Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O concello rexistra un notable descenso de delitos no primeiro cuatrimestre de 2006

SEGURIDADE

O concello rexistra un notable descenso de delitos no primeiro cuatrimestre de 2006

Xoves 18 de maio do 2006

Os delitos contra o patrimonio descenderon, no primeiro cuatrimestre de 2006, un 50%, mentres que os delitos contra as persoas sufriron un descenso do 45’45% no concello de Carballo. Así manifestouse na xuntanza da Xunta Local de Seguridade, celebrada este xoves na Casa do Concello, e na que estiveron presentes a Subdelegada de Goberno en A Coruña, Obdulia Taboadela, o Coronel Xefe da Guardia Civil en A Coruña, Xosé Furelos, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro delegado de Seguridade, Ramón Eirís, e representantes da Guardia Civil, Policía Local e Protección Civil.

A Xunta Local de Seguridade reúnese o vindeiro xoves

SEGURIDADE

A Xunta Local de Seguridade reúnese o vindeiro xoves

Martes 16 de maio do 2006

A Casa do Concello de Carballo albergará o xoves, 18 de maio, unha nova xuntanza da Xunta Local de Seguridade, a partir das 10,00 horas. Cinco son os puntos que conforman a orde do día, entre os que destacan a análise e medidas a tomar sobre o consumo e tráfico de estupefacientes, ademáis de vixilancia xeral na tempada do verán na zona de praias.

O Imserso organiza viaxes para as persoas maiores

SERVIZOS SOCIAIS

O Imserso organiza viaxes para as persoas maiores

Martes 16 de maio do 2006

O Imserso ven de ofertar programas sociais de vacacións destinados a persoas maiores, cos obxectivos de facilitar a incorporación deste colectivo ás correntes turísticas, ao tempo que paliar as consecuencias que en materia de emprego produce o fenómeno da estacionalidade no sector turístico. del país. Ofrecense distintas modalidades para que as personas maiores podan disfrutar dunhas vacacións no periodo comprendido entre os meses de outubro de 2006 e xunio de 2007, segundo as modalidades de Estancias en zonas costeiras para descanso, viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España, turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos e intercambios con otros países. Os interesados en participar das viaxes poden formalizar a súa inscrición nos Servicios Sociais do Concello de Carballo até o 15 de xuño. Ademáis, pódese ampliar información na web do Imserso, para consultar prezos e destinos.

O Concello conmemora o Día das Letras Galegas con varios actos

CULTURA

O Concello conmemora o Día das Letras Galegas con varios actos

Martes 16 de maio do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, será o encargado de abrir o Oito horas lendo, a partir das 11,30 da mañá do mércores 17 na Praza do Concello. O tradicional maratón de lectura, que se prolongará até as 19,30 horas, aglutinará aos carballeses que desexen ler un fragmento dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Aínda pódense facer as inscricións no Pazo da Cultura durante o día de hoxe. O Oito horas lendo contará coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e precederá ao Concerto das Letras, a cargo da Banda Municipal de Carballo, a celebrar no Pazo da Cultura a partir das 20,00 horas.

Aprobado o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Luns 15 de maio do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, 15 de maio, o convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, Xestión Urbanística de A Coruña, S.A. (Xestur A Coruña) e o Concello de Carballo para a xestión e execución das ampliacións da área empresarial de Carballo. O convenio recolle a proposta de ampliación do polígono Industrial de Bértoa en dúas novas superficies de 426.300 e 114.400 metros cadrados. A ampliación completaría aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade e o Polígono Industrial pasaría a contar con cerca de dous millóns de metros cadrados.

A contenerización soterrada na rúa Coruña comezará a funcionar en breve

MEDIO AMBIENTE

A contenerización soterrada na rúa Coruña comezará a funcionar en breve

Luns 15 de maio do 2006

Esta martes, 16 de abril, procederase á entrega da obra dos colectores soterrados na rúa Coruña ao Concello de Carballo. O acto está previsto para as 10,00 horas e, unha vez rematados os traballos, a novo servizo comezará a funcionar en breve. As obras contaron cun orzamento de 55.720 euros e prolongáronse por espazo de menos dun mes. Os colectores pódense ver xa instalados no comezo da rúa Coruña, á altura do Padroado Deportivo Municipal. A iniciativa, cofinanciada con fondos europeos de cohesión, permitirá facilitar aos veciños a recollida selectiva e posterior reciclaxe dos residuos sólidos.

A Estación de Autobuses volve a funcionar con normalidade

TRANSPORTE

A Estación de Autobuses volve a funcionar con normalidade

Luns 15 de maio do 2006

Este martes, 16 de maio, a Estación de Autobuses de Carballo volverá a funcionar con total normalidade logo do acto de reapertura que tivo lugar esta mañán de luns. No mesmo estiveron presentes o director xeral de Transportes, José Carlos Baños, o delegado provincial de Política Territorial, Jacinto Parga, representantes da empresa concesionaria Arriva Noroeste e da empresa que levou a cabo os traballos, ademáis do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Urbanismo, Facenda e Servizos, Manuel Andrade, José Antonio Viña e Luis Lamas. A inversión total da obra foi de 220.000 euros, dos que a dirección xeral de Transportes aportou 22.000 para levar a cabo diversas melloras.

A Estación de Autobuses recuperará á normalidade o vindeiro luns

TRANSPORTE

A Estación de Autobuses recuperará á normalidade o vindeiro luns

Venres 12 de maio do 2006

A Estación de Autobuses de Carballo volverá a funcionar con total normalidade a partir do vindeiro luns, 15 de maio, data elixida para a reinauguración das instalacións. O acto terá lugar ás 12,00 horas e está prevista a asistencia do director xeral de Transportes, o delegado provincial de Política Territorial e representantes da empresa concesionaria, Arriva Noroeste.

A Xunta de Goberno Local aborda o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local aborda o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Venres 12 de maio do 2006

A Xunta de Goberno Local celebra o vindeiro luns, 15 de maio, unha nova xuntanza na que se levará a aprobación do convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Carballo e Xestión Urbanística de A Coruña, S.A. (Xestur A Coruña) para a xestión e execución das ampliacións da área empresarial de Carballo. O convenio recolle a proposta de ampliación do polígono Industrial de Bértoa en dúas novas superficies de 426.300 e 114.400 metros cadrados. A ampliación completaría aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade e o Polígono Industrial pasaría a contar con cerca de dous millóns de metros cadrados.

A nova Escola Infantil Municipal estará rematada en 2007

EDUCACIÓN

A nova Escola Infantil Municipal estará rematada en 2007

Venres 12 de maio do 2006

O Concello de Carballo recibiu está mañá o compromiso do Vicepresidente da Xunta de Galicia de comezar as obras da nova Escola Infantil Municipal este ano 2006. Foi no acto de presentación da rede galega de escolas infantís 'Galescola', antes de que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o arquitecto municipal, Alfredo Garrote, presentaran os sete traballos finalistas do concurso de ideas para o proxecto da nova Escola Infantil. O gañador do concurso resultou ser Acampada, cun proxecto "innovador en canto á distribución das oito aulas e tamén desde o punto de vista pedagóxico", como manifestou o rexedor local. Acampada obtén como premio a adxudación da redacción do proxecto básico e execución do edificio, ademáis da dirección da obra. Ésta non poderá superar os 600.000 euros de coste.

O Concello entregará a Obras Públicas a memoria valorada para a execución da Ponte da Casilla

OBRAS

O Concello entregará a Obras Públicas a memoria valorada para a execución da Ponte da Casilla

Venres 12 de maio do 2006

O Concello de Carballo entregará á Consellería de Obras Públicas, o vindeiro luns, día 15 de maio, a memoria da descripción e valoración dos traballos para a execución da ponte da Casilla. A actuación enmárcase dentro da reforma da Travesía Principal de Carballo e contempla un orzamento de 69.559,05 euros. Estímanse necesarias doce semanas para a execución total da obra.

Regresan os participantes da viaxe a Roma co programa ‘Vivir o Mundo’

CULTURA

Regresan os participantes da viaxe a Roma co programa ‘Vivir o Mundo’

Xoves 11 de maio do 2006

Os doce rapaces do concello de Carballo, de entre 12 e 14 anos, que partiron o pasado luns cara a Roma, logo de resultar gañadores do sorteo público celebrado na casa consistorial entre todas as solicitudes presentadas o pasado mes de marzo, regresan esta madrugada á localidade. A viaxe inclúese no programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que permitiu achegar aos rapaces e rapazas da provincia a esta cidade de gran interese monumental e cultural. O regreso está previsto para as 02,20 horas ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago, logo de partir ás 23,40 horas de Ciampino, en Roma.

Compartir: