Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Casa do Concello acolle a xuntanza das comisións informativas de Asuntos Económicos, Acción Social e Urbanismo

COMISIÓNS INFORMATIVAS

A Casa do Concello acolle a xuntanza das comisións informativas de Asuntos Económicos, Acción Social e Urbanismo

Mércores 26 de xullo do 2006

A Casa do Concello acolle este mércores a xuntanza das comisións informativas de Asuntos Económicos e Especial de Contas, de Acción Social, Participación e Persoal e de Urbanismo e Desenvolvemento Rural, a partir das 19.00 horas. A primeira das comisións que se celebra é a de Asuntos Económicos e Especial de Contas, que inclúe a declaración de deserto o concurso para a construción e explotación dun aparcadoiro soterrado e un edificio de carácter comercial na Praza do Concello. Outro dos puntos, na mesma liña, inclué o inicio do procedemento para a adxudicación, mediante procedemento negociado con publicidade, a concesión da obra, polo que as empresas interesadas no proxecto poderán ser invitadas a participar do proceso.

Aprobadas novas licenzas para a construcción de dous edificios

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas novas licenzas para a construcción de dous edificios

Mércores 26 de xullo do 2006

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar, na súa última sesión, licenzas de obra para a construcción de dous edificios que albergarían un total de 20 novas vivendas, nas rúas San Martiño e Cuba. Ademáis, aprobáronse licenzas para a construcción de tres vivendas unifamiliares e un proxecto de tres vivendas unifamiliares. Os datos súmanse aos rexistrados no primeiro semestre do ano, no que se tramitaron licenzas para 409 vivendas en bloques de edificios no núcleo urbano e 48 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais.

Un concerto de música gospel pechará os actos do Verán Cultural do mes de xullo

CULTURA

Un concerto de música gospel pechará os actos do Verán Cultural do mes de xullo

Luns 24 de xullo do 2006

O Verán Cultural do Concello de Carballo pecha esta semana os actos incluídos na programación do mes de xullo, onde o cine e a música serán os protagonistas. Katie Graham & The Black Heritage Singers ofrecerán o vindeiro venres, 28 de xullo, un concerto de música gospel na Praza do Concello, a partir das 22.30 horas. Katie Graham é unha das voces máis importantes da música gospel, coñecida como "Sister gospel". A súa voz chea de forza e soul, foi recoñecida con diversas nominacións para os premios Grammy e os Stellar Awards.

A Consellería de Presidencia cede unha moto para a Policía Local

CONCESIÓN

A Consellería de Presidencia cede unha moto para a Policía Local

Luns 24 de xullo do 2006

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza acordou a cesión dunha motocicleta Suzuki Burgman para o desempeño das funcións da Policía Local de Carballo. Trátase dunha moto branca, equipada con dous focos de destellos estroboscópicos rectangulares, un mastro traseiro estroboscópico, unha fonte de alimentación con catro saídas e unha serea de tres tons.

A Xunta de Goberno Local reúnese este luns en sesión ordinaria

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese este luns en sesión ordinaria

Luns 24 de xullo do 2006

A Xunta de Goberno Local reúnese este luns, 24 de xullo, en sesión ordinaria a partir das 13,00 horas. A orde do día inclúe licenzas de obra para a construcción de dous edificios que albergarían un total de 20 novas vivendas. Recóllense tamén licenzas para a construcción de tres vivendas unifamiliares e un proxecto de tres vivendas unifamiliares.

Costas realiza un proxecto de substantebilidade para Razo e Baldaio

LITORAL

Costas realiza un proxecto de substantebilidade para Razo e Baldaio

Venres 21 de xullo do 2006

Costas está a realizar un proxecto de sostenibilidade para Razo e Baldaio, un plan que levará consigo un compromiso de inversións e racionalización de recursos no litoral carballés. Así se puxo de manifesto na visita que fixo este venres o xefe de demarcación de Costas, Rafael Eimil, ao litoral carballés, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Facenda, José Antonio Viña e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan.

Razo acolle a celebración de ‘Sereas e Piratas’, un festival de música alternativa e independente

CULTURA

Razo acolle a celebración de ‘Sereas e Piratas’, un festival de música alternativa e independente

Venres 21 de xullo do 2006

A praia de Razo acolle desde hoxe venres a celebración do Festival Sereas e Piratas, cunha serie de actividades de surf que precederán aos concertos e sesión de graffitis que terá lugar o sábado día 22. A Asociación Cultural Rebeldía organiza a primeira edición deste festival, patrocinado polo Concello de Carballo e que pretende ter continuidade en vindeiras edicións. Os concertos do sábado correrán a cargo de Niño y Pistola, Haiku, Triángulo de Amor Bizarro e The Majestics, ademáis dunha sesión de Dj’s e unha exhibición de graffitis. Tamén haberá outras actividades, como a elección de Mister Bañata e Miss Bikini, con premios en metálico de 150 euros para os gañadores e roupa para o segundo e terceiro clasificado.

O Campionato de España de volei-praia chega a Razo en agosto

DEPORTE

O Campionato de España de volei-praia chega a Razo en agosto

Venres 21 de xullo do 2006

A praia de Razo será escenario, do 4 ao 6 de agosto, dunha das probas do Campionato de España de volei-praia. Será a primeira vez que Carballo acolla unha proba do circuíto nacional, para o que se destinarán 6.000 metros cadrados de areal. A montaxe comezará xa o día 1 de agosto e moverá da orde de 15 trailers e 150 persoas. Ademais dos partidos de volei-praia, haberá un montante paralelo de actividades para os máis pequenos, no que será sen dúbida un grande espectáculo. Xogadores da talla de Bosma ou Larios, a galega Alexandra Simón ou os galegos Diego e Cristóbal darán moito nivel a unha proba da que participarán 40 parellas en categoría masculina e 30 en feminina.

Manicómicos aéreos presenta o venres o seu espertáculo ‘Rebambimba’

CULTURA

Manicómicos aéreos presenta o venres o seu espertáculo ‘Rebambimba’

Xoves 20 de xullo do 2006

O Xardín Municipal acolle este venres, 21 de xullo, a actuación de Manicómicos Aéreos, coa presentación dun divertido e asombroso espectáculo aéreo, de estética circense antiga, dirixido a todos os públicos. A actividade está enmarcada na programación do Verán Cultural do Concello de Carballo e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. O espectáculo dará comezo ás 20,00 horas.

O Concello instalará beirarrúas no contorno do Instituto Alfredo Brañas

OBRAS

O Concello instalará beirarrúas no contorno do Instituto Alfredo Brañas

Xoves 20 de xullo do 2006

O Concello de Carballo ten intención de proceder á dotación de beirarrúas no contorno do Insituto Alfredo Brañas, no treito que vai desde o colexio das Monxas até o Pavillón Vila de Noia. O concelleiro Urbanismo, Obras e Desenvolvemento Rural, Manuel Andrade, ten intención de presentar o proxecto, de 59.000 euros, na xunta de goberno local da vindeira semana.

O goberno levará a pleno un novo regulamento que ofrece máis servizos para os escolares

ENSINO

O goberno levará a pleno un novo regulamento que ofrece máis servizos para os escolares

Xoves 20 de xullo do 2006

A Concellaría de Muller, Sanidade e Emigración presentará nas comisións informativas da vindeira semana o regulamento de funcionamento e tasas do proxecto Concilia, un servizo que permitirá ás nais e pais deixar aos seus fillos e fillas no centro de ensino desde as 07,30 horas até o comezo da xornada escolar. A proposta será debatida con posterioridade en pleno, logo de ter realizado diferentes pasos previos para a súa aprobación. O servizo prestarase, de inicio, nos colexios Fogar, Bergantiños e Cristina, logo de realizar unha enquisa para comprobar se se cubriría un número mínimo de participantes da iniciativa.

‘Xogando coa arte’ achega diferentes técnicas a escolares do concello

CULTURA

‘Xogando coa arte’ achega diferentes técnicas a escolares do concello

Mércores 19 de xullo do 2006

Este mércores, 19 de xullo, comezou un ciclo de obradoiros co nome de Xogando coa arte, unha iniciativa que ten como obxectivo achegarlles aos nenos e ás nenas diferentes aspectos relacionados coa arte, como as técnicas, debuxo, luz, composición ou profundidade. A Ludoteca municipal é o escenario elixido para desenvolver os obradoiros, que se van celebrar todos os mércores e venres até o 30 de agosto.

Compartir: