CULTURA
Mércores 21 de setembro do 2005
O Museo de Bergantiños de Carballo acolle a mostra Galicia, camiño celeste do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato. O alcalde, Evencio Ferrero, inaugura a mostra o xoves 22 de setembro ás 20.30 horas, que estará aberta ao público ata o o 20 de outubro.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Mércores 21 de setembro do 2005
A construción do hospital comarcal en Carballo para "reducir as listas de espera e mellorar a calidade asistencial" en Bergantiños foi unha das demandas que o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e os concelleiros delegados de Urbanismo, Manuel Andrade, e Facenda, José Antonio Viña, lle presentaron ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, durante o encontro que mantiveron o 21 de setembro.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Mércores 21 de setembro do 2005
O vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, mantivo un encontro co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e cos concelleiros delegados de Urbanismo, Manuel Andrade, e de Facenda, José Antonio Viña, no que se lle presentaron diversos proxectos sobre os que anunciou o compromiso da Xunta de Galicia. Anxo Quintana sinalou tamén a súa vontade "de que o goberno tripartito de Carballo siga xerando proxectos ilusionantes para o concello".
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Martes 20 de setembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado dos concelleiros delegados de Urbanismo, Manuel Andrade, e de Facenda, José Antonio Viña, manterán unha reunión co vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, na que lle presentarán un plan estratéxico para o desenvolvemento de Carballo a curto e medio prazo. O obxectivo deste encontro é "demandar o apoio do goberno galego", segundo indicou o alcalde.
DEPORTE
Martes 20 de setembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asina o mércores 21 de setembro a acta de recepción da segunda fase das obras de acondicionamento da zona do Chorís. As novas instalacións - construídas co orzamento municipal - enmárcanse no obxectivo de primar investimentos en espazos educativos do Concello, "posto que a educación pública é unha das prioridades do Goberno municipal", segundo explicou o alcalde.
ESPECTÁCULOS
Martes 20 de setembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o director de Caixanova en Carballo, José Ulfe Bugallo, presentaron a obra Un home de sorte, no que colabora tamén a Deputación da Coruña. O espectáculo, que terá lugar o xoves 29 de setembro, está protagonizado polo coñecido actor Juan Luis Galiardo.
ENSINO
Luns 19 de setembro do 2005
O Concello de Carballo aprobou definitivamente o regulamento do Consello escolar municipal, co que se pretende implicar os colectivos sociais relacionados na elaboración e execución da política educativa municipal. O obxectivo da creación deste organismo de asesoramento e consulta é o de asegurar a fluidez de comunicación entre os centros de ensino e o goberno municipal para "continuar ofrecendo un ensino de calidade", segundo se explica no texto do regulamento.
ACTO DIVULGATIVO DA PER LOCA MARÍTIMA
Luns 19 de setembro do 2005
A Concellaría de Turismo organiza, en colaboración co colectivo Avante Costa da Morte, unha conferencia para promocionar e pór en valor a Per loca marítima, o roteiro romano que ía de Braga a Lugo cun punto de encontro destacado en Carballo. A cita será o sábado 24 de setembro ás 12:00 no Pazo da Cultura.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Xoves 15 de setembro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo aprobou durante a súa reunión do 15 de setembro, as bases xerais para a provisión de catro prazas de funcionarios incluídas na oferta de emprego público do Concello para o ano 2005. O Goberno municipal pretende que esta incorporación de persoal cualificado sirva para modernizar a administración local e mellorar o servizo que se lle ofrece aos cidadáns, para o que se introducirán elementos obxectivos no proceso de selección dos aspirantes.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Xoves 15 de setembro do 2005
O Concello de Carballo acordou - durante a sesión da Xunta de Goberno local do 15 de setembro - adxudicar subvencións ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (anpa) para a realización de actividades durante o ano 2005, por importe un total de 7.000 euros. Así mesmo, decidiu adxudicar axudas a a diversos centros de ensino para a realización de viaxes culturais no ano 2005. O total destas subvencións ascende a 7.060 euros.
OBRAS DE ACONDICIONAMENTO
Xoves 15 de setembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibiu os delegados provinciais de Medio ambiente e de Pesca, así como os axentes sociais implicados no proxecto medioambiental Razo - Baldaio. Durante a reunión que mantiveron chegaron a un acordo para comezar a executar a primeira fase antes de finais de ano. Dende o Concello sinalouse que con este acordo quedou desbloqueado o proxecto.
VISITA INSTITUCIONAL
Xoves 15 de setembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, acompañado doutros membros da Corporación municipal recibiu a visita da delegada provincial de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Tereixa Novo. Tras a recepción oficial na Casa do Concello, a delegada provincial visitou diversas instalacións municipais.