Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Valoración de méritos dos/as...

Valoración de méritos dos/as aspirantes aos postos de socorristas e técnicos/as en primeiros auxilios para as praias

No documento adxunto pode consultarse a acta do tribunal sobre a valoración de méritos dos/as candidatos/as que participan no proceso selectivo para a contratación, en réxime laboral temporal, de 10 socorristas e 5 técnicos/as en primeiros auxilios para a unidade de salvamento e socorrismo acuático do Concello de Carballo.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: