Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Derrubando muros con pintura" aposta pola creatividade local para seguir enchendo de cor a nosa vila

Catro artistas intervirán noutros tantos espazos urbanos do 12 ao 22 de agosto, nunha edición estival do proxecto de arte pública de Carballo que tamén inclúe obradoiros, faladoiros e música

Mércores 28 de xullo do 2021 Cultura

Isa Bermúdez, Nere Rama, Nazaret e Tucho. Quédate con estes nomes, porque son os de catro artistas que van dar moito que falar. Do 12 ao 22 de agosto serán os protagonistas dunha edición estival do proxecto Derrubando muros con pintura na que o museo de arte pública de Carballo seguirá medrando con catro novos murais. Poderedes ver o proceso creativo en directo na rúa Xasmíns, na traseira da Ludoteca Municipal, na rúa Igrexa (zona do aparcamento do San Martiño) e na traseira do auditorio do IES Alfredo Brañas.

Trátase dunha aposta por novos valores da vila, xa que todas as artistas son moi novas: ningunha supera os 25 anos e unha delas ten só 19. Presentámoschas:

  • Isa Bermúdez, titulada en Dourado, prateado e policromía pola EASD Pablo Picasso. Na actualidade é estudante de deseño de interiores na mesma escola. Xa conta con dous murais previos, un en Sobrado dos Monxes e outro en Santiago de Compostela. Pintará na rúa Xasmíns.
  • Nere Rama “Bailando na lúa” naceu en Xenebra pero é unha carballesa que actualmente está estudando o Grao de Belas Artes na Universidade de Vigo. Os seus proxectos persoais están especialmente ligados á pintura e ao debuxo, traballando cada vez nun formato maior, o que fixo que se interesara no muralismo. Ten pintado lenzos en directo con Orballo Cultural, e nesta ocasión pintará na Ludoteca.
  • Nazaret Franco Rodríguez, Nazaret, está a estudar na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid un dobre grao en Fundamentos da Arquitectura e Deseño Integral e Xestión da imaxe, con especial interese no debuxo e a pintura. Entre as súas afeccións tamén está a ximnasia rítmica, sendo adestradora ademais de deportista federada. Foi unha das creadoras das postais da campaña Máis de Carballo que o pan. O seu emprazamento será a rúa Igrexa.
  • Antón Díaz, Tucho, carballés do Chorís e recen licenciado en Belas Artes, quen está previsto que actúe precisamente no seu barrio (IES Alfredo Brañas). En abril deste ano expuxo a súa obra no Pazo da Cultura de Carballo coa mostra “Nosa terra”, que incluía, entre outras obras, un cadro da Dulcería Vella que xa forma parte do patrimonio do Concello de Carballo e que tamén ilustrou outra das postais da serie Máis de Carballo que o pan.

Presentación

Os catro participaron na presentación desta edición estival de Derrubando Muros con Pintura xunto co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira; a concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, responsables das dúas áreas que se encargan da organización.

Xosé Regueira declarouse “encantado” de poder contar con esta “nova fornada de talento e creatividade local”, que achegará un estilo diferente aos muros carballeses. “Derrubando muros é o recurso máis demandado polas persoas que nos visitan _destacou o concelleiro_. Hoxe mesmo chamaron de Zaragoza para poder vir ver os nosos murais na súa visita a Galicia e seguramente poderán ver tamén aos nosos artistas pintar en directo”.

Ao “potencial” da mocidade carballesa tamén se referiron Maruxa Suárez e Evencio Ferrero. “É unha satisfacción que artistas novos e locais podan expresar o que levan dentro”, manifestou o alcalde. Pola súa banda, as protagonistas dos novos murais amosáronse agradecidas e encantadas de participar no proxecto. “Crear unha marca é moi difícil, pero hoxe a arte urbana carballesa é unha marca potente”, asegurou o alcalde.

Actividades paralelas

Ademais de ter a oportunidade de ver a estes novos creadores expresar todo o seu talento en catro novos murais que darán vida ás rúas de Carballo, durante estes dez días de pintura tamén haberá actividades organizadas arredor da arte, todas elas de balde.

O día 14 de agosto está previsto abrir oficialmente a programación cunha cita no palco da rúa Jacinto Amigo Lera. Así, haberá un faladoiro e coloquio arredor da arte urbana que se completa cun recital poético con aires rocanroleiros no que estarán a escritora carballesa Rosalía Fernández Rial e Mr. Kilombo.

Ademais, haberá obradoiros de balde para rapazada e para adultos coordinados polos catro artistas convidados.

  • Obradoiro de rotulación: xoves 19 de agosto de 10.00 a 13.30 h. nun escaparate do Mercado Municipal. Para maiores de 16 anos. Aforo máximo: 8 persoas.
  • Obradoiro de pintura para a rapazada: domingo 22 de agosto de 10.00 a 13.00 h. As nenas e nenos que participen terán a oportunidade de pintar un novo mural na rúa Bos Aires coa axuda dos e das artistas. Para nenas e nenos de 6 a 11 anos. Aforo máximo: 10 participantes.

Por último, o día 22 pecharase a iniciativa cunha ruta guiada polas novas obras de arte urbana e unha cita sorpresa xa cara á noitiña.

Compartir: