Programa 2022

A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición, debido a que van a ser grupos moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e o uso sustentable que queremos promover na mesma. A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual.
As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.

XUÑO

  • MÉRCORES 29 E XOVES 30: OBRADOIRO DE RESTAURANCIÓN DA PÍLLARA DE VIMBIO

XULLO

  • SÁBADO, 2: INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA
  • MÉRCORES, A 6: SEGREDOS CULTURAIS DA COSTA CARBALLESA
  • SÁBADO 9 e DOMINGO 10: DESCUBRE AS PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS
  • MÉRCORES, 13: EXPLORANDO AS POZAS DA MAREA
  • MÉRCORES, 20: XORNADA DE ELIMINACIÓN DE INVASORAS
  • MÉRCORES, 27: A NOITE DAS AVELAIÑAS

AGOSTO

  • MÉRCORES, 3: FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES
  • SÁBADO, 6: LIMPEZA  COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO, PLÁSTICOS E MOCROPLÁSTICOS
  • SÁBADO, 13: ROTEIRO NOCTURNO POLA EIRA DAS MEIGAS
  • VENRES, 19: NOITE DE ASTRONOMÍA
  • SÁBADO, 20: FESTA DA PRAIA
  • SÁBADO, 20: AS ORIXES DA COSTA DE CARBALLO
  • MÉRCORES, 25: SIMULACRO DE RESCATE DE CETÁCEOS

OBRADOIRO DE VIMBIO
Apúntate a restaurar a Píllara, o 29 e 30 de xuño no campo de Razo, haberá un obradoiro impartido por Idoia Cuesta.
Despois de varios anos, a nosa píllara require de mudar a súa “plumaxe” de vimbio, e ademais durante o mércores de 16:00 a 20:00 h. mais o xoves de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. poderás ter a posibilidade de aprender técnicas de trenzado de vimbio da man dunha das mellores artesás do mundo, premio nacional de artesanía, artesá de referencia de Loewe e moitísimos premios mais.

SIMULACRO DE RESCATE DE CETÁCEOS
Un novidade moi divertida e didáctica, o colectivo CEMMA faranos unha actividade na que aprenderemos como un grupo de persoas debe intervir no caso de que se atope un cetáceo varado na beira do mar. Na Praia de Razo 10:30 A 13:30h

NOITE DE ASTRONOMÍA
Esta será unha das novidades de este ano, as persoas participantes poderán achegarse á ponte grande de Baldaio, de 22:30h a 01:30h. e desde alí poder recibir as nocións básicas para poder desfrutar da observación das estrelas.

FESTA DA PRAIA
Este ano introducimos outra novidade, celebraremos a “FESTA DA PRAIA”, unha actividade para desfrutar en familia que contará con más de 25 xogos diferentes, carpas, musica, fornos solares, circo e moitas sorpresas mais.

BIBLIOPRAIA
De luns a venres, de 13:30 a 17:30 no mes de xullo e de 13:30 a 16:30 no de agosto.

PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
De martes a venres en horario de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a a 18:30, e as fins de semana, de 11:00 a 15:30

Ligazóns

Descargas

Compartir: