OBRAS
Mércores 21 de xuño do 2006
O Concello de Carballo procede este mércores, 21 de xuño, á apertura da rúa do Gravador Manuel Facal. A rúa será transitable a partir das 14.00 horas, logo de recibir unha capa de aglomerado que permitirá o tránsito de vehículos. O alcalde de Carballo e diferentes membros do grupo de goberno estarán presentes no acto de apertura. O obxectivo do Concello era o de poder abrir a rúa para as festas do San Xoán, co ánimo de desconxestionar o tráfico e permitir unha maior fluidez no contorno do centro da localidade. Así, os condutores poderán ter acceso á rúa da Vila de Negreira desde a Gran Vía, á altura da Praza do Concello.
MEDIO AMBIENTE
Martes 20 de xuño do 2006
A primeiros de ano a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo propoñíalle un reto á cidadanía, baixar dun 40% o índice de impropios no colector amarelo. No mes de xaneiro o índice de impropios no colector amarelo superaba o 60%, co cal o Concello estaba sendo penalizado pola Consellaría ao non cumplir cos compromisos de reciclaxe. No pasado mes de marzo esta porcentaxe baixara até o 38% e a última comunicación reflicte que o índice do mes de maio foi dun 33%.
OBRAS
Martes 20 de xuño do 2006
Operarios municipais comezaron no día de onte as obras que convertirán en definitiva a rotonda de acceso a Carballo desde Bértoa, na confluencia das rúas Vázquez de Parga e Gran Vía. O Concello probou durante dúas semanas o funcionamento da glorieta e, tras comprobar os bos resultados, decidiu convertila en definitiva para alixerar o tráfico nun punto problemático de acceso ao casco urbano.
OBRAS
Martes 20 de xuño do 2006
O Concello de Carballo ven de iniciar os traballos de mellora no campo de fútbol de As Pedreiras, en Berdillo. A Brigada de Obras traballa na ampliación en 720 metros cadrados do recinto, a dotación de drenaxe e rego, a subida de terra nunha media de 15 centímetros e a sementeira de céspede. A intención do Concello é a de que nun prazo de dez días se podan ver os primeiros resultados desta actuación, que será logo complementada cun proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña.
CULTURA
Martes 20 de xuño do 2006
As bombas de palenque anuciarán este mércores, 21 de xuño, o comezo das festas de San Xoán 2006, a celebrar en Carballo até o día 27 de xuño e que rematarán o 2 de xullo coa tradicional Festa do Bosque. Xosé Ramón Freixeiro Mato será o encargado de facer o pregón inaugural, o mércores 21 ás 21,00 horas. Os concertos dos días grandes da festa correrán a cargo de Lamatumbá, o venres 23, Nadadora e Nacho Vegas o sábado 24 e Pereza o luns 26. Os da fin de semana celebraranse na explanada posterior á antiga estación de autobuses, mentres que a actuación de Pereza será na Praza do Concello.
MEDIO AMBIENTE
Luns 19 de xuño do 2006
O Concello de Carballo quere lembrarlles aos propietarios e ás propietarias de establecementos de hostalaría a obriga de solicitar autorización municipal para a realización de barbacoas e grelladas na vía pública. A solicitude dirixirase ao Alcalde e terá que ir acompañada dunha información complementaria.
SAÚDE
Luns 19 de xuño do 2006
Pese a baixar un 6% con respecto ao ano 2004, as doazóns de sangue realizadas en Carballo durante 2005 sitúanse por enriba da media galega e estatal. As 1.301 doazóns de sangue do ano pasado en Carballo representan 46 doazóns por cada 1.000 habitantes, co que se acada así o índice recomendado pola Organización Mundial da Saúde, situado de 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. As 119.210 doazóns de 2005 en Galicia representan 44 doazóns por cada 1.000 habitantes, metres que a media estatal situouse en 39 doazóns por cada 1.000 habitantes.
CARBALLO LIMPO
Sábado 17 de xuño do 2006
A primeiros de ano a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo propoñíalle un reto á cidadanía, baixar dun 40% o índice de impropios no colector amarelo. No mes de xaneiro o índice de impropios no colector amarelo superaba o 60%, co cal o Concello estaba sendo penalizado pola Consellaría ao non cumplir cos compromisos de reciclaxe. No pasado mes de marzo esta porcentaxe baixara até o 38% e a última comunicación reflicte que o índice do mes de maio foi dun 33%.
TRÁFICO
Venres 16 de xuño do 2006
O Concello de Carballo ten intención de ampliar a zona azul na rúa Gran Vía, para dar así resposta á demanda de prazas de estacionamento no centro do casco urbano e atender, á vez, as solicitudes dos comerciantes. Na actualidade, a zona azul funciona en varias zonas do entorno da Praza do Concello, incluida parte da rúa Gran Vía.
CULTURA
Venres 16 de xuño do 2006
O grupo Milladoiro será o encargado de abrir os concertos programados para as Festas do San Xoán do Concello de Carballo. A popular formación galega actúa este sábado, 17 de xuño, na Praza do Concello a partir das 22,30 horas. Milladoiro iniciou a súa brilante carreira polo ano 1978. Vinteoito anos despóis, e logo de colleitar moitos éxitos con numerosos discos e actuacións, é un referente musical xa no só en Galicia, senon a nivel internacional.
CULTURA
Venres 16 de xuño do 2006
As festas do San Xoán 2006 inclúen, novamente, actividades participativas cunha dimensión moi lúdica e que teñen moi boa acollida entre os cidadáns de Carballo. Con elas, preténdese recuperar e fomentar tradicións tan importantes na celebración popular do San Xoán como as cachelas, recuperar xogos populares ou incorporar un elemento tan importante en Carballo como o río Anllóns. Así, até o día 21 de xuño, ás 13,00 horas, está aberto o prazo de inscrición para o , o Descenso do Anllóns e o Gran Prix de Carrilanas.
INDUSTRIA
Xoves 15 de xuño do 2006
A Delegación Provincial da Consellería de Innovación e Industria ven de requerir a Unión Fenosa que proceda a suministrar de maneira permanente e axustada a tensión nominal de enerxía eléctrica na zona de Vilar de Cidre, da parroquia de Razo. Faino a Delegación Provincial logo de que o Concello de Carballo remitira, no seu día, unha queixa debido a problemas no suministro eléctrico nas vivendas dos veciños do lugar.