CULTURA
Martes 24 de xaneiro do 2006
A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, ven de convocar unha xuntanza para constituir a Comisión de Festas San Xoan 2006, que se encargará da organización desta celebración. Co obxecto de renovar a Comisión, incorporando novos membros, convídase a todas as entidades e persoas que estén interesadas en formar parte da mesma a asistir a esta reunión, a celebrar o mércores, 25 de xaneiro, no Pazo da Cultura.
OBRAS
Martes 24 de xaneiro do 2006
O vindeiro luns, 30 de xaneiro, comezará, a máis tardar, o encofrado das zapatas sobre as que se colocará a estructura metálica do edificio da Casa dos Oficios, no barrio da Milagrosa. Unha vez se confirme que a resistencia do terreo é a idónea para levantar a estructura, despóis de realizar os traballos de excavación, drenaxe e cubrición, comezarase a traballar sobre o terreo. As estructuras e materiais nos que se traballa na actualidade están xa avanzados, nunhan laboura que seguen a desenvolver os alumnos-traballadores da Escola Obradoiro.
XUNTANZA
Martes 24 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Sanidade, Dores Silveira, veñen de manter unha xuntanza coa Delegada Provincial da Consellaría de Sanidade en A Coruña, na que lle trasladaron diferentes demandas para o Concello. Así, a representación do grupo de goberno local volveu insistir na necesidade dunha ambulancia medicalizada para Carballo, ademáis dun hospital comarcal, para o que achegaron un inforome coa situación sanitaria da localidade. A Delegada Provincial trasladará ao Sergas as demandas do Concello, tras unha xuntanza que se prolongou por espazo dunha hora.
SANIDADE
Luns 23 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Sanidade, Dores Silveira, manteñen este martes, 24 de xaneiro, unha xuntanza coa Delegada Provincial da Consellaría de Sanidade en A Coruña. A representación do grupo de goberno local volverá demandar unha ambulancia medicalizada para Carballo, ademáis dun hospital comarcal.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Luns 23 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou, na Xunta de Goberno Local do luns 23 de xaneiro, a autorización de catorce novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo. As novas licenzas de vado permanente correspóndense coas rúas Gran Vía (3) Vázquez de Parga, Avenida das Flores, Bos Aires, Cuba, Río Sil, Avenida Bergantiños, Río Lérez, Avenida Milagrosa, Andorra, Laracha e Caión. Tamén autorizouse a ampliación dun vao na rua Vázquez de Parga.
DEPORTE
Venres 20 de xaneiro do 2006
O Comité Técnico do Deporte en Idade Escolar da Dirección Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Atletismo, organizan o día sábado, 21 de xaneiro, no Complexo Deportivo de Acea da Ama (Culleredo), a Fase Intercomarcal de Campo a Través do Deporte en Idade Escolar nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete. Por parte das Escolas Deportivas do Padroado Deportivo Municipal competirán un total de 54 atletas.
CULTURA
Venres 20 de xaneiro do 2006
Este venres, 20 de xaneiro, comezan a repartirse, na Ludoteca Municipal, as invitacións para asistir á representación da obra Papirus, a cargo da compañía Xirriquiteula Teatre de Barcelona. O espectáculo está enmarcado dentro do programa dos Venres Culturais do Concello de Carballo, e terá lugar o venres 27 de xaneiro no Pazo da Cultura, a partir das 19,30 horas.
EQUAL
Venres 20 de xaneiro do 2006
O Pazo da Cultura de Carballo acolle este venres, 20 de xaneiro, a presentación da iniciativa En Plan de Igualdade, integrada no Proxecto Equal . Carballo, en conxunto con Cerceda e A Coruña, participa por segunda vez deste proxecto, financiado cos fondos da Unión Europea e das devanditas administracións locais. A iniciativa desenvolve medidas destinadas a promover a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego e a conciliación da vida laboral e familiar.
SUMINISTRO ELÉCTRICO
Xoves 19 de xaneiro do 2006
As melloras que se estaban a realizar na subestación eléctrica da Brea foron as causantes dos fallos no suministro eléctrico rexistrados en varios puntos do Concello nas últimas horas. Así o manifestaron dende Unión Fenosa, despois de que o Concello se puxera en contacto coa empresa suministradora e a Delegación Provincial de Industria, para correxir canto antes as deficiencias.
INCREMENTA O TEU INTERESE
Xoves 19 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo, a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Policía Local e dentro da campaña Incrementa o teu interese, de promoción lingüística no ámbito socioeconómico de Carballo, distribuirá 5.000 discos de control para o aparcamento na Zona Azul co lema da campaña. Estes discos pódense recoller nas dependencias da Policía Local e no Pazo da Cultura.
XUNTANZA NA DELEGACIÓN PROVINCIAL
Xoves 19 de xaneiro do 2006
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Manuel Pan, veñen de manter unha xuntanza co Delegado Provincial da Consellaría de Medio Ambiente, Manuel Tajes, na que falaron de diferentes demandas do Concello nesta área, como a contenerización soterrada, depuración na rede de alcantarillado ou a instalación das Illas Verdes. O Delegado provincial valorou moi positivamente as propostas do Concello e estudiará as mesmas no vindeiro mes, para confirmar que actuacións gozarán coa colaboración da Consellaría.
CULTURA
Mércores 18 de xaneiro do 2006
O grupo de cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Vladimir Prjevalski, será o encargado de abrir os concertos previstos na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. A cita é este venres, 20 de xaneiro, a partir das 21,00 horas no Pazo da Cultura.