Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
11
12
14
18
19
20
21
22
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

CALQUERA CAMBIO MOTIVADO POLO MAL TEMPO SERÍA COMUNICADO A TRAVÉS DAS NOSAS REDES SOCIAIS

15 comparsas e 6 carrozas inscritas para o tradicional concurso e desfile de disfraces do Domingo de Entroido

Os grupos e os disfraces individuais aínda poderán anotarse mañá, antes do certame

Sábado 2 de marzo do 2019

Carroza gañadora do ano pasado

Carroza gañadora do ano pasado

Presentada polo Mago Álex, este domingo 3 de marzo celebrarase a actividade máis emblemática do Entroido de Carballo e un dos desfiles con máis tradición da comarca. Nas vindeiras horas estaremos moi pendentes da evolución do tempo e das posibles consecuencias que poida ter sobre o concurso. Calquera cambio sería comunicado á maior brevidade tanto na sección de avisos de www.carballo.gal coma a través das redes sociais do Concello de Carballo e Cultura Carballo.

Como en anos anteriores, o concurso está dirixido tanto a adultos/as como a nenos/as e contempla diferentes modalidades de participación: individual, grupos, comparsas e carrozas, así como un premio especial ao Choqueiro de Bergantiños (participante que pode estar inscrito en calquera das categorías). No primeiro prazo inscribíronse 15 comparsas (9 na categoría de adultos e 6 na infantil) e 6 carrozas, que xa suman case medio millar de participantes. Este dato aínda non é definitivo, xa que para as modalidades de  grupos e individuais o prazo remata o mesmo día do desfile.  As inscricións poderán facerse entre as 16 e as 17 horas na entrada da Casa do Concello.

Este ano incrementamos a contía dos premios ata os 8.500 euros, dos cales 4.000 destinaranse ás gratificacións por participación (de 125, 200 e 250 euros: dependendo do número de membros, aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas infantís ou de adultos), e o resto repartirase entre os gañadores.

Charanga Mekánika

Charanga Mekánika

O número e  procedencia dos concursantes exemplifica que o interese do desfile vai máis alá do concello e da comarca, xa que ademais de concursantes de Carballo, participarán grupos de Santiago, Arteixo, Carral, Vimianzo, A Coruña, Oroso, Brión, Cambre, Camariñas, Ames, Tordoia ou A Laracha. O desfile estará animado pola charanga Mekánika.

Oxuradoque terá a difícil tarefa de avaliar aos participantes estará composto polos seguintes membros:

  1. Marcos Trigo Facal, concelleiro de Cultura do Concello de Carballo, como presidente do xurado.
  2. Alejandro Torres Louzao “Mago Álex”, ilusionista,
  3. Ramón Varela Rodríguez, AC A Torre Vixía
  4. Rocío Lema Tasende, AA VV Sta. María de Ardaña
  5. Celia Calvelo Cancela, AAVV Sta. María de Ardaña
  6. Ana Porteiro Lorenzo, Aula de Teatro Municipal de Carballo
  7. Mª del Carmen Castro Pombo, Servizo de Cultura do Concello de Carballo
  8. María José Martínez Veira, Servizo de Cultura do Concello de Carballo, como secretaria do xurado

Este ano haberá dous itinerarios en función das categorías: rúas Cervantes, Gran Vía, Rosalía de Castro, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela para as categorías infantil, individual e grupos, mentres que comparsas e carrozas sairán do Xardín Municipal cara a Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela. As comparsas e carrozas poderán realizar unha interpretación musical, coreográfica ou escénica diante do escenario dunha duración máxima de 2 minutos. A duración estimada do desfile é de 1h 30/45 min.

En consonancia coas recomendacións e medidas de seguridade que deberán cumprir os participantes, prégase aos espectadores que respecten os espazos reservados para eles, que non crucen as rúas mentres transcorre o desfile e, especialmente que os país vixíen aos nenos e manteñan aos máis pequenos agarrados das mans.

A Policía Local de Carballo e o Servizo Municipal e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil serán os encargados de velar pola seguridade, aos que a Concellaría de Cultura, organizadora deste evento, agradece o seu labor e colaboración. Ademais colaboran para que todo se desenvolva correctamente a Brigada Municipal de Obras, o servizo de limpeza viaria AspaberUte e a concesionaria do alumeado público Ferroser – Ferrovial.

Orquestra Trébol

Orquestra Trébol

Unha vez rematado o desfile, será a quenda do baile de disfraces, patrocinado pola concellería de Terceira Idade, coa orquestra Trébol, orquestra vinculada a Carballo xa que varios dos seus membros son da nosa vila. No transcurso do baile, aproximadamente ás 20.30/21.00 horas, realizarase e a entrega de premios.

As actividades están previstas para a Praza do Concello. Esperamos que as condicións meteorolóxicas nos deixen celebrar o desfile. Se se volvesen máis adversas pospoñeríase ou suspenderíase, xa que non está previsto o seu traslado.

Compartir: