OSERVATORIO SOCIOECONÓMICO
Luns 5 de setembro do 2005
Adaptar a oferta formativa ás características e necesidades da Costa da Morte é un elemento básico para desenvolver a actividade emprendedora na comarca, segundo se desprende das conclusións tiradas polo Observatorio socieconómico local de Carballo. Consonte a isto, as liñas de actuacións prioritarias para dinamizar este sector baséanse na creación de cultura empresarial, nos incentivos fiscais e no acceso a formación específica.
SINATURA DE CONVENIO
Luns 5 de setembro do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asina o martes 6 de setembro un convenio de colaboración con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para realizar tres cursos de formación ocupacional: chapista - pintor de vehículos, instalador eléctrico e maquinista de confección industrial. Estas actividades desenvolveranse no cuarto trimestre do ano 2005 nas instalacións municipais.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Venres 2 de setembro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo acordou conceder cinco licenzas de obra para a construción de diversos edificios no núcleo urbano do concello, nas que se crearán 78 novas vivendas. As obras iniciaranse no prazo máximo de seis meses contados a partir da recepción da notificación da concesión da licenza e o prazo límite é de tres anos.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Venres 2 de setembro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo acordou conceder cinco licenzas de obra para a construción de diversos edificios no núcleo urbano do concello, nas que se crearán 78 novas vivendas. As obras iniciaranse no prazo máximo de seis meses contados a partir da recepción da notificación da concesión da licenza e o prazo límite é de tres anos.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Venres 2 de setembro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo acordou conceder axudas económicas a colectivos e asociacións sen ánimo de lucro para desenvolver actividades no eido dos Servizos sociais. Aprobouse a concesión de 13 subvencións por un importe total de 14.810 euros.
EXPEDIENTES DE CONTRATACIÓN
Venres 2 de setembro do 2005
O Concello de Carballo decidiu adxudicar a segunda fase do paseo fluvial do Anllóns a unha Unión Temporal de Empresas (U.T.E) composta por dúas firmas, que realizará as obras de acondicionamento por un total de 369.300 euros, o que significou unha baixa dun 26,14% (13.700 euros) en relación co tipo de licitación do que se partía, un total de 500.000 euros. A empresa terá 12 meses para realizar o proxecto.
LICENZAS MUNICIPAIS
Xoves 1 de setembro do 2005
O concelleiro delegado de Facenda, Patrimonio e Contratación, José Antonio Viña Patiño, anunciou que nos próximos días se realizará unha "exhaustiva inspección" no sistema viario urbano para detectar os sinais de vado permanente que non teñan licenza municipal. O edil sinalou que os cidadáns que desexen contar coa licenza deberán presentar a correspondente solicitude no Concello. "O trámite é moi sinxelo para o cidadán", indicou.
NOMEAMENTO
Xoves 1 de setembro do 2005
A concelleira delegada de Sanidade, Servizos sociais e Muller, Milagros Lantes Seara, presentou o 1 de setembro a súa demisión no Concello de Carballo para poder asumir a Delegación provincial da Consellaría de Cultura e Deportes. Milagros Lantes Seara amosouse "contenta e ilusionada fronte ao novo reto" e agradeceulle ao BNG "que pensara nunha persoa da corporación municipal de Carballo para un posto de responsabilidade", sinalou.
XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Xoves 1 de setembro do 2005
A Xunta de Goberno local de Carballo, durante a súa sesión do 1 de setembro, aprobou a convocatoria da VIII edición do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, que repartirá un total de 1.350 euros entre os gañadores. O prazo para presentar os traballos comeza o 26 de setembro e remata o 7 de novembro.
CATASTRO DE BENS INMOBLES
Mércores 31 de agosto do 2005
O Concello de Carballo continúa coa segunda fase dos traballos de revisión do Catastro de bens inmobles rústicos. Os veciños da parroquia de Entrecruces poderán retirar as súas cédulas de propiedade de fincas rústicas durante os días 5, 6, 7 e 8 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
MELLORAS NOS AREAIS
Mércores 31 de agosto do 2005
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, anunciou que a empresa Ponciano Nieto, adxudicataria do acondicionamento do aparcadoiro do areal de Razo, ten previsto rematar o 31 de agosto os traballos de pintado das prazas, o que suporá "un mellor aproveitamento do espazo de estacionamento por parte dos usuarios da praia".
OBRAS NA MILAGROSA
Martes 30 de agosto do 2005
O Concello de Carballo comezou a reubicar os case cen postos situados no campo da feira da Milagrosa, para poder iniciar as obras de construción da futura Casa dos Oficios. Os traballos de demolición dos pavillóns do campo da feira comezarán nos próximos días e está previsto que rematen a finais do mes de setembro.