Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Íntegro aposta pola prevención das lesións medulares e o non aos accidentes

PREVENCIÓN

Íntegro aposta pola prevención das lesións medulares e o non aos accidentes

Venres 28 de abril do 2006

A Asociación de Minusválidos Íntegro presentou, no Salón de Plenos do Concello de Carballo, as campañas de Prevención das lesións medulares e Non aos accidentes. Baixo os lemas Por que a ti tamén che pode pasar e Ven e vai de diversión con precaución, a asociación incide na necesidade de previr os accidentes de tráfico e laborais, que ocasionan en moitos casos lesións medulares. O acto, do que participou a delegada provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Tareixa Novo, comenzou coa presentación dun vídeo que será proxectado en 18 institutos das comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. A idea é a de que os xóvenes de entre 14 e 16 anos, que constitúen un grupo de alto risco neste tipo de lesións, se conciencien da posibilidade de prevenir accidentes de tráfico, laborais ou deportivos.

Verónica Santos achega ‘El Prado’ ao Pazo da Cultura

CULTURA

Verónica Santos achega ‘El Prado’ ao Pazo da Cultura

Xoves 27 de abril do 2006

Este xoves, 27 de abril, ten lugar no Pazo da Cultura a conferencia El Prado fuera del Prado, na que se organiza un percorrido pola pintura que se pode atopar neste centro cultural e, en especial, pola historia do retrato. A colaboradora e profesora da área de educación do Museo do Prado, Verónica Santos, é a encargada de impartir a conferencia a partir das 21,00 horas.

A Xunta autoriza a modificación puntal do PXOM na Praza do Concello

URBANISMO

A Xunta autoriza a modificación puntal do PXOM na Praza do Concello

Xoves 27 de abril do 2006

A Consellería de Política Territorial ven de remitir ao Concello de Carballo a autorización para a aprobación definitiva da modificación puntual nº 8 do Plan Xeral de Ordenación Municipal na Praza do Concello. A modificación proposta xustifica as razóns de interese público nas que se fundamenta, consistentes na mellora das dotacións públicas coa ampliación do espazo destinado a mercado municipal e coa creación de aparcadoiros públicos no centro da vila.

‘Íntegro’ presenta unha campaña de prevención de lesión medular

PREVENCIÓN

‘Íntegro’ presenta unha campaña de prevención de lesión medular

Xoves 27 de abril do 2006

A Asociación de Minusválidos Íntegro presenta este venres, 28 de abril, no Salón de Plenos do Concello de Carballo, a campaña de Prevención das lesións medulares e Non aos accidentes. Baixo os lemas Por que a ti tamén che pode pasar e Ven e vai de diversión con precaución, a asociación incide na necesidade de previr os accidentes de tráfico e laborais, que ocasionan en moitos casos lesións medulares. O acto comezará ás 12,00 horas e contará coa presenza, entre outros, do presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Os traballadores sociais dos Servizos Sociais de Atención Primaria reúnense no Pazo da Cultua

SERVIZOS SOCIAIS

Os traballadores sociais dos Servizos Sociais de Atención Primaria reúnense no Pazo da Cultua

Mércores 26 de abril do 2006

A delegada provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, Tereixa Novo, presidirá unha nova xuntanza cos traballadores/as sociais dos Servizos Sociais de Atención Primaria das Comarcas de Fisterra, Terra de Soneira, Bergantiños e de Xallas. A reunión terá lugar este xoves, 22 de abril, a partir das 12,00 horas no Pazo da Cultura, e na mesma falarase do desenvolvemento e acceso ós programas/recursos de Servizos Sociais e a situación actual dos/as traballadores/as sociais.

Presentadas as II Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

INDUSTRIA

Presentadas as II Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético

Mércores 26 de abril do 2006

O director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Xoán Ramón Doldán, presidiu o acto de presentación das II Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético, organizadas pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños e nas que colabora o Concello de Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o presidente de AXOBER, Ramón Antelo, e o concelleiro de Industria e Comercio, Francisco Pérez, participaron tamén do acto celebrado no Salón de Plenos do Concello de Carballo. As xornadas celebraranse do 25 ao 28 de maio, no Pazo da Cultura.

Máis de 30 agrupacións musicais asinan un convenio de actuacións para 2006

CULTURA

Máis de 30 agrupacións musicais asinan un convenio de actuacións para 2006

Mércores 26 de abril do 2006

Representantes de agrupacións musicais do municipio e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinan este mércores 26, a partir das 20,00 horas, o Convenio de Actuacións a favor de Grupos de Música e Danza Tradicional, Masas Corais, Orquestras, Conxuntos e Bandas de Música para o ano 2006. Un total de 34 agrupacións musicais, na súa maior parte pertencentes a asociacións culturais, asinan o convenio. delas, 8 son grupos de danza tradicional, 13 de gaiteiros e cantareiras, 7 masas corais e 6 orquestras ou conxuntos.

O Concello insta á Xunta e á Deputación a suprimir a peaxe da AG-55

SESIÓN PLENARIA

O Concello insta á Xunta e á Deputación a suprimir a peaxe da AG-55

Martes 25 de abril do 2006

A Corporación Municipal de Carballo aprobou, na sesión plenaria ordinaria deste mes de abril, unha moción conxunta de todas as formacións políticas na que se insta á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña a suprimir a peaxe da AG-55, autoestrada que enlaza Coruña e Carballo. Ademáis, o texto recolle as demandas de iniciar, á maior brevidade posible, a vía de alta capacidade até Fisterra, incluindo a circunvalación de Carballo, solucionar a conexión da comarca co porto exterior e incorporar a estrada de Santiago á Rede de Estradas de Galicia.

Éxito de organización da fase final provincial de natación escolar

DEPORTE

Éxito de organización da fase final provincial de natación escolar

Martes 25 de abril do 2006

A fase final provincial de natación de deporte en idade escolar, organizada polo Padroado Deportivo Municipal e o servizo provincial de deportes da Coruña, en colaboración con Begano S.A, foi todo un éxito. A piscina Carballo Calero quedouse pequena polo grande número de afecionados que pasaron na xornada de sábado polas instalacións, con cerca de 800 persos que pasaron pola Piscina en algún momento. A organización da competición foi un absoluto éxito e, no tocante aos resultados deportivos dos nadadores do Padroado, estes alcanzaron una inmellorable posición na categoría benxamín, chegando a quedar como campións provinciais en categoría feminina.

A circunvalación de Carballo será sometida a exposición pública o próximo verán

COMUNICACIÓNS

A circunvalación de Carballo será sometida a exposición pública o próximo verán

Martes 25 de abril do 2006

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Política Territorial, María José Caride, confirmaron esta mañá en Vimianzo ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que o vindeiro verán estará na fase de exposición pública a variante de Carballo. Dase así resposta a unha demanda que data setembro de 2003 e a circunvalación, de 10 quilómetros, enlazará o Polígono Industrial de Bértoa coas salidas a Ordes e Santiago. A Consellería de Política Territorial investirá máis de 15 millóns de euros nesta actuación que, actualmente, está en fase de redacción do estudo informativo.

O Concello demanda a desafectación de dúas vivendas

SESIÓN PLENARIA

O Concello demanda a desafectación de dúas vivendas

Luns 24 de abril do 2006

O Concello de Carballo demandará á Consellería de Educación, na sesión plenaria ordinaria a celebrar este luns, 24 de abril, a desafectación de dúas vivendas na rúa Vázquez de Parga. A intención do Concello é a de que entidades de axuda ou organizacións non gubernamentais podan facer uso dos locais. Os pisos están situados nun bloque de catro edificios e cada un deles posúe seis vivendas.

Remata o programa cultural previsto para o primeiro cuatrimestre do ano

CULTURA

Remata o programa cultural previsto para o primeiro cuatrimestre do ano

Luns 24 de abril do 2006

O programa cultural previsto para o primeiro cuatrimestre do ano remata esta semana cun amplo programa que inclúe un total de seis representacións teatrais e unha conferencia. A principios de semana poranse en escea catro obras que forman parte do programa Teatro na Escola, mentres que o venres será Teatro do Adro quen interprete, en dobre sesión, a obra García.

Compartir: