Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

CONSULTA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO

A creatividade galega na rede protagonizou a apertura do Interplay, un festival único que converte a Carballo na capital da creación audiovisual

Xoves 9 de setembro do 2021 Cultura

Participantes no acto de apertura

Participantes no acto de apertura

A creatividade dixital galega foi a gran protagonista da primeira xornada da 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que dedicou o xoves integramente ao talento do país que se espalla por todo o mundo a través da internet. O Interplay, un festival único que converte a Carballo na capital da creación audiovisual, arrincou coa participación de Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual Galego; o deputado provincial Xurxo Couto; Carlos Ares, da Asociación Galega de Guionistas; Jacobo Sutil, director da Agadic; Xosé Regueira, concelleiro de Turismo e impulsor do CIP; Lucía Estévez, da Asociación Galega de Profesionais da dirección e realización (CREA); Sonia Méndez, directora do festival, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.

Despois dunha primeira xornada adicada ao talento dixital galego, o Carballo Interplay recuperou hoxe a súa programación profesional con Portugal como país convidado. O Festival de Contidos Dixitais abre un espazo de diálogo para fomentar alianzas entre creadoras/es, produtoras e plataformas de Portugal, de Galicia e de España co obxectivo de favorecer a creación de proxectos conxuntos, tralos meses de ausencia de citas profesionais presenciais por causa da pandemia.

Completan o programa do venres dous dos pratos fortes deste Carballo Interplay post-pandémico: o show que ofrecerán tres das cómicas máis relevantes do panorama estatal actual -Henar Álvarez, Carolina Iglesias e Victoria Martín- e o repaso polos momentos penosos da internet deseñado por outros dous todoterreos do humor intelixente, David Pareja e Lorena Iglesias, e que defenderán ao vivo no Pazo da Cultura de Carballo a mesma Lorena Iglesias e Joaquín Csáky nunha Pochosfera na que non faltarán bloopers de vídeos de ASMR, manosphera ou deepfakes de famosos derretidos. As entradas para Rajando con... esgotáronse en menos dun minuto, pero o show poderá verse en streaming a través de Youtube, Twitch ou Facebook só en directo.

PROGRAMA COMPLETO DO FESTIVAL

Xoves 9
10h30. Masters da internet. 1º encontro transversal de creación galega online
Panel 1 | Youtube e Podcast con Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París e Carme D. Prol. Modera: Alba Mancebo
Panel 2 | Tik Tok, Twitter e Twitch con Malva, Leti da Taberna, Jon Amil, Mira1cousinha e Agos Reigosa. Modera: Esther Estévez
13h30. Café con CREA: Conversas de serie web, con Sonia Mendez (Angélica y Roberta), Irene Pin (Amnesia 3.0), Javi Camino (El viudo quiere mimos), Óscar Cruz (colectivo Porco Bravú). Modera: Lucía Estévez
17h00. Sección Oficial. Bloque Galicia VO: Arrieiros Somos, Dúo Vaguedades, Mataría MicroSerie e Pandemials.
17h00. Taller creación contidos con FREEDA. Outros xeitos de evolucionar na comunicación para chegar ás xeracións máis novas
19h00. En galego, en construción. Pitching de proxectos de webserie
NON SON A TÚA AVOA. Unha historia de desencanto, roubos e desaparacións creada por Pedro Souto.
PRINGADAS. Un drama come of age de Belén Puime Bao.
PULP AIR. Un proxecto de Helfunk Studio (Anita Pico e Rocío López).
TRELA, CLÍNICA DE SUICIDIOS. Unha comedia dramática de Gemma Do Carmo e Margot Alvarado. Dirixida por Cris Andina."
21h00. Estrea de Cacola, serie de David Fidalgo gañadora do Premio a proxecto no VII Carballo Interplay

Venres 11: Día PRO
10h30. O xiro cara o contido de actualidade. Debate e conciencia social: con Freeda, Canal 180 e Playz.
11h30. Contidos dixitais e innovación. Onde poñen o foco as canles públicas?: con RTP Lab e Televisión de Galicia.
12h30. Presentación produtoras e creadores dixitais de Portugal:  Promenade, Galo Bravo, PiXbee, MT 360 / ManyTakes, Wonder Maria Films, Ankylosaur, Todos.pt
16h00. Sección Oficial. Internacional 1: Dominos 2, Historias Migrantes, Pepper, todo por un like e Refugee Roads.
17h00. AGADIC. Unha nova vía para a produción de series web. Con Dolores Meijomín, directora de política audiovisual da AGADIC.
17h30. ENCONTRO PRO
17h30. Sección Oficial. Internacional 2: #WFH, Cross, Freedom Farm Sanctuary, Good Monsters e Mortal Glitch.
20h00. Pochosfera: momentos penosos da internet. Con David Pareja e Lorena Iglesias
22h00. RAJANDO CON... Carolina Iglesias, Victoria Martín e Henar Álvarez

Sábado 11
10h00. A internet de mudar as cousas
Panel 1 | Activismo na rede: Proyecto UNA, Ontologías Feministas, Cuellilargo               
Panel 2 | Humor, precariedade xeracional e ilustración: Monstruo Espagueti, La Prados, Roberta Vázquez
13h00. Puedo hablar? Con Perra de Satán e Esnórquel
16h00. Sección Oficial. Internacional 3: Best Before (Meilleur Avant), Over And Out, Psicóticas Inseguras e What's Next?
17h30. Sección Oficial. Estatal: Amor superdotado, Backstage, Drácula, el vampiro gallego, I am Who I am, La reina del pueblo e Riders.
19h00. CFA Esnórquel: Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p
21h00. Entrega de premios con Fer Epelde + Rebel Gardens

Ligazóns

Compartir: