Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Evencio Ferrero é proposto para conselleiro de Xestur

VIVENDA E SOLO

Evencio Ferrero é proposto para conselleiro de Xestur

Xoves 15 de xuño do 2006

A Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia ven de propoñer á Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade Xestur Coruña o nomeamento como conselleiro do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, en representación do Instituto Galego de Vivenda e Solo. A proposición faise tendo en conta que Xestur Coruña depende de forma inmediata do Instituto Galego de Vivenda e Solo e, de forma inmediata, da propia Consellería.

A Asociación de Inserción Laboral ‘Mulleralia’ preséntase en sociedade

MULLER

A Asociación de Inserción Laboral ‘Mulleralia’ preséntase en sociedade

Xoves 15 de xuño do 2006

O Pazo da Cultura acolle este xoves, 15 de xuño, a presentación da Asociación de Inserción Laboral Mulleralia, que se centrará nos colectivos marxinais e grupos menos favorecidos. A entidade é pioneira na comarca de Bergantiños e persegue o obxectivo de por en marcha novas actuacións para promover a integración e autonomía das mulleres en situación ou risco de exclusión social, exdrogodependentes, mulleres que residan en áreas rurais, inmigrantes en situación regular, emigrantes retornadas, pertencentes ao colectivo xitano, que exerzan a prostitución, víctimas da violencia de xénero e mulleres pertencentes a colectivos desfavorecidos.

Remata o prazo para apuntarse nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Remata o prazo para apuntarse nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña

Mércores 14 de xuño do 2006

O vindeiro venres, 16 de xuño, remata o prazo para apuntarse aos Campamentos Deportivos 2006 que organiza a Deputación da Coruña. O ente provincial concediu 30 prazas ao Concello de Carballo para participar desta actividade, a desenvolver do 16 ao 22 de xullo de 2006. O campamento está dirixido a rapaces/as de entre 9 e 13 anos e a cota de inscripción é de 80 euros. A inscrición inclúe transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. O Concello realizará un sorteo diante do secretario, despois de rematar o prazo de inscrición, no caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación. Sería o día 22 de xuño de 2006, ás 13,30 horas, na Casa do Concello.

Convocada unha xuntanza para coñecer as particularidades do ‘Proxecto Ríos’

MEDIO AMBIENTE

Convocada unha xuntanza para coñecer as particularidades do ‘Proxecto Ríos’

Mércores 14 de xuño do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, presiden esta tarde unha xuntanza con asociacións de Carballo e interesados en xeral para coñecer o Proxecto Ríos. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA- tamén estará presente logo de asinar, en datas pasadas, un convenio co Concello para colaborar neste proxecto que promove a asociación ecoloxista. O acto ten lugar na Casa do Concello, a partir das 19,00 horas, e concluirá cunha visita ao río para comprobar sobre o terreo o modelo de funcionamento e particularidades do proxecto.

O goberno municipal recibe á tripulación do Velero Escuela uruguaio ‘Capitán Miranda’

RECEPCIÓN

O goberno municipal recibe á tripulación do Velero Escuela uruguaio ‘Capitán Miranda’

Mércores 14 de xuño do 2006

Unha representación do goberno municipal recibe este mércores, 14 de xuño, á tripulación do Velero Escuela Capitán Miranda, que partiu o pasado 22 de febreiro da Dársena Fluvial de do porto de Montevideo, dando así comezo á súa vixésimo quinta viaxe de instrucción. Como xa é tradición, entre os 88 tripulantes atópanse en carácter de invitados alumnos da Facultade de Enxeñería e Facultade de Ciencias da Universidade da República, Universidade do Traballo, Universidade Católica, pasantes do Ministerio de Turismo, así como Oficiais do Exército Nacional e Forza Aérea Uruguaia. O acto de recepción ten lugar ás 20,30 horas e sucédese á recente visita que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, realizou a Uruguai.

O Pazo da Cultura acolle a proxección das ‘Noites Curtas’

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle a proxección das ‘Noites Curtas’

Martes 13 de xuño do 2006

O mércores 14 e o xoves 15 de xuño terán lugar no Pazo da Cultura, a partir das 21,00 horas, as Noites Curtas, dúas sesións de proxeccións dunha selección de sete curtametraxes e dun documental do mellor panorama nacional. Da selección das curtametraxes e da proxección das mesmas encárgase Mr Misto Films, que pretende achegar o mundo audiovisual a todo tipo de públicos en diferentes espazos. Trátase dunha novidosa proposta empresarial de difusión no eido do sector audiovisual galego.

Carballo acollerá a celebración das primeiras xornadas de GPS e navegación

TECNOLOXÍA

Carballo acollerá a celebración das primeiras xornadas de GPS e navegación

Martes 13 de xuño do 2006

O Pazo da Cultura acollerá, a vindeira fin de semana, a celebración das primeiras Xornadas de GPS e navegación, dentro do programa de promoción de Carballo como sede de congresos. O acto de presentación corriu a cargo do concelleiro de Medio Ambiente, Turismo e Xuventude, Manuel Pan, e Jesús Pallas e Manuel Doldán, representantes de Remontes 4x4, a entidade organizadora do evento. A intención das xornadas é a de que profesionais e usuarios saquen o máximo rendemento dos seus equipos.

María Debén coñeceu o proxecto da Casa dos Oficios

TRABALLO

María Debén coñeceu o proxecto da Casa dos Oficios

Martes 13 de xuño do 2006

A delegada provincial da Consellería de Traballo, María Debén, oficiou este martes, 13 de xuño, unha visita ao Concello de Carballo para coñecer o proxecto da Casa dos Oficios, que se está a desenvolver no barrio da Milagrosa. María Debén estivo na Casa do Concello, onde foi recibida por membros do goberno municipal e os arquitectos mostraron a maqueta do proxecto e explicaron a evolución das obras. Con posterioridade, desprazouse ao lugar onde se desenvolven os traballos. A delegada provincial da Consellería de Traballo estivo acompañada polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, o concelleiro de Participación Veciñal, Emprego e Promoción Económica, Manuel Trigo, o concelleiro de Servizos e Mantemento, Luis Lamas, o director do INEM, José Manuel Pose Mesura e o director do Centro Municipal de Formación, Juan Lorenzo.

O Concello demanda a apertura do terceiro xulgado para Carballo

SEGURIDADE

O Concello demanda a apertura do terceiro xulgado para Carballo

Luns 12 de xuño do 2006

O alcalde de Carballo aproveitou a celebración da Xunta Comarcal de Seguridade, celebrada esta mañán en Buño, para demandar a apertura do terceiro xulgado para Carballo. Foi no transcurso dunha xuntanza na que os alcaldes da comarca de Bergantiños demandaron a ampliación das plantillas dos corpos de seguridade e a dotación dunha nova comisaría de policía. A xuntanza fora convocada pola subdelegada de goberno en A Coruña, Obdulia Taboadela.

O Concello asina un protocolo de colaboración con Montevideo

VISITA INSTITUCIONAL

O Concello asina un protocolo de colaboración con Montevideo

Luns 12 de xuño do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o Intendente Municipal de Montevideo, Ricardo Ehrlich, asinaron un protocolo de colaboración durante a visita que o rexedor carballés fixo a Uruguai a pasada semana. O propio Intendente e membros do seu gabinete valoraron a proposta do Concello de Carballo e acordaron asinar un protocolo que recolle o intercambio de información regular sobre cuestións de interese cultural, socioeconómica, turística e empresarial de interese para ambas colectividades e a súa cidadanía, ademáis da planificación de actividades comúns e proxectos que revirtan no benestar socioeconómico da cidadanía de ambas entidades e que poñan en valor a difusión de ambas realidades, así como a profundización dos lazos históricos de irmanamento, que non foran até o momento institucionalizados.

Aprobado o proxecto de obra para o acondicionamento da Escola de Cances

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto de obra para o acondicionamento da Escola de Cances

Luns 12 de xuño do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou, na sesión celebrada este luns 12 de xuño, o proxecto da obra Acondicionamento da Escola de Cances, cun orzamento de execución material de 34.277,50 euros. Asimesmo, autorizouse a execución directa polo Concello de Carballo, mediante os seus medio persoais, das obras contidas no proxecto. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a adxudicación dos premios e accesit que resultaron do concurso de anteproxecto con intervención do xurado, e contratación da redacción de proxecto e dirección de obras do edificio destinado a Escola Infantil Municipal.

Remata o ciclo ‘Xóvenes Intérpretes’ no Pazo da Cultura

CULTURA

Remata o ciclo ‘Xóvenes Intérpretes’ no Pazo da Cultura

Venres 9 de xuño do 2006

Este venres, 9 de xuño, remata no Pazo da Cultura o ciclo Xóvenes Intérpretes, que comenzou a semana pasada e no que participa o alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Nesta ocasión, subirán ao escenario un grupo de solistas de diferentes especialidades musicais, continuará o Coro do Conservatorio, dirixido por Gloria Pardines- e rematará o concerto o recén creado Grupo de Acordeóns que dirixe Manuel Bello. O concerto comeza ás 20,30 horas e a entrada é de balde.

Compartir: