HOMENAXE
Xoves 6 de outubro do 2005
O alcalde, Evencio Ferrero, recibiu de mans do director da axencia da Once en Carballo, Ángel Otero Vidal, unha placa orixinal de aluminio que reproduce o cupón que a organización lle dedica a Carballo, o xoves 6 de outubro na Alcaldía. O luns 10 de outubro a Once porá á venda 5.700.000 cupóns coa imaxe de Carballo.
FORMACIÓN
Mércores 5 de outubro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mantivo unha entrevista co director xeral de Promoción do emprego, Álvaro Ansías Bacelar, no que lle solicitou unha nova escola obradoiro que complete os ciclos formativos que ofrece o municipio. Os módulos que se pretenden instalar son electricidade, xardinería e pintura.
SEGURIDADE
Mércores 5 de outubro do 2005
A Xunta de seguridade celebrada o 5 de outubro acordou facer efectivas no que queda de ano unha serie de medidas para incrementar a seguridade en Carballo. Outra das demandas que se presentaron no encontro foi a solicitude dun terceiro xulgado para o municipio e dun corpo de Policía do estado.
LECER
Mércores 5 de outubro do 2005
O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Deportes e Emigración, pon en marcha dende o mes de outubro un programa de exercicio físico para a terceira idade, dirixido a persoas maiores de 60 anos da zona. Os interesados en participar poderán obter máis información na residencia da terceira idade en horario de 10.00 a 10.45 horas, ou ao Pazo da Cultura en horario de 11.00 a 11.45 horas, os martes, mércores e venres..
CULTURA
Martes 4 de outubro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo acordou aprobar as bases da convocatoria de subvencións para a realización do Programa anual de actividades para o ano 2005, en colaboración coas asociacións culturais do municipio. Para a concesión destas axudas o Concello destina un presuposto de 21.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Martes 4 de outubro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo aprobou a addenda ao convenio de colaboración subscrito no mes de maio coa Cámara oficial de Comercio e Industria da Coruña e co Consello superior de Cámaras oficias de Comercio, Industria e Navegación de España.
EMPREGO
Martes 4 de outubro do 2005
O Servizo de orientación laboral do Centro municipal de formación realizará a preselección de traballadores para cubrir 35 postos de diversos tipos para o Mercadona de Carballo. Os interesados deberán chamar ao teléfono 981 755 211 para concertar unha cita coas responsables do servizo, que estarán á disposición do público en horario de 9.00 a 12.00 horas, de luns a venres, e de 16.00 a 18.00, os mércores e xoves.
ESCOLA DE PAIS E NAIS
Luns 3 de outubro do 2005
O Concello de Carballo e a Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) continúan co programa Aprender para educar, unha iniciativa coa que se pretende formar e axudar os pais e nais para mellorar a súa comunicación cos fillos e a súa tarefa educativa. O programa preséntase o 7 de outubro cunha conferencia de apertura titulada A favor da educación.
LINGUA
Luns 3 de outubro do 2005
O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, inicia unha campaña para promocionar o uso do galego no ámbito socioeconómico. Nesta acción inclúese información para que os comerciantes tomen conciencia da necesidade de empregar a lingua propia, ademais de cursos de mellora da comunicación empresarial e de atención ao público.
NOVIDADES
Venres 30 de setembro do 2005
O rueiro do casco urbano de Carballo xa se pode descargar da páxina web municipal. O mapa está á disposición de todos os interesados en formato pdf, e pódese acceder a el dende a área denominada Coñece Carballo, no apartado no que se fai referencia á poboación e ao territorio.
LECER
Venres 30 de setembro do 2005
O Festival internacional Outono (Fiot) é unha das citas teatrais máis importantes de Galicia. A XIV edición celébrase en Carballo entre o 14 de outubro e o 1 de novembro. Ademais das representacións, no marco do festival organizaranse actividades paralelas como o teatro de rúa, un certame de monólogos cómicos, un concurso escolar de teatro lido ou unha exposición de fotografía.
ESPECTÁCULOS
Xoves 29 de setembro do 2005
O XVI Festival internacional de música de pulso e púa leva ao Pazo da Cultura de Carballo a actuación de Carrapa do Cavaquinho & Cía de música, o venres 30 de setembro. O grupo brasileiro presenta en Carballo o seu jazz do cerrado, unha representación da música carioca, que combinan co coro e outros ritmos brasileiros.