Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de axudas de estudos para alumnado...

Convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo

Ata o 2 de outubro estará aberto o prazo para presentar as solicitudes das axudas de estudos convocadas polo Concello de Carballo para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do Consevatorio Profesional de Música de Carballo no curso 2017-18.

Destinatarios/as:

  • Nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil: 310 axudas de 150 € cada unha, que en total ascenden á cantidade de 46.500 €.
  • Alumnado do Conservatorio Profesinal de Música de Carballo: 6.000 euros para distribuir entre os/as solicitantes. O importe individual da axuda ascenderá ao 50% do custe da súa matrícula dunha soa especialidade para o curso completo, non tendo en conta as materias soltas ou pendentes.

Solicitudes

As solicitudes para concorrer a esta convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recoller o impreso e recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 10.30h a 13.30 h. Estes impresos, así como as bases da convocatoria, poden descargarse desde esta mesma nova e tamén estarán dispoñibles nos centros educativos de Carballo nos próximos días.

O prazo de admisión de solicitudes rematará o vindeiro 2 de outubro.

Descargas

Compartir: