Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Presentación literaria e concerto de Nüca

Do venres 18 de marzo ata o sábado 19 de marzo do 2022 Casino1889

No Casino1889 despiden o inverno con dúas actividades.

venres18, presentación de Un billete de ida, a primeira novela -dispoñible xa nas librarías- de Raquel Fariña Veiga, unha escritora natural de Carballo. As persoas asistentes falarán con ela sobre esta obra, que nos mergulla nunha inquietante aventura ao máis puro Stephen King, e sobre moitas outras cousas. Será a partir das 20:30h, con entrada libre ata completar aforo.

sábado día 19a partir das 22h, concerto de Nüca, o proxecto musical en solitario de Pablo Saenz Carballeira, compositor e produtor ferrolán. Nüca arrinca en 2019, cando Pablo decide dar o salto á música electrónica tras pasar por outros estilos, como o krautrock ou o postpunk. Na súa propia casa, cun 8 pistas e axudándose de sintetizadores, caixas de ritmos, samples e o seu TR8, grava diversas maquetas, demos e un LiveSet para as súas actuacións. Nüca combina na súa música as súas antigas referencias co deep-house, o techno e a música experimental.
Doazón para o artista: 4.5€ socias (5€ público xeral)
Reserva de entradas: casino1889@gmail.com

Compartir: