PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Venres 5 de maio do 2006
A Deputación da Coruña concediu 30 prazas ao Concello de Carballo para participar nos Campamentos deportivos 2006, a celebrar do 16 ao 22 de xullo de 2006. O campamento está dirixido a rapaces/as de entre 9 e 13 anos e a cota de inscripción é de 80 euros. A inscrición inclúe transporte de ida e volta, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
BALANCE MENSUAL
Xoves 4 de maio do 2006
O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 27 emerxencias durnate o pasado mes de abril, que arroxou un total de 119 intervencións. No tocante ás emerxencias, destacan en Carballo 11 por accidentes de tráfico e limpezas, 5 por incendios urbáns, 3 por incendios forestais e unha excarcelación.
COMUNICACIÓNS
Xoves 4 de maio do 2006
O Centro Municipal de Formación de Carballo, en colaboración co IGAPE, organiza un Seminario de Difusión das Novas Tecnoloxías. O obxectivo desta xornada formativa será o definir as posibilidades de internet na empresa como instrumento para incrementar a productividade, competitividade e os beneficios en cada área de negocio.
CULTURA
Xoves 4 de maio do 2006
A Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística ven de presentar o Programa das Letras 2006, a desenvolver durante o mes de maio e no que se misturan o teatro, música, e actividades para a promoción da lingua, o libro e a lectura en galego. A exposición de Maxuxa Mallo e a presentación, esta tarde noite, do caderno nº 9 'Andando por Bergantiños. As parroquiascosteiras de Bergantiños', abren os actos a desenvolver ata o vindeiro día 28.
LITORAL
Mércores 3 de maio do 2006
Hoxe mércores estaba prevista a finalización dos traballos de limpeza do litoral de Razo e Baldaio, logo da aparición dun verquido agrupado en bolas de graxa a principios de semana. Operarios de Tragsa avanzaron onte na limpeza das praias, que quedarán xa limpas de residuos durante a xornada de hoxe. É probable que o verquido proceda dalgún tipo de lubricante liberado por algunha embarcación.
LINGUA
Mércores 3 de maio do 2006
Logo de finalizado o prazo de presentación de traballos para o II Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, o pasado día 21 de abril, recibíronse 33 artigos procedentes de toda Galicia. Os membros do xurado xa comezaron coa súa lectura e avaliación individual e reuniranse o vindeiro 9 de maio para facer unha avaliación conxunta e decidir os dous traballos gañadores. A decisión darase a coñecer ese mesmo 9 de maio.
SANIDADE
Mércores 3 de maio do 2006
A conselleira de Sanidade, María José Rubio, asinou esta mañá unha prorroga aos convenios con 13 concellos galegos, entre eles o de Carballo, que xestionan servizos ou están a desenvolver programas de tratamento de drogodependentes. O Concello benefíciase así dunha subvención de 162.872,99 euros, da cantidade global de 3.033.824,11 euros, repartidos entre os concellos de Noia, Ribeira, Santiago, Burela, Monforte, Ourense, Cangas, O Grove, Pontevedra, Porriño, Vigo e Vilagarcía. No acto, celebrado en Santiago, estivo presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
CULTURA
Martes 2 de maio do 2006
Este martes, 2 de maio, conclúe o prazo para a presentación das obras a participar no Concurso do Cartel Anunciador das Festas. Os autores poden utilizar calquera técnica e o gañador recibirá un premio de 450 euros. As obras poderán presentarse até hoxe martes, na concellaría de Cultura, situado no Pazo da Cultua. A técnica é libre e as medidas deben estar comprendidas entre 40 e 55 cm. por un lado e 55 e 75 por outro.
CULTURA
Martes 2 de maio do 2006
Este martes, 2 de maio, inaugúrase no Museo de Bergantiños a exposición Maruxa Mallo. A transgresión feita muller, organizada pola Área de Política de Igualdade de Deputación da Coruña, e na que colaboran o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A exposición estará aberta do 2 ao 18 de maio e será inagurada polo alcalde de Carballo, a concelleira de Muller e algún representante do ente provincial.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Martes 2 de maio do 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou catro expedientes de contratación, incluidos no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal e rede viaria local 2006 O primeiro fai referencia á obra Beirarrúas en Oza. A segunda é da obra Urbanización en Constenla e Casadelas. A terceira é da obra Afirmado de camiños en Cobas e Reboredo. A última fai referencia á obra Afirmado de Camiño en Razo. Aprobáronse tamén dous convenios de Protocolo de asistencia da Dirección General de la Guardia Civil en materia de información automatizada e a solicitude de prórroga do Programa de Prevención Drogodependencias. Ademáis, aprobouse a concesión dunha subvención dentro do convenio co Centro Comercial Aberto.
PROXIMITASPLUS
Venres 28 de abril do 2006
Carballo foi elixido sede dun curso de formación en enerxías renovables de Instalador/a de enerxía solar fotovoltaica e eólica, no marco do Proxecto ProximitasPlus, presentado pola deputación da Coruña ante o Fondo Europeo. A duración do curso é de 900 horas, que se complementarán con titorías individualizadas, acompañamento e orientación laboral e asesoramento para a creación de empresas e o autoemprego.
CULTURA
Venres 28 de abril do 2006
O vindeiro martes, 2 de maio, inaugúrase no Museo de Bergantiños a exposición Maruxa Mallo. A transgresión feita muller, organizada pola Área de Política de Igualdade de Deputación da Coruña, e na que colaboran o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller. A exposición estará aberta do 2 ao 18 de maio e será inagurada polo alcalde de Carballo, a concelleira de Muller e algún representante do ente provincial.