Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Concerto de Chicharrón e de Emilio José

Sábado 28 de maio do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 20.30h

Chicharrón

Chicharrón na presentación de "Postal"

O programa Curruncho Pop ofrece unha nova entrega dos seus concertos. Desta volta cos carballeses Chicharrón e con Emilio José. "Chicharrón é o nome que nos puxo Alberto Gende”. Así se presenta este quinteto formado por Alberto Vecino (guitarra, voz), Diego Gende (guitarra), Mar Catarina (teclados), Rubén Domínguez (baixo) e Xurxo Meis (batería). Despois dun sorprendente e interesante debut, chegan cun segundo disco menos crú que o anterior e cheo de matices. As 12 cancións de Postal están escritas integramente en galego, o que segundo os integrantes do grupo lle imprime un maior potencial lírico e moita musicalidade. 

Emilio José é de Quins (Ourense), e polo tanto, como el dí “son un cantautor de Quins e en Quins fálase galego”. Emilio José debuta en disco no 2009 con Chorando apréndese (Foehn), e xa se dá un conta de que ten un par de narices (o selo tamén), debuta cun disco dobre. Por outra parte, resulta moi difícil poder etiquetalo, o derradeiro disco até agora, do 2015, e que case empeza a presentar no Curruncho Pop Agricultura Livre (Foehn) é un triple disco onde hai case de todo, coma en botica. Se Cunqueiro fixese pop, igual non andaría lonxe de Emilio José... e Cunqueiro son palabras maiores.
 
Prezo da entrada: de balde; pode recollerse convite previo na Biblioteca Rego da Balsa (Teléfono: 981 758 580); enderezo electrónico <biblioteca@carballo.gal>.
Público: Adulto
Organiza: Concello de Carballo

Compartir: