Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Indeza realizará os traballos de estructura da Casa dos Oficios

OBRAS NA MILAGROSA

Indeza realizará os traballos de estructura da Casa dos Oficios

Mércores 9 de novembro do 2005

A empresa Indeza será a encargada de construir a estructura das dúas primeiras naves da Casa dos Oficios de Carballo. O Concello procedeu á firma do contrato coa empresa adxudicataria, que ten intención de comenzar a vindeira semana cos traballos no Campo da Feira da Milagrosa. A obra adxudicouse por algo máis dun millón de euros.

O Concello participará na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

O Concello participará na Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

Martes 8 de novembro do 2005

O Concello de Carballo acollerase, un ano máis, á Campaña de Esquí que, para nenos de 10 a 13 anos, ten proxectado facer a Deputación da Coruña. A actividade está enmarcada dentro da programación deportiva do ente provincial para o ano 2006 e desenvolverase na última semana de xaneiro e durante os meses de febreiro e marzo.

Carballo analiza a relación entre empresas e entidades non lucrativas

XORNADAS DO PROXECTO SINGRA

Carballo analiza a relación entre empresas e entidades non lucrativas

Martes 8 de novembro do 2005

O proyecto Singra da Cruz Vermella en Galicia e o Concello de Carballo organizan as primera xornadas que analizan en Galicia a relación entre as empresas e as entidades non lucrativas. Baixo o título Tercer Sector, Empresa e Acción Social, as xornadas celebraranse os días 10 e 11 de novembro no Pazo da Cultura e contarán coa presenza dos responsables das fundacións Carrefour, Eroski, Vodafone e Transportes Metropolitanos de Barcelona.

A Concha da Solidaridade loce na Casa da Xuventude

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

A Concha da Solidaridade loce na Casa da Xuventude

Martes 8 de novembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presidiu o acto de presentación da Colcha Galega da Solidaridade na localidade, unha iniciativa na que participan as coordinadoras dla Marcha Mundial das Mulleres en Bergantiños e a Costa da Morte. Con calceta e con encaixe, respectivamente, contribuiron á elaboración dunha colcha na que tamen participan todas as demais agrupacións galegas. A Colcha da Solidaridade permanecerá exposta na Casa da Xuventude de Carballo, na segunda pranta, ata o vindeiro día 11.

Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de concelleira

CORPORACIÓN MUNICIPAL

Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de concelleira

Luns 7 de novembro do 2005

A concelleira de Praias, Cemiterio e Terceira Idade, Vanesa Viña, deu a coñecer a súa decisión de renunciar ao cargo de concelleira da Corporación Municipal. A renuncia farase efectiva no pleno a celebrar a finais deste mes de novembro. Vanesa Viña aludiu a motivos laborais para xustifica-la súa desvinculación da Corporación de Carballo.

O Concello acóllese ao Programa Xuntos polo Nadal

SERVICIOS SOCIAIS

O Concello acóllese ao Programa Xuntos polo Nadal

Luns 7 de novembro do 2005

O Concello de Carballo ven de acollerse ao Programa Xuntos polo Nadal, organizado pola Dirección Xeral de Acción Social e dirixido ás persoas maiores que, valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian estar soas no Nadal. No presente ano os beneficiarios da provincia da Coruña disfrutarán deste programa na Residencia de tempo libre de Panxón e no Hotel "Sada Marina" de Sada. A distribución dos participantes para cada un destes destinos levarase a cabo desde a Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

O Padroado Deportivo Municipal convoca as Axudas aos desprazamentos

DEPORTES

O Padroado Deportivo Municipal convoca as Axudas aos desprazamentos

Luns 7 de novembro do 2005

O Padroado Deportivo Municipal ven de convocar as axudas aos desprazamentos dos clubs, entidades, asociacióons deportivas e deportistas individuais non profesionais que participen en competicions deportivas no ambito autonómico da tempada 2004 / 2005. A convocatoria ten por obxecto establecer o réxime de concesión de subvencións a clubes deportivos, entidades deportivas, asociacións deportivas e deportistas individuais con licenza federativa de Galicia que participen en diferentes competicións no ámbito autonómico durante a tempada anterior á do presente exercicio como axuda para os desprazamentos.

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

ASESORAMENTO A INMIGRANTES

O cónsul do Uruguai atende os cidadáns residentes en Carballo

Venres 4 de novembro do 2005

O cónsul do Uruguai, Gonzalo Koncke Pizzorno, desprázase o sábado 5 de novembro a Carballo para atender os problemas e consulas de todos os cidadáns uruguaios residentes na comarca de Bergantiños. O cónsul vai estar á disposición dos interesados a partir das 10.00 horas na sala acondicionada para este fin polo Concello, no Pazo da Cultura.

A Real Filharmonía de Galicia abre o Novembro con Música

LECER

A Real Filharmonía de Galicia abre o Novembro con Música

Venres 4 de novembro do 2005

A música toma o relevo do teatro en Carballo. Tra-la celebración do Festival Internacional Outono de Teatro, o Concello achega esta noite ó Pazo da Cultura a actuación da Real Filharmonía de Galicia. A Real Filharmonía ofrecerá un concerto familiar, xunto cos Monicreques de Kukas, o que supón a primeira das actuacións incluidas no Novembro con Música, que arranca hoxe no municipio.

O Concello apura as xestións para a posible construcción dun campo de golf

XUNTANZA EN MADRID

O Concello apura as xestións para a posible construcción dun campo de golf

Venres 4 de novembro do 2005

O Concello de Carballo segue dando pasos para a posible construcción dun campo de golf na localidade. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Urbanismo e Industria, Manuel Andrade e Francisco Pérez, reunironse en Madrid con representantes da Federación Española de Golf para definir aspectos que redunden na futura construcción da instalación. A posible ubicación e a xestión da instalación foron os principais aspectos que se debateron na xuntanza.

O Concello tramita a posible construcción dun campo de golf

XUNTANZA EN MADRID

O Concello tramita a posible construcción dun campo de golf

Xoves 3 de novembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Urbanismo e Industria, Manuel Andrade e Francisco Pérez, axilizan en Madrid a posible construcción dun campo de golf no municipio. Representantes da Federación Española de Golf reciben ós membros do goberno local coa intención de definir aspectos que redunden na futura construcción da instalación.

O Concello remitirá a Industria, Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro

SUMINISTRO ELÉCTRICO

O Concello remitirá a Industria, Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro

Xoves 3 de novembro do 2005

O Concello de Carballo porá en coñecemento da Delegación Provincial de Industria, Unión Fenosa e Udesa os últimos fallos no suministro eléctrico detectados o pasado martes, coincidindo co temporal que azotou á comarca de Bergantiños. A incidencia máis notoria tivo lugar ó fío da unha e media da tarde, coa caída de dous postes da líña de media tensión entre a Milagrosa e a Feira de Berdillo.

Compartir: