Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Un centenar de rapaces do Concello participan das fases Intercomarcales de Deporte en Idade Escolar

DEPORTE

Un centenar de rapaces do Concello participan das fases Intercomarcales de Deporte en Idade Escolar

Xoves 11 de maio do 2006

O vindeiro sábado, 13 de maio, terán lugar as fases Intercomarcales en categoría alevín de Deporte en Idade Escolar, na que participan varios representantes das ligas locais do Padroado Deportivo Municipal. As competicións disputáronse desde inicios do pasado mes de xaneiro. Serán preto de cen nenos de idades de 11 a 12 años do Concello os que disputarán esta importante xornada deporiva, froito do traballo que veñen desenvolvendo ao longo de todo o ano, disputando os seus encontros en xornadas de sábados e mércores.

O programa das Letras 2006 inclúe varias actvidades para esta fin de semana

CULTURA

O programa das Letras 2006 inclúe varias actvidades para esta fin de semana

Xoves 11 de maio do 2006

Un obradoiro para nenos e nenas, unha ruta polas parroquias costeiras de Carballo e unha representación teatral conforman as actividades a desenvolver esta fin de semana dentro do Programa das Letras 2006. Logo dos actos que se desenvolveron a pasada fin de semana, a concellaría de Cultura oferta estas outras actividades previas á celebración, o vindeiro 17 de maio, do Día das Letras Galegas. O programa deseñado polo Concello inclúe máis actuacións, festivais e representacións a desenvolver ata finais de mes.

Ana Rodríguez e Ramón Vilar gañan o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores

LINGUA

Ana Rodríguez e Ramón Vilar gañan o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Mércores 10 de maio do 2006

O artigo Sinfonía en galego maior, de Ana Rodríguez Barreiro, foi o elixido por unanimidade como primeiro premio da segunda edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, logo da xuntanza mantida polo xurado no día de onte no Pazo da Cultura. O segundo premio foi para o artigo Un idioma na cetaria, de Ramón Vilar Landeira. O primeiro premio está dotado con 900 euros en metálico e a publicación en todos os medios colaboradores o domingo 21 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior no caso dos medios non diarios. O segundo premio está dotado con 300 euros en metálico e a publicación en todos os medios colaboradores o sábado 20 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior no caso dos medios non diarios.

Elixido o proxecto para a nova Escola Infantil Municipal

SELECCIÓN

Elixido o proxecto para a nova Escola Infantil Municipal

Mércores 10 de maio do 2006

Tras seis horas de xuntanza, o xurado designado para elexir o proxecto da nova Escola Infantil Municipal seleccionou o entregado baixo o seudónimo Acampada. Trátase, segundo o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, dunha proposta innovadora en canto á solución das aulas, que son circulares e transparentes. O ganador do concurso obtén como premio a adxudación da redacción do proxecto básico e execución do edificio, ademáis da dirección da obra. Ésta non poderá superar os 600.000 euros de coste.

O Concello asinará en breve o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

POLÍGONO

O Concello asinará en breve o convenio para a ampliación do Polígono Industrial

Mércores 10 de maio do 2006

O Concello de Carballo ven de recibir o borrador do convenio para formalizar a proposta de ampliación do polígono Industrial de Bértoa en dúas novas superficies de 426.300 e 114.400 metros cadrados. A ampliación completaría aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade e o Polígono Industrial pasaría a contar con cerca de dous millóns de metros cadrados.

O xurado elixe os gañadores do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

LINGUA

O xurado elixe os gañadores do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Martes 9 de maio do 2006

Logo de proceder á lectura e avaliación individual dos traballos presentados, os membros do xurado do II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo reúnese este martes, 9 de maio, para facer unha avaliación conxunta e decidir os dous traballos gañadores do certame. En total recibíronse 33 artigos procedentes de toda Galicia e hoxe martes darase a coñecer a decisión do xurado.

A mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado reúnese o xoves

URBANISMO

A mesa de contratación do proxecto de reforma do mercado e aparcamento soterrado reúnese o xoves

Martes 9 de maio do 2006

O vindeiro xoves, 11 de maio, reúnese a mesa de contratación que analizará o proxecto presentado para a reforma do mercado municipal e contrucción dun aparcamento soterrado no entorno da Praza do Concello. A viabilidade da actuación depende de que a oferta se aaxuste aos requisitos do prego de condicións. A reunión da mesa do vindeiro xoves servirá para comprobar se o expediente está completo ou se é necesario requerir á empresa a documentación complementaria.

O alcalde recibiu ao Xiria de baloncesto, novo equipo EBA

DEPORTES

O alcalde recibiu ao Xiria de baloncesto, novo equipo EBA

Martes 9 de maio do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu o luns pola noite ao Xiria de baloncesto, logo de que o equipo carballés conquerira o ascenso á Liga EBA o pasado domingo en Pamplona. O conxunto de Óscar Lata derrotou no partido decisivo ao Comsmetal Larraona por 68-71. A deste fin de semana foi a cuarta fase consecutiva que dispotou o Xiria para conseguir o ascenso a EBA, premio que se lle resistía pese ás grandes tempadas e gran traballo desenvolvido pola directiva, técnicos e xogadores.

O xurado analiza as 29 propostas presentadas ao proxecto da nova Escola Infantil

CONVOCATORIA

O xurado analiza as 29 propostas presentadas ao proxecto da nova Escola Infantil

Luns 8 de maio do 2006

A Casa do Concello acolle este martes, 9 de maio, a reunión do xurado que analizará e elexirá o gañador dos 29 anteproxectos presentados para a construcción dunha nova Escola Infantil Municipal. O goberno municipal considera importante ampliar a oferta de prazas, debido a total ocupación da gardería As Landras. O goberno convocou un concurso de ideas o pasado mes de marzo e, desde entón, foron 29 as propostas recibidas. A xuntanza comenzará ás 10,00 horas.

Doce rapaces do concello partiron a Roma co programa ‘Vivir o Mundo’

CULTURA

Doce rapaces do concello partiron a Roma co programa ‘Vivir o Mundo’

Luns 8 de maio do 2006

Doce rapaces do concello de Carballo, de entre 12 e 14 anos, partiron este luns cara a Roma, logo de resultar gañadores do sorteo público celebrado na casa consistorial entre todas as solicitudes presentadas o pasado mes de marzo. A viaxe inclúese no programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que pretende achegar aos rapaces e rapazas da provincia a esta cidade de gran interese monumental e cultural. O regreso está previsto para o vindeiro día 11 de maio, ás 02,20 horas ao aeroporto de Lavacolla, en Santiago.

Carballo acolle a Final Provincial de Duatlón Escolar

DEPORTE

Carballo acolle a Final Provincial de Duatlón Escolar

Venres 5 de maio do 2006

O Polígono Industrial de Bértoa será escenario, este domingo 7 de maio, da celebración da Final Provincial de Duatlón Escolar nas categorías alevín, infantil e cadetes masculino e feminino. As probas comezarán ás 10,30 horas e participarán un total de 95 deportistas. O Fogar Triatlón Carballo aporta 30 atletas e o Bricosa Pedras de Santiago 32, sendo a maior representación dos oito clubes participantes. Os outros equipos que disputan a proba son o Mercerias Catamarán de Ferrol, o Club Atletismo Ría Ferrol-Concepción Arenal de Ferrol, Concello de Trazo, o IES Antonio Fraguas de Santiago, o Club Olímpico de Vedra e o CEIP San Xoan de Filgueira de Ferrol.

Compartir: