Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Puntuacións, proposta de...

Puntuacións, proposta de contratación e proposta de listaxe de substitucións de profesor de frauta do CMUS Profesional

O tribunal nomeado para o proceso selectivo dun/ha profesor de frauta para o Conservatorio Profesional de Música de Carballo vén de facer públicas as puntuacións obtidas polos/as aspirantes, a proposta de contratación e a proposta de listaxe de substitucións, que poden consultarse no documento adxunto.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: