Cultura

Cultura

- 2019 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
6
7
8
9
10
15
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ascensos en globo de balde por comprar no comercio local

Do mércores 2 de xaneiro ata o domingo 6 de xaneiro do 2019 Mañá e tarde - San Martiño e Rego da Balsa

Preparádevos para despedir o Nadal por todo o alto! Entre o Aninovo e Reis, os carballeses e carballesas que o desexen poderán vivir unha experiencia única grazas aos voos controlados en globo aerostático. Para poder subir haberá que presentar o tícket de calquera compra realizada nestas datas por un valor mínimo de 5 euros en calquera tenda de Carballo, participe ou non no programa Semecachadescóntovos (incluídos supermercados, tendas de alimentación, etc.).

O inchable estará situado no Parque do San Martiño os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas, e no Parque de Rego da Balsa os días 5 (só pola mañá de 10.00 a 14.00 horas) e 6 (só pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas). Quen se acheguen poderán realizar un voo no que o globo unicamente subirá sen moverse do sitio para ofrecer unhas fermosas vistas da vila. Anímaste?

Organiza: Concellaría de Promoción Económica

Compartir: