Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Presentámosche o cartel máis carballés do Rockin, que regresará o 1 de xullo para despedir as festas de San Xoán

Xoves 20 de abril do 2023

Despois das lembranzas a Jimi Hendrix, Jim Morrison, Aretha Franklin e Janis Joplin nos carteis dos últimos anos, neste 2023 o Rockin quere render homenaxe a Carballo cun cartel que, ao igual que o noso skyline, recolle algúns dos símbolos arquitectónicos da capital do concello. Presentámosche a nova imaxe do festival de música alternativa organizado pola Concellaría de Mocidade arredor das festas de San Xoán.

Moi pronto comezaremos coas confirmacións dos grupos, así que non perdades detalle. Pero o que si podemos adiantarvos é que o festival pagará moito a pena, así que ide reservando a data do 1 de xullo para gozar da música da mañá á noite, e aproveitade a fin de semana de despedida do San Xoán para gozar do Rockin o sábado e da Festa do Bosque o domingo.

A concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, felicitou ao deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende, “porque unha vez máis volveu atinar co cartel, convertendo a ponte da guitarra no skyline de Carballo”.

Compartir: