NOVAS TECNOLOXÍAS
Venres 12 de agosto do 2005
O Concello de Carballo colabora no encontro Novanet Party, que este ano celebra a súa quinta edición. O alcalde, Evencio Ferrero, destacou que se trata dunha "iniciativa pioneira en toda a Costa da Morte" e animou a todos os interesados a se inscribir nas actividades ou, cando menos, a se achegar ao recinto. O encontro celébrase no Pavillón de Bergantiños entre o 12 e o 15 de agosto, as 24 horas do día.
DEPORTES
Xoves 11 de agosto do 2005
O Concello de Carballo colabora coa organización do VII Open Internacional de Billar Iberpool 2005, que se celebra entre o 27 e o 28 de agosto, no Pazo da Cultura, e no que se agarda a asistencia de máis de 500 persoas, entre xogadores e acompañantes. Os premios económicos para as dúas categorías existentes supera os 13.000 euros.
MELLORAS NOS AREAIS
Mércores 10 de agosto do 2005
O novo aparcadoiro da praia de Razo contará con 341 prazas de estacionamento gratuíto, das cales 7 estarán reservadas a minusválidos. Tras rematar co asfaltado da zona, o martes 9 de agosto, agárdase a que se realice o seu pintado para poder distribuír os espazos de aparcadoiro. "Temos previsto rematar esta semana pero hai que agardar se o tempo nolo permite", explicou o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO
Mércores 10 de agosto do 2005
O Concello de Carballo foi informado por parte Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia de que se vai ampliar o prazo para resolver as solicitudes de recoñecemento de explotacións agropecuarias existentes antes do 1 de xaneiro de 2003.
CATASTRO DE BENS INMOBLES
Martes 9 de agosto do 2005
O Concello de Carballo continúa coa segunda fase dos traballos de revisión do Catastro de bens inmobles rústicos. Os veciños de Goiáns, Sísamo, Bértoa, Carballo e Berdillo poderán retirar as súas cédulas de propiedade de fincas rústicas entre o 16 e o 25 de agosto, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
MEDIO AMBIENTE
Martes 9 de agosto do 2005
A mesa de contratación decidiu adxudicar a segunda fase do paseo fluvial do Anllóns a unha Unión Temporal de Empresas (U.T.E) composta por dúas firmas, que realizará as obras de acondicionamento por un total de 369.300 euros. A proposta da mesa de contratación deberase someter á aprobación da próxima sesión da Xunta de Goberno local de Carballo.
DESPACHO CONSULAR
Luns 8 de agosto do 2005
O cónsul do Uruguai, Gonzalo Koncke Pizzorno, atendeu arredor de 90 cidadáns uruguaios, residentes na comarca de Bergantiños, durante os tres despachos consulares que se realizaron en Carballo dende o mes de maio. O cónsul sinalou que a iniciativa está a ser todo un éxito e agradeceu o "apoio invalorable" do alcalde do municipio, Evencio Ferrero.
VERÁN CULTURAL
Venres 5 de agosto do 2005
O colectivo de baile Danzón actúa na Praza do Concello de Carballo o venres 5 de agosto, a partir das 22.30 horas. O espectáculo que se presenta chámase Unha viaxe pola danza e encádrase na programación do Verán Cultural da concellaría de Cultura, Ensino e Normalización lingüística que, nesta ocasión, conta tamén coa colaboración da Deputación da Coruña.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Venres 5 de agosto do 2005
A segunda fase do polígono industrial de Bértoa ofreceralle 168 novas parcelas ás empresas que se queiran establecer en Carballo. O futuro parque empresarial, situado a carón do actual, ocupará unha extensión de 738.899 metros cadrados, 9.000 máis dos previstos inicialmente, dos cales 458.672 están considerados superficie construíble. A Consellaría de Política territorial, Obras públicas e Transporte ten previsto investir 19.322.232 euros nesta ampliación.

CONVENIO TEMPORAL
Xoves 4 de agosto do 2005
O Concello de Carballo impulsa un convenio de cesión do teleclube de Berdillo durante 25 anos, coa intención de promover o asociacionismo e a dinamización cultural e social nesta parroquia. A decisión foi tomada durante unha reunión da Xunta de Goberno local de Carballo celebrada o 4 de agosto.