Microconferencias sobre arte urbana no Rexenera Fest
Sábado 8 de xuño do 2019 De 17:00 a 20:00 horas - Auditorio Fórum Carballo
Dentro do Festival Internacional de Arte Pública de Carballo, a tarde do sábado 8 terá lugar un ciclo de conferencias no que catro convidados de luxo, pertencentes a catro organizacións e eventos relacionadas coa arte urbana contemporánea, compartirán as súas experiencias co público, relatando a súa filosofía e traxectoria, coa intención de que sirva como foro para compartir experiencias e reflexionar sobre as distintas derivas que se están a levar a cabo no mesmo eido dende distintos puntos de vista.
Cada un dos/as poñentes falarannos de cadanseu proxecto nun formato de microconferencia, de 25-40 minutos cada un. A continuación, abrirase un tempo de debate no que o público asistente poderá formular as preguntas que considere oportunas. Relatores: Festival Parees de Oviedo (Asturias)/Polígon/ Urvanity Projects/Miau Fanzara (Museo Inacabado de Arte Urbano) do Concello de Fanzara en Castellón. Máis información en www.rexenerafest.gal.
Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña
Rexenera Fest 2019