Xa temos gañadoras e gañadores do Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2021
A entrega de premios realizarase o día 18, ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura
Venres 3 de decembro do 2021 Cultura
O xurado reuniuse o día 2 no Pazo da Cultura
O Concurso de Cartel e Programa de Nadal convocado pola Concellaría de Cultura xa ten gañadores e gañadoras!
O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural e que consiste nun agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a Emma Queaires Rey, de 5 anos e alumna do CEIP Plurilingüe A Cristina. Tal como establecen as bases, o centro escolar ao que pertenza o/a gañador/a deste galardón recibirá tamén 150 euros en material didáctico. Este ano, polo tanto, o premio é para o CEIP A Cristina.
O segundo premio, valorado en 100 euros, é para Olivia Lema Canedo, de 8 anos e alumna do CEIP Bergantiños. O seu debuxo ilustrará a postal co programa do Nadal Cultural.
Así mesmo, o xurado acordou conceder os seguintes accésits, por un valor aproximado de 60 euros:
- Noa Suárez García, 11 anos do CEIP Fogar
- Marta Pérez Varela, 3 anos, do CEIP Gándara-Sofán
- Julia Sabrina Borja Sánchez, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero
- Breixo Domínguez Cambre, 8 anos, do CEIP Gándara-Sofán
- Roi Villar García, 8 anos, do CEIP Bergantiños
A entrega dos premios realizarase o día 18, ás 18.00 horas, nun acto público que terá lugar no Pazo da Cultura.
O xurado, que se reuniu o xoves 2 de decembro no Pazo da Cultura, estivo integrado por María Vila Rodríguez, en representación do Coro Aires de Bergantiños; María Barca Pensado, fotógrafa; Juan Gende Díaz, deseñador gráfico; José Antonio Rodríguez Lista, da Asociación Cultural Telón e Aparte; José Manuel Menéndez Varela, da Asociación Ambiental Senda Nova; Marcos Trigo Facal, concelleiro de Cultura, e María José Martínez Veira, monitora cultural.
Nesta edición presentáronse ao concurso un total de 1.185 debuxos realizados polo alumnado dos centros Canosa-Rus, Bergantiños, Fogar, Xesús San Luís Romero, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, A Cristina e CRA Ponte da Pedra.