URBANISMO
Mércores 26 de outubro do 2005
O concelleiro delegado de Urbanismo, Manuel Andrade, mantivo unha reunión co Director Xeral de Urbanismo na que se abordaron tódalas modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O encontro foi, según Andrade Cristóbal, moi satisfactorio, xa que "os problemas e resolucións das modificacións puntuais teñen todas solución", comentou o concelleiro de Urbanismo.
SESIÓN PLENARIA
Mércores 26 de outubro do 2005
Durante o Pleno municipal do 25 de outubro, José Antonio Periscal presentou a súa renuncia como concelleiro delegado de Deportes e Emigración, despois de pouco máis de dous anos como Concelleiro. A renuncia de José Antonio Persical provocará cambios no reparto de competencias do grupo municipal do BNG. O alcalde, Evencio Ferrero asumirá a área de Deportes, en tanto que Emigración dependerá da nova concelleira, Dolores Silveira, que tamén asumirá as áreas de Muller e Sanidade. Juan Ramón García del Río seguirá tendo responsabilidades en materia de Servizos Sociais.
LECER
Mércores 26 de outubro do 2005
A Filharmonía de Galicia e os Monicreques de Kukas abrirán, o videiro 4 de novembro, ás 19,30 horas, o Novembro con Música 2005 do Concello de Carballo. O alcalde da localidade, Evencio Ferrero, o director xeral de Cultura, Luis Bará, e a delegada provincial de Cultura, Milagros Lantes, presentaron esta primeira actuación, antes de visita-las instalacións do Pazo da Cultura. A Real Filharmonía de Galicia interpretará Don Quixote (Suite) -Georg Philipp Teleman-, Catro cancións sobre textos de Manuel Curros -Orquestación de Juan Durán- e El retablo de Maese Pedro -Manuel de Falla-.
REUNIÓN EN CARBALLO
Martes 25 de outubro do 2005
Os Concellos de Carballo, Santa Comba, Cerceda e Tordoia demandarán da Xunta de Galicia a mellora da estrada AC-400, entre Sigrás e Muros. Os catro alcaldes destes municipios, Evencio Ferrero, José Antonio Toja, José García Liñares e Antonio Pereiro, celebraron unha xuntanza da que trascendeu a necesidade de participar dunha reunión coa conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, na que lle exporán o deficiente estado que presenta o vial, nun tramo de catorce kilómetros. O encontro entre os catro rexedores tivo lugar na casa do Concello de Carballo, que foi quen promoveu a devandita reunión.
FIOT
Martes 25 de outubro do 2005
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, organizado pola asociación Telón e Aparte e o Concello de Carballo, entra na súa recta final. A vindeira fin de semana, ademáis das obras a representar -que serán o sábado, domingo e martes-, o Pazo da Cultura acollerá a celebración do V Certame de Dramatización de Monólogos Cómicos, do que xa se coñecen os seus finalistas. A cervexería Dublín acolleu a fin de semana as fases previas, das que resultaron gañadores Aitor Rey, cos seus Pisos de Estudantes, e Essam Nnechacchi, con Tío Sam Productions.
SESIÓN PLENARIA
Martes 25 de outubro do 2005
A renuncia de José Antonio Persical ó seu cargo de concelleiro é un dos asuntos que abordará a corporación municipal na sesión plenaria extraordinaria do 25 de outubro, a partir das 20.30 horas. É un dos dazaseis puntos que conforman a orde do día, na que destacan asuntos como a participación do Concello de Carballo no Plan de Investimentos Locais 2005 da Deputación de A Coruña, a proposta de ampliación da Zona Azul na rúa Fomento e a aprobación do proxecto básico de instalacións portuarias en Razo.
APARCADOIRO NA RÚA COLÓN
Luns 24 de outubro do 2005
O Concello de Carballo comenzou a entrega-las tarxetas de residentes que poderán utiliza-los aparcadoiros da marxen ezquerda da rúa Colón. De momento, o Concello emitíu un total de vinte tarxetas, aínda que segue a tramitar algunha solicitude máis.
REUNIÓN ALCALDES
Luns 24 de outubro do 2005
Os alcaldes de Carballo, Santa Comba, Cerceda e Tordoia manterán unha xuntanza na casa do Concello coa intención de analiza-lo deficiente estado que presenta a estrada AC-400, entre Sigrás e Muros. O deterioro da vía faise notorio nos catro municipios e en Carballo afecta especialmente ás parroquias de Berdillo, Sofán e Rus. Os catro rexedores municipais consideran necesario demandar unha entrevista na Consellería de Política Territorial có ánimo de favorecer o seu arranxo para unha mellora da comunicación.
LECER
Venres 21 de outubro do 2005
Yllana e L’Om Imprebís volverán a alza-lo telón do Pazo da Cultura na segunda fin de semana de representacións do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. As compañías madrileña e valenciana únense sobre o escenario para presentar os mellores sketches de Monty Python, mestres do humor absurdo, surrealista e inxenioso. O sábado Teatro del Noctámbulo achega o seu espectáculo El Búfalo Americano e, o domingo, será o turno do francés Inmo, coas suas Historias con y sin bolas.
PLAN DE INVESTIMENTOS LOCAIS
Venres 21 de outubro do 2005
A sesión plenaria ordinaria deste mes de outubro, a celebrar o martes 25 a partir das 20.30 horas, inclúe a participación do Concello de Carballo no Plan de Investimentos Locais da Deputación de A Coruña correspondente a este exercicio. O proxecto inclúe actuacións íntegramente das redes de saneamento de diferentes parroquias do municipio. A inversión prevista para estas actuacións ascende a 790.019,02 euros. Tamén lévase a aprobación do Plan Complementario, no que se inclúen actuacións para seren financiadas cos remanentes que se puideran xerar polas baixas de licitación producidas nas obras incluidas no anterior apartado. A súa aprobación definitiva queda condicionada a que efectivamente se produzan.
SESIÓN PLENARIA
Venres 21 de outubro do 2005
O grupo de goberno de Carballo elevará a sesión plenaria do vindeiro martes a ampliación da Zona Azul na rúa Fomento. A proposta recolle a dotación de 22 prazas de aparcamento limitado pola zona azul na marxe dereita da rúa, dirección Coristanco. O goberno local trata de dar así resposta á petición dun grupo de comercios da zona co obxectivo de dinamizar máis un enclave que sigue medrando a nivel empresarial e comercial. Outro dos asuntos a debatir no pleno será unha modificación do proxecto de obra de acondicionamiento e mellora da travesía Carballo-Fisterra, co gallo de facer unha rotonda na entrada de Conservas Calvo.
RENUNCIA
Xoves 20 de outubro do 2005
O concelleiro de Deportes e Emigración, José Antonio Periscal, deu a coñecer a súa renuncia ó cargo de concelleiro da Corporación Municipal. A renuncia presentouse este xoves e se fará efectiva no pleno a celebrar o vindeiro martes. José Antonio Persical aludiu a motivos estrictamente persoais para xustifica-la súa desvinculación da Corporación de Carballo.