Cultura

Cultura

- 2020 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

#DESDEAMIÑACASIÑAMEULAR

A Concellaría de Cultura convida á cidadanía a converterse en protagonista do Día das Letras Galegas

Do 4 ao 17 de maio celebraremos un concurso en Instagram, aberto a participantes de todas as idades, para poñer en valor a literatura galega

Luns 4 de maio do 2020

Aínda que a Real Academia Galega adiou para o 31 de outubro o pleno do Día das Letras Galegas por mor da crise sanitaria provocada polo COVID-19, o Concello de Carballo non quere deixar pasar de longo unha data tan sinalada no noso calendario cultural coma o 17 de maio. Por iso, dende a Concellaría de Cultura convidamos a toda a cidadanía a conmemorar o Día das Letras Galegas dun xeito diferente, moi participativo, que permita poñer en valor a lingua galega a través de Instagram.

O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio co gallo de ser a data da edición da obra de Rosalía de Castro “Cantares gallegos”, no que está incluído un dos seus poemas máis coñecidos, “Adiós ríos, adiós fontes”. E precisamente escollemos o último verso, “Miña casiña! Meu lar!” como símbolo, tras estas semanas de confinamento, de que tamén as nosas letras precisan asomarse ao mundo a través da ventá das redes sociais.

O que vos propoñemos é convertervos en protagonistas, a través dunha iniciativa que se vai desenvolver dende o 4 ata o 17 de maio en Instagram.

E como podedes participar? Aquí tedes todas as opcións:

  1. Publicar un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que vós sexades os/as protagonistas: recitando poesía, lendo ou interpretando calquera texto en prosa ou verso, teatralizando algunha obra, cantando ou tocando... Hai dúas condicións: que sexan obras de autores e autoras homenaxeados o Día das Letras Galegas e que o vídeo estea gravado nas vosas casas.
  2. Publicar unha fotografía, debuxo ou ilustración de calquera dos autores ou autoras homenaxeados ou relacionados coas súas obras.
  3. Tanto os vídeos coma as fotografías poderán ir acompañados de textos en galego.
  4. Todas as publicacións deberán incluír como mínimo o hashtag #desdeamiñacasiñameular.
  5. Para participar no concurso será necesario etiquetar a conta @carballomola.
  6. A participación pode ser individual ou colectiva.
  7. Haberá 6 premios, consistentes en libros de autores/as locais e agasallos co lema “eu quero a Carballo”: 1 para o vídeo individual infantil con máis “gústame”, 1 para o vídeo individual de adultos con máis “gústame”, 1 para o vídeo colectivo con máis “gústame”, 1 para a foto individual infantil con máis “gústame”, 1 para a foto individual de adultos con máis “gústame” e 1 para a foto colectiva con máis “gústame”.
  8. Serán válidos todos os “gústame” rexistrados entre as 00:00 horas do 4 de maio e as 24:00 horas do 16 de maio.
  9. Os premios faranse públicos o 17 de maio, e a entrega dos mesmos terá lugar cando a crise sanitaria provocada polo COVID-19 o permita.

Ligazóns

Compartir: