Deporte

Deporte

Oficinas Carballo Deporte
Rúa Vila de Corcubión, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 702 109 Ext 1
carballodeporte@carballo.gal

A fase comarcal de campo a través reuniu este venres no noso concello a un milleiro de nenos e nenas

Venres 26 de xaneiro do 2024

O Concello de Carballo organizou un curso máis, en colaboración co Servizo Provincial de Deportes da Coruña da Xunta de Galicia, a fase comarcal de campo a través, que se desenvolveu este venres 26 de xaneiro no polígono de Bértoa.

Na proba participaron un milleiro de nenas e nenos de once centros de educación primaria: seis do concello de Carballo (A Cristina, Artai, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo), dous de Coristanco (Alcalde Xosé Pichel e Bormoio-Agualada), dous da Laracha (Caión e Otero Pedrayo) e un de Malpica (Milladoiro).

Ao longo da soleada mañá celebráronsee oito probas doutras tantas categorías, nun circuíto similar ao da edición correspondente ao curso 2022/23.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, entregaron os premios aos gañadores e gañadoras. Parabéns!

Compartir: