Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
A Comisión de Urbanismo aborda a apertura da rúa Grabador Manuel Facal

COMISIÓNS INFORMATIVAS

A Comisión de Urbanismo aborda a apertura da rúa Grabador Manuel Facal

Martes 22 de novembro do 2005

Xunto coa proposta do Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación da Coruña, a comisión informativa de Urbanismo e Desenvolvemento abordará na sesión do mércores 23, ás 18,15 horas, a iniciación de expediente de ocupación directa para apertura da ampliación da rúa Grabador Manuel Facal. O obxectivo da actuación sería o de poder comunicar as rúas Gran Vía e Vila de Negreira e desconxestionar o tráfico da zona centro.

A comisión informativa de Urbanismo recolle o Plan de Obras e Servicios 2006

COMISIÓNS INFORMATIVAS

A comisión informativa de Urbanismo recolle o Plan de Obras e Servicios 2006

Luns 21 de novembro do 2005

O mércores 23 de novembro celebranse as comisións informativas de Urbanismo e Desenvolvemento, Asuntos Económicos e Especial de Contas e de Acción Social, Participación e Persoal. Un dos asuntos que se debatirá na comisión de Urbanismo será a aprobación do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal P.O.S. 2006 e Plan Complementario. O Plan de Obras e Servicios 2006 da Deputación de A Coruña inclúe unha asignación ao concello de Carballo de 600.613,14 euros, debendo realizar o Concello unha aportación municipal mínima obrigatoria dun 5% para cada inversión. As obras incluidas no Plan de Cooperación son un total de nove, baixo un importe total de 764.018,02 euros. As incluidas no Plan Complementario son catro, cun orzamento de 46.320,42 euros.

O Concello traslada diversas prioridades á Conselleira de Cultura e Deporte

XUNTANZA EN SANTIAGO

O Concello traslada diversas prioridades á Conselleira de Cultura e Deporte

Luns 21 de novembro do 2005

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira delegada de Cultura, Belén Lendoiro, mantiveron unha xuntanza en Santiago coa Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo. A reunión serviu para que os representantes do grupo de goberno trasladaran diferentes prioridades para a localidade, como o aumento da colaboración e o apoio da Consellería de Cultura no deseño da programación cultural de Carballo, coa pretensión de que sexa un referente comarcal, ou o Investimento en equipamento cultural para as asociacións, sobre todo nas parroquias. Neste sentido cabe destacar a necesidade de mellora do centro social de Berdillo.

O Concello e R firmarán un convenio de colaboración

TELECOMUNICACIÓNS

O Concello e R firmarán un convenio de colaboración

Luns 21 de novembro do 2005

A Xunta de goberno local de Carballo ven de autorizar o proxecto presentado pola empresa R para achegar a todo o casco urbano da localidade a súa rede de fibra óptica, de máis de 21 kilómetros. A compañía xa deixou preparadas as canalizacións na zona centro, coincidindo coa realización das obras das rúas peonís e a travesía principal, ademáis de presentar o seu producto aos veciños do casco urbano durante os últimos días. O vindeiro venres está previsto que o Concello e a empresa asinen o convecnio de colaboración que permitirá a próxima chegada de R a Carballo.

Carballo acolle a fase final do certame teatral Na Vangarda 2005

CULTURA

Carballo acolle a fase final do certame teatral Na Vangarda 2005

Venres 18 de novembro do 2005

O Pazo da Cultura de Carballo será escenario a finais do mes de novembro e o primeiro día de decembro da representación das obras finalistas do Certame Galego de Novos Creadores Na Vangarda 2005. Trátase da fase final dun certame na que participan grupos teatrais non profesionais, dos cales só un 25% dos compoñentes do grupo pode superar os trinta anos. O evento presentouse no Concello de Carballo, coa presenza do Director Xeral de Xuventude e Solidaridade, Rubén Cela, do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e outros membros da corporación municipal.

As obras da Casa dos Oficios iniciaranse a vindeira semana

OBRAS NA MILAGROSA

As obras da Casa dos Oficios iniciaranse a vindeira semana

Venres 18 de novembro do 2005

A empresa Indeza comezará a semana que ven as obras das dúas primeiras naves da futura Casa dos Oficios de Carballo, tras proceder este venres 18 de novembro á firma da acta de replanteo. O coste dos traballos ascende a algo máis dun millón de euros e, unha vez se remate a obra, serán os alumnos da Escola Taller os encargados de completar o proxecto. Según manifestou a empresa, un topógrafo desprazarase a principios da vindeira semán ao lugar para determinar a profundidade da excavación e, con posterioridade, dar inicio aos traballos.

A música volve a ser protagonista a fin de semana

NOVEMBRO CON MÚSICA

A música volve a ser protagonista a fin de semana

Venres 18 de novembro do 2005

O grupo de música antiga 1.500 abre este venres a terceira fin de semana do Novembro con Música do Concello de Carballo. A música medieval e do renacemento terá o seu oco no Pazo da Cultura, a partir das nove da noite. A Deputación da Coruña colabora neste cuarto concerto do programa, que vivirá un novo episodio o sábado 19 de novembro co Festival de Corais.

O Pazo da Cultura acolle unha exposición sobre o Prestige

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle unha exposición sobre o Prestige

Xoves 17 de novembro do 2005

A mobilización social posterior ao afundimento do Prestige é o elemento principal da exposición que, con motivo do terceiro ano do naufraxio do petroleiro, se inaugura hoxe xoves, 17 de novembro ás 20.30 horas, na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Carballo. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega achega esta exposición, composta de vintatrés fotografías de Manuel Graña, Xurxo Lobato, Roberto Varela, Ánxel Trillo, Barca Noya e Elena Agulleiro.

O Concello e o CIM presentan as Xornadas Palabra de Muller

TERCEIRA EDICIÓN

O Concello e o CIM presentan as Xornadas Palabra de Muller

Xoves 17 de novembro do 2005

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o vindeiro 25 de novembro, o Concello de Carballo e o Centro de Información á Muller veñen de presentar os actos que se desenvolveran no munipio. A Feira das Asociacións, o xoves 24 de novembro, e as Terceiras Xornadas Palabra de Muller, o venres 25 de novembro, completan un programa que comeza a consolidarse na capital da comarca de Bergantiños.

O Director Xeral de Xuventude visita Carballo

VISITA INSTITUCIONAL

O Director Xeral de Xuventude visita Carballo

Xoves 17 de novembro do 2005

O Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, realiza unha visita institucional ao Concello de Carballo o venres, 18 de novembro. Ademáis de presentar o Programa de Teatro na Vangarda, o director xeral visitará, en compañía do alcalde da localidade, Evencio Ferrero, o Centro de Formación e a Casa da Xuventude.

Comeza o despregue do Dispositivo de Formación e Acompañamento ó Emprego

PROXECTO RURBANET

Comeza o despregue do Dispositivo de Formación e Acompañamento ó Emprego

Mércores 16 de novembro do 2005

O Dispositivo de Formación e Acompañamento ó Emprego, comprendido na Estratexia C do Proxecto RURBANET en virtude do Artigo 6 do regulamento do Fondo Social Europeo e promovido pola Deputación de A Coruña, está dirixido a tódolos xóvenes que desexen levar a cabo o seu proxecto de emprego. Éste pódese referir á creación dunha empresa ou á mellora da ocupación existente.

O Concello firma o contrato para a mellora de varias pistas do municipio

PLAN DE OBRAS E SERVICIOS

O Concello firma o contrato para a mellora de varias pistas do municipio

Mércores 16 de novembro do 2005

O Concello de Carballo procede este xoves, 17 de novembro, á firma das obras de afirmado de camiños en Carballo, Entrecruces e Cances, incluida no Plan de Obras e Servicios da Deputación de A Coruña. A Xunta de Goberno Local aprobara acordar a adxudicación da obra na sesión do 17 de outubro. O orzamento total da actuación ascende aos 42.200 euros.

Compartir: