Eu quero Razo Baldaio

Segredos culturais da costa carballesa

Mércores 6 de xullo do 2022 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza

Ruta itinerante de carácter interpretativo en bus, pasando poos lugares de interese cultural máis importantes das parroquias de Oza, Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.

Eu quero Razo Baldaio

Obradoiro de pegadas e indicios

Do sábado 9 de xullo ata o domingo 10 de xullo do 2022 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza

Dúas xornadas para o achegamento básico ás especies máis salientables da nosa fauna autóctona a través de métodos non invasivos como o estudo das pegadas e indicios que nos van deixando os animáis.

Explorando as pozas da marea

Mércores 13 de xullo do 2022 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Razo

Achega e descuberta das pozas de marea, microhábitats costeiros que acollen unha interesante biodiversidade; peixes, crustaceos, algas, etc.

Eu quero Razo Baldaio

Xornada de eliminación de invasoras

Mércores 20 de xullo do 2022 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio

Actividade para a eliminación de especies exóticas invasoras presentes en Razo Baldaio prestando especial interese a aquelas especies que poidan ser máis perxudiciais para o ecosistema.

Eu quero Razo Baldaio

A noite das avelaíñas

Mércores 27 de xullo do 2022 De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio

Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.

Eu quero Razo Baldaio

Flora e fauna das contornas dunares

Mércores 3 de agosto do 2022 De 18:30 h a 21:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio

Baldaio áchase coma un espazo natural chea de vida, no que crecen , repousan, se alimentan e crían unha gran variedade de especies, que merecen ser coñecidas e respetadas.

Limpeza colectiva das praias de Razo e Baldaio

Limpeza de praias; plásticos e microplásticos

Sábado 6 de agosto do 2022 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Baldaio

Xornada para concienciar á cidadanía da problemática do lixo mariño, os plásticos no mar e nomeadamente os microplásticos.

Eu quero Razo Baldaio

Roteiro nocturno

Sábado 13 de agosto do 2022 De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza

Andaina nocturna que terá como marco a paisaxe noctura da costa dende Monte Neme e o achegamento básico a elementos salientables que saen na noite, como as estrelas, os anfibios. Visitaremos a Eira das Meigas.

Noite de astronomía

Venres 19 de agosto do 2022 Baldaio

Dende a Ponte de Baldaio, os participantes poderán recibir as nocións básicas para poder desfrutar de observación das estrelas.

FESTA DA PRAIA

Sábado 20 de agosto do 2022 A partir das 11h na Praia de Razo

Este ano introducimos outra novidade, celebraremos a “FESTA DA PRAIA”, unha actividade para desfrutar en familia que contará con más de 25 xogos diferentes, carpas, musica, fornos solares, circo e moitas sorpresas mais.

Eu quero Razo Baldaio

As orixes da costa de Carballo

Sábado 20 de agosto do 2022 De 10:30 h a 13:30 h en Razo, fronte ao Bar Cordobés

Ruta xeolóxica de carácter interpretativo visitando o spuntos máis interesantes da costa. Faias, praia fósil, ou a formación da lagoa son alúns dos puntos salientables deste percorrido.

Simulacro de cetáceos

Xoves 25 de agosto do 2022 De 10:30 a 13:30 h na praia de Razo

O colectivo CEMMA faranos unha actividade na que aprenderemos como un grupo de persoas debe intervir no caso de que se atope un cetáceo varado na beira do mar.

Compartir: