Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Teatro e maxia con Vagalume Animación e o Mago Álex

Domingo 20 de maio do 2018 Ás 17:00h e ás 20:30h - Auditorio Pazo da Cultura

En Carballo seguimos coa programación especial da semana das Letras Galegas, elaborada pola Concellería de Cultura en colaboración con varias entidades culturais do municipio. E esta fin de semana, a A.C. Vagalume está a ser unha das protagonistas levando o mellor tetaro afeccionado ao auditorio do Pazo da Cultura.

Logo das funcións de onte, a compañía o grupo de teatro afeccionado carballés Vagalume Animación volverá a subir esta tarde ao escenario para representar a obra Os tres mundos, unha coidada posta en escena e un gran traballo de interpretación co que están a colleitar moitos premios e galardóns. Ademais, haberá un espectáculo de maxia para toda a familia a cargo do mago Álex. O fontaneiro. Que mellor plan para unha tarde de domingo?

Entrada: Con convite
Organiza: AC Vagalume  

Compartir: