Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Unión Fenosa realizará traballos para mellorar o suministro eléctrico en Cances Grande

INDUSTRIA

Unión Fenosa realizará traballos para mellorar o suministro eléctrico en Cances Grande

Luns 5 de xuño do 2006

A compañía eléctrica Unión Fenosa ven de comunicar ao Concello de Carballo, ao igual que fixo coa Consellería de Innovación e Industroa, a realización de varias melloras para solucionar os problemas de suministro eléctrico en Cances Grande. Fenosa dá así resposta á denuncia realizada polo Concello de Carballo o pasado mes de marzo e confirma que, durante o ano 2006, está prevista a execución da obra denominada Fondal, que comprende melloras coa liña de media tensión, o centro de transformación e a rede de baixa tensión.

A variedade destaca no extenso programa das festas de San Xoán

CULTURA

A variedade destaca no extenso programa das festas de San Xoán

Luns 5 de xuño do 2006

O Pazo da Cultura acolleu a presentación do programa das festas de San Xoán 2006, a celebrar en Carballo do 21 de xuño ao 2 de xullo. Xosé Ramón Freixeiro Mato será o encargado de facer o pregón inaugural, o mércores 21, e os concertos dos días grandes da festa correrán a cargo de Lamatumbá, o venres 23, [i[Nadadora e Nacho Vegas o sábado 24 e Pereza o luns 26. Os da fin de semana celebrarnse na explanada posterior á antiga estación de autobuses, mentres que a actuación de Pereza será na Praza do Concello.

Rapaces do Concello participan da Fase Intercomarcal de Deporte en Idade Escolar

DEPORTE

Rapaces do Concello participan da Fase Intercomarcal de Deporte en Idade Escolar

Venres 2 de xuño do 2006

O vindeiro sábado, 3 de xuño, terá lugar a Fase Intercomarcal de Deporte en Idade Escolar en categoría benxamín, na que participan varios representantes das ligas locais do Padroado Deportivo Municipal. Moitos rapaces do concello disputarán esta importante xornada deporiva, froito do traballo que veñen desenvolvendo ao longo de todo o ano. As categorías nas que participan son voleibol, baloncesto e fútbol sala.

O areal de Pedra do Sal contará con bandeira azul no verán

LITORAL

O areal de Pedra do Sal contará con bandeira azul no verán

Venres 2 de xuño do 2006

A praia de Razo non será a única na que ondee a bandeira azul este verán en Carballo. ADEAC, a asociación encargada de otorgar as bandeiras azuis, ven de confirmar que o areal de Pedra do Sal tamén será merecedor de tal distintivo. A bandeira azul é un galardón a aquelas praias ou portos deportivos que compren requisitos de calidade de augas, servizos e realización de actividades de información, educación e xestión ambiental por parte do municipio ou do porto. O goberno municipal fixo un esforzo en canto as melloras na praia de Pedra do Sal, sendo merecedora agora de tal recoñecemento, ao igual que a praia de Razo.

Carballo será sede do primeiro simposio internacional de megalistismo na Costa da Morte

CONGRESO

Carballo será sede do primeiro simposio internacional de megalistismo na Costa da Morte

Venres 2 de xuño do 2006

Carballo será escenario, entre o 7 e o 9 de xullo, do primeiro simposio internacional de megalitismo, presentado esta mañán na Casa do Concello. Baixo o título O patrimonio megalítico da Costa da Morte no seu contexto atlántico, unha decea de profesores, arqueólogos e técnicos doutras especialidades abordarán diferentes aspectos do mundo megalítico. O congreso está organizado polo Seminario de Estudos Comarcais e o programa xa está dispoñible na web da asociación.

Jorge Sanz e Enrique San Francisco representan ‘Hijos de mamá’ no Pazo da Cultura

CULTURA

Jorge Sanz e Enrique San Francisco representan ‘Hijos de mamá’ no Pazo da Cultura

Xoves 1 de xuño do 2006

O Pazo da Cultura acolle este xoves, 1 de xuño, a partir das 21,00 horas a obra Hijos de mamá, protagonizada por Enrique San Francisco e Jorge Sanz. Os populares actores dan vida a un texto de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, unha comedia na que tamén se mesturan a intriga e o suspense. As entradas puxéronse á venda polo servizo de taquilla online de Caixanova e esgotáronse nun tempo record -día e medio- polo que non quedan xa entradas dispoñibles.

O alcalde de Carballo realiza a súa primeira viaxe a Uruguai

VISITA INSTITUCIONAL

O alcalde de Carballo realiza a súa primeira viaxe a Uruguai

Xoves 1 de xuño do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, parte o vindeiro venres, 2 de xuño, cara a Uruguai, onde permanecerá até o sábado día 10. É a primeira viaxe que o rexedor local realiza ao país suramericano, producto da estreita vinculación entre Carballo e Montevideo. Ferrero partirá cara a capital uruguaia ás 20,40 horas do venres e ten prevista a súa chegada o sábado ás 08,40 horas, hora local. Ás 12.00 horas dese mesmo día desplazarase xa á cidade de Santiago Vázquez, antes de participar, contra á noite, na cea ofrecida pola directiva do Centro Social e Cultural Bergantiños, xunto ao director xeral de Deportes da Xunta.

Novos informes valorarán a información do proxecto do aparcamento soterrado e reforma do mercado municipal

URBANISMO

Novos informes valorarán a información do proxecto do aparcamento soterrado e reforma do mercado municipal

Xoves 1 de xuño do 2006

A mesa de contratación que analiza o proxecto presentado para a reforma do mercado municipal e construcción dun aparcamento soterrado no entorno da Praza do Concello decidiu, por ampla maioría, solicitar de expertos en dereito mercantil e administrativo un informe que valore a información aportada por Surtiser, para ver se compre cos requisitos do prego de condicións e, de ser así, proceder á apertura do segundo sobre. En caso negativo, o concurso declararíase deserto, aínda que a mesa considerou a opción de aproveitar os informes e iniciar un negociado sen publicidade. Foi o máis destacado dunha xuntanza que se prolongou por espazo de máis de dúas horas e na que se procediu á lectura da documentación aportada pola empresa, que aporta unha vinculación económica á empresa Raminova, pero que non demostra claramente a súa integración.

O Observatorio Socioeconómico celebra os primeiros foros de 2006

ANTENA CAMERAL

O Observatorio Socioeconómico celebra os primeiros foros de 2006

Mércores 31 de maio do 2006

O Observatorio Socioeconómico de Carballo, dentro do desenvolvemento da actividade para este ano 2006, celebra estes días os tres primeiros foros do ano. A actividade, promovida pola Antena Local da Cámara de Comercio, ten como obxectivo principal o de construir coñecemento achegado á realidade empresarial e social da zona da Costa da Morte.

Rematan as exposicións do Museo de Bergantiños e o Pazo da Cultura

CULTURA

Rematan as exposicións do Museo de Bergantiños e o Pazo da Cultura

Mércores 31 de maio do 2006

Este mércores, 31 de maio, remata no Museo de Bergantiños a exposición da Deputación da Coruña A Galicia máis natural, que se inaugurou o pasado día 22 de maio. Ademáis do público en xeral, visitaron a exposición máis de 400 alumnos dos centros educativos de Carballo.

Convocada a mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado

URBANISMO

Convocada a mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado

Mércores 31 de maio do 2006

Este xoves, 1 de xuño, ten lugar a segunda reunión da mesa de contratación que analiza o proxecto presentado para a reforma do mercado municipal e construcción dun aparcamento soterrado no entorno da Praza do Concello. A xuntanza prodúcese logo de que a documentación presentada pola única empresa que participou do proceso estivera incompleta. A viabilidade da actuación depende de que a oferta se axuste aos requisitos do prego de condicións, logo de que a empresa entregara días atrás os papeis reclamados polo trbunal. Se ésta completou o expediente, procederase á apertura do segundo sobre, que contén o anteproxecto para o aparcamento e o edificio comercial.

Aprobada a modificación das normas da Escola Infantil Municipal

SESIÓN PLENARIA

Aprobada a modificación das normas da Escola Infantil Municipal

Martes 30 de maio do 2006

A corporación municipal de Carballo aprobou, na sesión plenaria ordinaria do mes de maio, a modificación do regulamento e a ordenanza dos prezos públicos da Escola Infantil Municipal. Nos dous casos, a modificación supón a adaptación ás exixencias da Xunta de Galicia, para que a gardería teña ocasión de desfrutar das axudas que ofrece a administración autonómica.

Compartir: