Cultura

Cultura

- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Áspero", exposición fotográfica do colectivo coruñés Aula K

Do xoves 8 de febreiro ata o domingo 11 de marzo do 2018 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura

Mostra fotográfica do colectivo Aula K, Asociación con sede na Coruña cunha traxectoria de máis de 20 anos a prol da divulgación e da ensinanza da fotografía e do
audiovisual.

ÁSPERO é unha achega aos aspectos máis afastados do confort e amabilidade que ten a nosa contorna. Unha reflexión sobre a estética do rugoso, o incómodo, o rasgado..., desde o pasmo da descrenza, até a inseguridade dos lugares comúns na arte fotográfica. Un encontro con espazos, expresións, corpos, seres e obxectos dos que, xeralmente, ou fuximos ou lles quitamos fotografías.

Máis de 30 instantáneas da man de Ángel Cordero, Antón Varela, Lupe Vázquez, Alfredo Varela, Alejandro Barrio, Basti Soto, Bruno Area, Carolina Lorenzo, Laura Cotelo, Pablo Santiago, Álvaro Bernabeu e Paola Velo que poden verse no andar -1 do Pazo da Cultura.

Compartir: