OBRAS
Martes 10 de xaneiro do 2006
Durante a tarde noite do martes reanudáronse as obras de construcción da rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa. Os traballos foron adxudicados á Unión Temporal de Empresas GAOS Contratas y Construcciones SL e Obras y Contratas AEDES SL, no prezo de 157.979,70 euros. O prazo de execución dos traballos é de 6 meses.
CARBALLO LIMPO
Martes 10 de xaneiro do 2006
A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo colocou un total de 95 colectores -de reciclaxe de papel, reciclaxe de vidro e lixo- desde o mes de xuño do ano 2006. A medida, levada a cabo conxuntamente polas concellarías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, é unha máis das que se desenvolven dentro da campaña Carballo Limpo. O obxectivo que persegue esta iniciativa é a de mellorar os servizos aos veciños do Concello, ademáis de favorecer a reciclaxe e facer máis cómoda a utilización dos colectores para o usuario. En total colocáronse 19 colectores para a reciclaxe de papel, 17 para a reciclaxe de vidro e 59 para o lixo.
VISITA INSTITUCIONAL
Luns 9 de xaneiro do 2006
A Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Mª Esther González Saavedra, visita este martes, 10 de xaneiro, Carballo. A visita serverá para que a Delegada Provincial coñeza as obras de acondicionamento que se están a desenvolver no Concello -das que participa a Consellería de Presidencia mediante subvención- e visite, con posterioridade, o Edificio dos Xulgados.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Luns 9 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar a solicitude de dúas subvencións á Deputación da Coruña en materia de servizos sociais e políticas de igualade. O importe global das mesmas supera os 200.000 euros e a súa solicitude responde á convocatoria de programas dirixidos a concellos para actividades e investimentos da Deputación Provincial da Coruña, coa finalidade de apoiar aos concellos na creación ou no mantemento de actividades na política de igualdade entre mulleres e homes. Esta convocatoria coincide coa de subvencións dirixidas aos concellos para Programas de Desenvolvemento de Servicios Sociais no ano 2006.
OBRAS
Luns 9 de xaneiro do 2006
O Concello de Carballo ven de iniciar a dotación de beirarrúas no entorno do Insituto Alfredo Brañas, no treito que vai desde o colexio das Monxas até o Pavillón Vila de Noia. As obras de construcción comezaron onte na esquina do colexio, do que está previsto reformar a escaleira para mellorar a accesibilidade. Nesa marxe dereita da rúa continuará a colocación de beirarrúas até o cruce coa rúa Vila de Corcubión, para seguir por diante do instituto Alfredo Brañas e un tramo da rúa Vila de Ordes.
LECER
Xoves 5 de xaneiro do 2006
Este xoves, 5 de xaneiro, Carballo recibe a tradicional visita dos Reis Magos, cunha cabalgata que encherá de cor as rúas do concello e onde os máis pequenos serán os verdadeiros protagonistas. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas.
TELECOMUNICACIÓNS
Xoves 5 de xaneiro do 2006
A empresa de telecomunicacións R ten previsto comenzar esta semana as obras de instalación da súa rede de fibra óptica no casco urbano de Carballo. Os traballos comezarán, en principio, no barrio de San Cristóbal, aproveitando as canalizacións que a compañía xa ten instaladas na autovía AG-55. Con posterioridade, a obra continuará pola zona centro cara as rúas Vázquez de Parga e Coruña, onde xa están as conexións instaladas. R achegará a Carballo os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión a máis de 11.000 fogares e locais empresariais carballeses, froito do convenio asinado pola empresa e o Concello de Carballo o pasado mes de novembro.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Mércores 4 de xaneiro do 2006
A Xunta de Goberno Local reunirase o vindeiro luns, 9 de xaneiro, en sesión ordinaria. Na mesma, debatiranse as solicitudes de dúas subvencións á Deputación da Coruña. A primeira fai referencia ao fomento da política de igualdade ente mulleres e homes durante o ano 2006, mentres que a segunda sería para programas de Sevizos Sociais.
CULTURA
Mércores 4 de xaneiro do 2006
O xoves, 5 de xaneiro, Carballo recibirá a tradicional visita dos Reis Magos. A Cabalgata comezará coa chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley, ás 17,45 horas en coches descapotables, onde saudarán aos nenos e nenas antes de subir ás carrozas. A saída do Centro Comercial está prevista para as 18,00 horas e a chegada á Praza do Concello contra as 20,00 horas.
CULTURA
Martes 3 de xaneiro do 2006
A imposibilidade de celebrar o Festival Infantil no Pavillón Polideportivo Bergantiños non deixará aos nenos sen actividades que realizar durante este martes e mércores. O Nadal Cultural do Concello de Carballo pon en marcha de diferentes obradoiros na Ludoteca Municipal, como o que o luns se realizou cunha Carta Xigante. Os de Maquillaxe, Construcción de Xoguetes con Material de Refugallo e a Creación dun Conto de Nadal son os que se contemplan para a diversión dos máis novos durante estes días.
BASES NAÚTICAS
Martes 3 de xaneiro do 2006
O arenal de Razo contará, no período estival, cun plan de actividades naúticas que pretende socializar e popularizar este tipo de deportes. Baixo o nome de Bases Naúticas, este proxecto permitirá o desenvolvemento de actividades para a práctica de deportes naúticos en todas as súas modalidades.
ITV MÓBIL
Martes 3 de xaneiro do 2006
A unidade móbil de inspección técnica de vehículos continúa este martes, 3 de xaneiro, e o mércores, 4 de xaneiro, en Carballo, para realizar inspeccións técnicas periódicas de vehículos, incluidos os agrícolas. As inspeccións comenzaron a luns e, para todos os interesados, asignarase día e hora de atención ao público, directamente na unidade móbil dende o primeiro día de chegada á localidade ou chamando ao teléfono 609116970.