Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Danza infantil o domingo 15 con Aracalandanza

Domingo 15 de abril do 2018 19:00 horas - Pazo da Cultura

O traballo pioneiro realizado pola compañía que dirixe Enrique Cabrera converte a Aracaladanza nunha das formacións máis importantes de danza infantil de España e un referente internacional. Desde a súa creación en 1994 realizou máis dunha vintena de obras, algunhas delas representadas en Carballo, polas que recibiron importantes premios e numerosos Max. Tamén foron distinguidos co Premio Nacional de Teatro e Xuventude 2010 do Ministerio de Cultura pola súa traxectoria, esixencia estética, artística, técnica e proxección nacional e internacional.

Idea e dirección: Enrique Cabrera / Intérpretes: Carolina Arija, Jimena Trueba, Jonatan de Luís, Jorge Brea e Raquel de la Plaza / Coreografía: Aracaladanza / Asistentes coreográficas: Jimena Trueba e Raquel de la Plaza / Deseño iluminación: Pedro Yagüe / Composición musical orixinal: Luís Miguel Cobo / Deseño de escenografía e vestiario: Elisa Sanz / Deseño de vídeo escena: Álvaro Luna / Deseño de atrezo e maquinarias: Ricardo Vergne e Elisa Sanz.

Duración: 50 minutos
Público: A partir de 4 anos
Entrada: 5€ / 3,5€
Espectáculo da XVI Primavera en Danza. Organiza: Concellería de Cultura
Redes Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: