Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
João Afonso presenta en Carballo o seu disco ‘Outra vida’

CULTURA

João Afonso presenta en Carballo o seu disco ‘Outra vida’

Xoves 13 de xullo do 2006

João Afonso, o máis importante cantautor portugués do momento, sobriño do mítico Zeca Afonso, presentará o venres, 14 de xullo, na Praza do Concello, o seu cuarto disco Outra vida. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o subdirector da Oficina Principal de Caixa Galicia en Carballo, Guillermo Mato, presentaron esta mañá a actuación, incluída no programa do Verán Cultural do Concello de Carballo e no de As Nosas Músicas de Caixa Galicia. O concerto comezará as 22.30 horas de mañá venres.

Alberte Blanco coñece a realidade e necesidades do sector forestal

MEDIO RURAL

Alberte Blanco coñece a realidade e necesidades do sector forestal

Xoves 13 de xullo do 2006

O director xeral de Montes e Industrias Forestais, Alberte Blanco, mantivo esta mañá un encontro cos sindicatos agrarios e profesionais do sector da madeira e do monte de Carballo, nun acto do que participaron membros do grupo de goberno e que se desenvolveu no Salón de Plenos da Casa do Concello. A intención da visita era a de coñecer de primeira man as opinións e necesidades do sector, ademais de visitar diferentes puntos do concello para tomar nota das principais necesidades. Alberte Blanco iniciou a rolda de visitas ao Sequeiro de Bértoa, de 3.000 metros cadrados, e do que xa se iniciaron os trámites para que o solo pase a ser de titularidade municipal, nun prazo de aproximadamente ano e medio. Con posterioridade, e para pechar os actos previstos para a mañá, o director xeral de Montes e Industrias Forestais visitou fincas repoboadas.

Remata o prazo de preinscrición para os alumnos de primeiro curso da Escola Oficial de Idiomas

ENSINO

Remata o prazo de preinscrición para os alumnos de primeiro curso da Escola Oficial de Idiomas

Mércores 12 de xullo do 2006

Este venres, 14 de xullo, remata o prazos de preinscrición para os alumnos de primeiro de inglés e francés na Escola Oficial de Idiomas de Carballo. O segundo prazo de preinscrición para os alumnos que se matriculan en primeiro, por primeira vez, vai do 1 ao 15 de setembro. O sorteo e publicación da listaxe do alumnado preinscrito que pode matricularse publicarase o 21 de setembro e a matricula formalzarase entre o 22 e 28 de setembro.

O director xeral de Montes e Industrias Forestais visita Carballo

MEDIO RURAL

O director xeral de Montes e Industrias Forestais visita Carballo

Mércores 12 de xullo do 2006

O director xeral de Montes e industrias Forestais, Alberte Blanco, realiza este xoves, 13 de xullo, unha visita ao Concello de Carballo. Alberte Branco ten prevista a súa chegada á localidade contra as 11,15 horas, onde será recibido no Concello. Ás 12,00 horas atenderá aos medios de comunicación para, con posterioridade, visitar o serradoiro de maderas no Taramboio, en Sofán. Sobre as 13,00 horas, o director xeral de Montes e Industrias Forestais visitará fincas repoboadas, no seu último acto da mañán.

O Concello intensifica os traballos de desbroce nas vías de titularidade municipal

MANTEMENTO

O Concello intensifica os traballos de desbroce nas vías de titularidade municipal

Mércores 12 de xullo do 2006

O Concello de Carballo, dentro da campaña de verán, está a intensificar as labouras de desbroce nas vías de titularidade municipal, tales como pistas ou accesos a núcleos. Os traballos desenvólvense en máis de 600 kilómetros de pistas asfaltadas e a intención do Concello é a de rematar os traballos no mes de setembro.

Xa se pode utilizar a contenerización soterrada na rúa da Coruña

MEDIO AMBIENTE

Xa se pode utilizar a contenerización soterrada na rúa da Coruña

Martes 11 de xullo do 2006

Desde a semana pasada pódense utilizar os colectores soterrados da rúa da Coruña, unha iniciativa que pretende manter e recuperar a estética urbana e reducir o impacto visual e estético ocultando os colectores da superficie. A medida permitirá, igualmente, un aforro importante ao reducir a frecuencia de recollida, favorecida polo incremento da capacidade de almacenamento. Tamén premitirá reducir os gastos de reposición de colectores, ao non estar expostos a agresións vandálicas ou meteorolóxicas.

Trece panadarías poden utilizar xa a marca ‘Pan de Carballo’

TURISMO

Trece panadarías poden utilizar xa a marca ‘Pan de Carballo’

Martes 11 de xullo do 2006

Trece panadarías de Carballo poderán utilizar, a partir deste martes 11 de xullo, a marca Pan de Carballo, logo da xuntanza mantida entre os panadeiros que solicitaron participar da iniciativa, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Turismo e Medio Ambiente, Manuel Pan. A representación do goberno entregoulles aos 13 panadeiros o material necesario en formato dixital e o certificado de inscrición no rexistro de uso da marca, onde aparecen os soportes onde solicitan usalo, tales como papelaría, furgonetas ou bolsas.

A exposición de Alberto Ferreiro permanece no Museo de Bergantiños até o vindeiro venres

CULTURA

A exposición de Alberto Ferreiro permanece no Museo de Bergantiños até o vindeiro venres

Martes 11 de xullo do 2006

O Museo de Bergantiños acolle desde o pasado mes de xuño a exposición O bosque non deixa ver as árbores: unha ollada á paisaxe galega do autor carballés Alberto Varela Ferreiro. Esta será a última semana para poder ver a mostra, que permanecerá no museo até o vindeiro 15 de xullo. Nela podemos observar e percorrer toda unha serie pictórica onde as árbores son o tema principal e na que o fondo se transforma en figura.

O Concello entrega a imaxe gráfica da marca ‘Pan de Carballo’

TURISMO

O Concello entrega a imaxe gráfica da marca ‘Pan de Carballo’

Luns 10 de xullo do 2006

Este luns, 10 de xullo, o Concello de Carballo entrégalles aos 13 panadeiros que o solicitaron o material necesario en formato dixital da marca Pan de Carballo, ao mesmo tempo tamén se lles entrega o certificado de inscrición no rexistro de uso da marca, onde aparecen os soportes onde solicitan usalo, tales como papelaría, furgonetas ou bolsas. A xuntanza ten lugar na Casa do Concello e o seu comezo está previsto para as 19.00 horas.

Clausurado o primeiro Simposio Internacional de Megalistismo na Costa da Morte

CONGRESO

Clausurado o primeiro Simposio Internacional de Megalistismo na Costa da Morte

Luns 10 de xullo do 2006

O Pazo da Cultura de Carballo foi escenario, durante tres días, do primeiro Simposio Internacional de Megalitismo da Costa da Morte. Baixo o título O patrimonio megalítico da Costa da Morte no seu contexto atlántico, unha decea de profesores/as, arqueólogos/as e técnicos/as doutras especialidades abordaron diferentes aspectos do mundo megalítico. O congreso foi organizado polo Seminario de Estudos Comarcais e abordáronse interesantes temas, como a protección e conservación dos monumentos da Costa da Morte, a posible creación dun Centro de Interpretación do Megalitismo ou a súa posta en valor.

Concedidas dúas novas licenzas para a construción de dous edificios

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Concedidas dúas novas licenzas para a construción de dous edificios

Luns 10 de xullo do 2006

A Xunta de Goberno Local procedeu á concesión, na xuntanza celebrada este luns 10 de xullo, de dúas licenzas de obra para outros tantos edificios en Carballo. Trátase dun edificio na rúa dos Xazmíns, de 14 vivendas, e outro na rúa de Labarta Pose, de 10 vivendas. Concedeuse tamén unha licenza para a construción dunha vivenda unifamiliar e a prórroga doutra para a contrución dun edificio na rúa do Fomento. Na xuntanza acordouse, igualmente, a adxudicación das obras da Rede de saneamento en Cances da Vila, parroquia de Cances, cun prazo de execución de 30 días naturais, o Afirmado de camiños en Barreiros e Xoane, cun prazo de 56 días, o Afirmado de camiños en San Sadurniño a Cornaces, cun prazo tamén de 56 días e o Afirmado de camiño en Ponte Guntián, cun prazo máximo dun mes.

O Concello entrega aos panadeiros rexistrados a imaxe gráfica da marca ‘Pan de Carballo’

TURISMO

O Concello entrega aos panadeiros rexistrados a imaxe gráfica da marca ‘Pan de Carballo’

Venres 7 de xullo do 2006

O vindeiro luns, 10 de xullo, o Concello de Carballo entregaralles aos 13 panadeiros que o solicitaron o material necesario en formato dixital da marca Pan de Carballo, ao mesmo tempo que tamén se lles entregará o certificado de inscrición no rexistro de uso da marca, onde aparecen os soportes onde solicitan usalo, tales como papelaría, furgonetas ou bolsas.

Compartir: