboación e permitir unha maior fluidez, neste sentido, co casco urbano.
REMATA O VINDEIRO VENRES ÁS 12:30 HORAS
Luns 16 de xullo do 2007
Un total de 19 persoas iniciaron onte na aula de informática do Concello de Carballo un curso organizado polo Centro de Información á Muller que ten por finalidade formar aos asistentes na posta en marcha e coordinación dun banco de tempo. Á súa clausura, que terá lugar o venres 19, asistirá a concelleira de Promoción Económica de Allariz, Cristina Cid Fernández.