Cultura

Cultura

- 2019 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
6
7
8
9
10
15
21
22
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Estrea no Carballo Interplay da webserie "Sígueme", gañadora do mellor proxecto en galego de 2018

Xoves 4 de abril do 2019 21:00 h - Pazo da Cultura

Esta semana, a sexta edición do Carballo Interplay converterá a nosa vila na capital mundial da industria dos contidos dixitais, unha panorámica da innovación na rede a nivel galego, español e internacional que nos deixará unha completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e un programa de actividades con encontros, obradoiros, relatorios e espectáculos nos que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet compoñen a nova entrega dunha cita de referencia para o sector dixital global.

Despois dunha xornada de actividade frenética na Zona Pro, esta noite terá lugar a estrea mundial de "Sígueme", a webserie gañadora do Premio ao Mellor Proxecto en Lingua Galega do Carballo Interplay 2018. Creada por Alba Pego, Nuria Cancela, Laura Pose e Aitor Ramos, estudantes de Comunicación Audiovisual na USC, conta como unha moza estudante de Psicoloxía decide incitar á tolemia a persoas con doenzas mentais con tal de demostrar o estudo experimental que a levou a ser expulsada da Universidade. Está protagonizada por Paula Cereixo a quen acompaña un reparto de actores e actrices tan coñecidos e recoñecidos como Antonio Mourelos, María Costas, Xosé Barato ou Monti Castiñeiras.

Compartir: