Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello prevé a construcción dun observatorio de aves en Baldaio

MELLORAS NO LITORAL

O Concello prevé a construcción dun observatorio de aves en Baldaio

Martes 15 de novembro do 2005

O Concello de Carballo ven de presentar, á Fundación Arao, unha proposta para a creación dun observatorio de aves nas Marismas de Baldaio, máis concretamente no lugar coñecido como Fonte de Santa Irene, na parroquia de Lema. Mediante a realización deste proxecto preténdese crear a infraestructura axeitada para a obsevación dunha serie de comuidades avifaunísticas relevantes, ademáis de dotar ao espazo dunha clara sinlalización destes valores para acadar a súa eficiente conservación. Así, co obxectivo de facilitar e por ao alcance de todos e todas o coñecemento do contorno natural de Baldaio, proponse a colocación dunha plataforma elevada, totalmente acondicionada e adaptada para calquera persoa, que faga máis sinxela a observación de lagoa e marismas. Os beneficiarios do proxecto serían os distintos hábitats contidos nesta área, varias especies ameazadas a nivel mundial, ademáis da población local e visitante.

O Concello estudia a posibilidade de instalar una vía de metro lixeiro

TRANSPORTE LIXEIRO

O Concello estudia a posibilidade de instalar una vía de metro lixeiro

Martes 15 de novembro do 2005

Representantes da Cámara de Comercio de A Coruña, Antena Cameral de Carballo e Comisións Obreiras mantiveron unha xuntanza co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na que se falou da posibilidade de instalar unha vía de metro lixeiro entre Carballo e A Coruña. As necesidades de crecemento da localidade e o papel que desenvolve Carballo como cabeceira de comarca foron analizadas para determinar a necesidade dunha infraestructura de comunicación deste tipo.

Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

PLAN INTEGRAL DE ACCESIBILIDADE

Firmado o contrato para desenvolver un Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas

Luns 14 de novembro do 2005

O Concello de Carballo e a empresa FUNDOSA procederon á firma do contrato que posibilitará o desenvolvemento no municipio dun plan de eliminación de barreiras arquitectónicas. O obxectivo é facilitalle ás persoas con mobilidade reducida o tránsito polo o casco urbano, así como a entrada aos edificios municipais.

Autorizados vinte novos vaos permanentes

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados vinte novos vaos permanentes

Luns 14 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno Local aprobou a autorización de vinte novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vados irregulares nas vías urbanas de Carballo iniciada polo Concello a comezos do mes de setembro.

Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicado o contrato para a elaboración do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo

Luns 14 de novembro do 2005

A Xunta de Goberno Local do 14 de novembro acordou adxudicar os traballos para a elaboración dun novo inventrario de bens do Concello, baixo un presuposto de 62.640,00 euros. Unha vez den comenzo os traballos, a prazo para a execución dos mesmos será de catro meses. O goberno municipal pretende así mellorar un servizo que posibilitará a localización, documentación, e rexistro de tódolos bens do Concello que sexan inventariables.

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

PROXECTO SINGRA

Rematan as Xornadas 'Tercer Sector, Empresa e Acción Social'

Venres 11 de novembro do 2005

O Pazo da Cultura acolle a celebración das Xornadas Tercer Sector, Empresa e Acción Social, que conlúen ás oito da tarde deste venres 11 de novembro. Nesta mañá, os directores das obras de Caixa Galicia, Caixanova, Cajamadrid e La Caixa analizacin a acción social dende as caixas de aforros. Ademáis, a Fundación Eroski, Transportes Metropolitanos de Barcelona e a Fundación Vodafone debatiron en torno ás experiencias de financianción de proxectos dende a empresa.

O Concello avanza na tramitación da nova ampliación do Polígono Industrial de Bertoa

POLÍGONO INDUSTRIAL

O Concello avanza na tramitación da nova ampliación do Polígono Industrial de Bertoa

Venres 11 de novembro do 2005

O Concello de Carballo segue a dar pasos na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono de Bértoa. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, plantexou ante o Director Xeral do Instituto de Vivenda e Solo, Daniel Pino Vicente, a necesidade de seguir desenvolvendo o recinto empresarial, coa realización dunha nova ampliación. Ambas partes analizaron dous espazos a desenvolver, de máis de 11 e 42 hectáreas. Un total de 54 hectáreas que virían a complemetar ás 74 da segunda fase.

O Concello elaborará un novo inventario de bens

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello elaborará un novo inventario de bens

Venres 11 de novembro do 2005

A proposta da mesa de contratación para a adxudicación dos traballos para elaborar un novo inventrario de bens do Concello será un dos asuntos da Xunta de Goberno Local a celebrar o luns, 14 de novembro. O goberno municipal pretende así mellorar un servizo que posibilitará a localización, documentación, e rexistro de tódolos bens do Concello que sexan inventariables. O secretario da corporación e o concelleiro de Patrimonio encargaranse da supervisión do inventario. A súa elaboración costará en torno aos 80.000 euros.

Tres conferencias abren as Xornadas ‘Tercer Sector, Empresa e Acción Social’

PROXECTO SINGRA

Tres conferencias abren as Xornadas ‘Tercer Sector, Empresa e Acción Social’

Xoves 10 de novembro do 2005

O Pazo da Cultura de Carballo acolle desde hoxe as primera xornadas que analizan en Galicia a relación entre as empresas e as entidades non lucrativas, baixo o título Tercer Sector, Empresa e Acción Social e organizadas polo proxecto Singra da Cruz Vermella en Galicia e o Concello de Carballo. A recepción de participantes terá lugar ás 15,30 horas e a presentación das Xornadas ás 16,00 horas.

O Concello xestiona unha nova ampliación do solo industrial de Bértoa

POLÍGONO INDUSTRIAL

O Concello xestiona unha nova ampliación do solo industrial de Bértoa

Xoves 10 de novembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manterá o venres, 11 de novembro, unha xuntanza co Director Xeral do Instituto de Vivenda e Solo, Daniel Pino Vicente, en torno á posible ampliación do Polígono Industrial de Bértoa nunha nova fase. A reunión sucede a outra celebrada hai escasos días en Xestur Coruña, onde o Delegado Provincial de Vivenda e Solo, Juan Carlos Bascuas, comprometeuse a facer de valedor ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo para estudiar e dictaminar de qué maneira se pode facer a ampliación.

O jazz, protagonista na segunda fin de semana do Novembro con Música

CULTURA

O jazz, protagonista na segunda fin de semana do Novembro con Música

Xoves 10 de novembro do 2005

Tralas actuacións da Real Filharonía de Galicia, coa colaboración dos Monicreques de Kukas, e o Labirinto dos Soños, o jazz será o protagonista da segunda fin de semana do Novembro con Música do Concello de Carballo. A concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, achega a actuación, o sábado 12 de novembro, de Savoy Jazz ao Pazo da Cultura.

Reanúdase o programa Aprender para Educar

ENSINO

Reanúdase o programa Aprender para Educar

Mércores 9 de novembro do 2005

O venres 11 de novembro reanúdase o programa para nais e pais Aprender para educar, do Concello de Carballo. Xunto coa Asociación Sociopedagóxica Galega, márcase o obxectivo de compartir aprendizaxes, sentimentos e experiencias para que as nais e os pais poidan coñecer as súas aptitudes, melloralas e adquirir estratexias que lles faciliten a prestación da axuda necesaria e eficaz aos seus fillos e fillas. Así, a partir das 20,00 horas do venres, no Pazo da Cultura, celébrase a terceria das xornadas do programa. Unha conferencia a cargo de Ramón Veras Castro, médico de familia, baixo o título Educación para a saúde.

Compartir: