Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
11
12
14
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

El Pavón Teatro Kamikaze converterá o teatro nunha ágora

Domingo 28 de outubro do 2018 20:00 horas - Pazo da Cultura

Unha compañía de teatro recibe subvencións outorgadas por un partido con ideais e accións contrarias á súa ética. É aceptable calar para non perder as axudas que lle dan viabilidade a un proxecto artístico crítico co poder? Perden toda a súa forza moral para denunciar a inxustiza desde o escenario? Nesta versión tan persoal do clásico de Henrik Ibsen, Àlex Rigola, un dos directores máis innovadores e internacionais da nosa escena, converte o patio de butacas nunha ágora para que o público vaia xulgando os feitos a medida que os intérpretes os expoñen e emita o seu ditame cunha votación real, na que se cuestionará a sociedade, a democracia, a liberdade de expresión ou a ética persoal fronte ao poder.

Un enemigo del pueblo (Ágora) é unha experiencia única da que é imposible saír indiferente. A compañía encargada de poñela en escena é El Pavón Teatro Kamikaze, un dos proxectos teatrais máis interesantes que existen no panorama actual, avalados polas exitosas traxectorias de Kamikaze e Buxman Producciones, ambas presentes no FIOT desde hai anos. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro 2017 pola súa valentía, singularidade e excelencia na creación. 
 
Intérpretes: Nao Albet, Israel Elejalde, Irene Escolar, Óscar de la Fuente e Francisco Reyes Escenografía: Max Glaenzel Iluminación: Carlos Marquerie Dirección de produción: Jordi Buxó e Aitor Tejada Axudante de dirección: Alba Pujol Autor: Henrik Ibsen Dramaturxista: Ferran Dordal Versión libre e dirección: Álex Rigola

Público: Recomendada para maiores de 13 anos
Entrada: 12€
Duracón: 75 min. 

Programación FIOT27

Compartir: