Cultura

Cultura

- 2019 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A VENDA DE BONOS E ENTRADAS REALIZARASE POR PRIMEIRA VEZ A TRAVÉS DE TICKETEA

Os Venres Culturais máis “cool” encherán de cine, teatro, música e arte as fins de semana do inverno

O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron as 18 propostas culturais das que poderás gozar ata a Semana Santa

Luns 21 de xaneiro do 2019 Cultura

Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron o programa

Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron o programa

Cinco espectáculos infantís, catro funcións de teatro para adultos, tres concertos e cinco exposicións completan a oferta cultural do Concello de Carballo para este inverno, que comezou cunha excelente acollida do ciclo de cinema euroárabe Amal en Ruta. Este ano os Venres Culturais amosan a súa faciana máis cool e reafirman, como sinalou o concelleiro Marcos Trigo na presentación do programa, que Carballo é “o escenario cultural da comarca pola calidade, diversidade e actualidade das propostas que presentamos, que están entre as máis relevantes do panorama cultural galego do momento”.

O concelleiro de Cultura, que estivo acompañado polo alcalde, ofreceu os detalles da programación, que podedes descargar máis abaixo. Lembrou, ademais, que o ano pasado os espectáculos dos Venres Culturais, que foron máis reducidos polas obras no auditorio, tiveron 1.744 espectadores/as, aos que hai que engadir o público das exposicións. Marcos Trigo tamén destacou a colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios, da que forma parte do Concello de Carballo, e da Deputación Provincial.

A programación articúlase arredor de cinco eixos:

  • Cine. A segunda edición do ciclo Amal en Ruta está a celebrarse dende o día 17 con moi boa acollida, xa que nas dúas proxeccións realizadas ata o momento, unha na Biblioteca Rego da Balsa e outra no Pazo da Cultura, practicamente houbo cheo. Estes dous espazos son os dous grandes centros das actividades, porque, como sinalou o alcalde, “queremos que sexan a referencia da actividade cultural en Carballo”.
  • Teatro. Mofa e Befa, Teatro do Atlántico, Talía Teatro e Eme2 son as catro consolidadas e coñecidas compañías galegas que pasarán polos Venres Culturais para achegarnos os espectáculos máis novidosos.
  • Música. A variedade e a calidade son as características do programa musical, que comezará con Nani García Trío e o seu indie-jazz, pero que ademais inclúe o interesantísimo proxecto de Escuchando Elefantes e, como non, todo un clásico: o RockCarballo, que, como apuntou Marcos Trigo, “permitiranos comprobar en directo a vitalidade do panorama musical carballés” con Amenaza de Muerte, The Cerne, Strobos, Quercus Blues, EOE e Versión Imposible.
  • Ciclo en familia. Os domingos están reservados para a cultura en familia. Arrancaremos xa o 27 de xaneiro con Teatro dos Ghazafelhos, pero entre febreiro e marzo pasarán polo auditorio do Pazo da Cultura Baobab Teatro, Pata Teatro, Teatro ó Cubo e a Aula de Teatro Municipal, que ofrecerá dúas funcións (16 e 17 de marzo) de “A bonitísima historia da princesa Maricarmen”.
  • Exposicións. A arte é a quinta pata dos Venres Culturais, este ano coas caricaturas de Siro López, que poden verse xa no Pazo; o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo e o Premio de Gravado Jesús Núñez; as fotografías de Marcos Rodríguez e a exposición conmemorativa do 20º aniversario do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.
“Ponse en evidencia _sinalou Evencio Ferrero_ a importante actividade cultural que existe no noso concello nos diferentes formatos”.

Acceso aos espectáculos

Este ano, por primeira vez, a venda de bonos e entradas realizarase a través de www.ticketea.com ou no 902 044 226, xa a partir de hoxe.

  • Entradas: 3, 4 e 5€ (10% de comisión: de 20 a 50 céntimos)
  • Bono para seis espectáculos: 20 e 16 € (sen comisión)

Ligazóns

Descargas

Compartir: